31 de marzo de 2009

Somos o que vemos?

Levántome todolos días sendo un máis da especie dominante sobre a terra, planeta inmenso e explorado, concibo unha paisaxe a menudo creada da man do home baixo un clima indominable, somos esto realmente?? somos todo o que hai e non hai máis??

E si realmente fosemos menos incluso??

Xa sei que esta teoría a expuxen algunha vez; para os que a coñezan, pido paciencia, para os que a descoñezcan insisto en reflexionar.
Imaxinemos que existe un ser superior a nos, non estou a falar de Dios nin de ningún outro superheroe, poñamoslle para ter unha imaxe visual, un Shrek por exemplo.
Este Shrek ten unha afección, ten un Planeta Terra (como si fose unha pecera, un terraneo..) onde de serie tan só viña un pequeno poboado, non eran nin Adam nin Eva nin seu pai, eran uns "humanoides" indefensos e desprovistos de calquer axuda. Entón él comenzou a observalos e veu como ian evolucionando, e como se de coleccionables se tratasen, foille suministrando materiais, e asi vai observando como estes tallan o seu mundo, ve como crean e destruen, fan e desfán, montan e desmontan, como nacen e morren... pero en todo momento controla os elementos que para eles son exóxenos, o clima, a natureza...
Por exemplo pódese producir un terremoto, porque o torpe de Shrek lle dea un golpe ó "planeta", pode haber inundacións porque se pon a xogar cunha regadera, pode haber incendios porque lle sae dos...e el pasao ben vendo como as apañan os humanoides pra sair de tales follóns,quen non se divirteu algunha vez facendollas pasar putas as formingas??
E si o atentado das torres xemelas foi el quen manexou os avións como se de maquetas se tratase?, e si a bomba atómica foi un petardo que "accidentalmente" se lle escapou?
Estes humanoides están no seu mundo, sin saber si paralelo ao deles hai outro mundo similar, pois non poden abandonar o seu recipiente,e nunca o sabrán por moito q o intenten pois o gran Shrek ten moito coidado de non mezclar especies, é un gran detallista.

A menudo queda anonadado vendo o que tan pequeniñas cousas logran facer, o que eran días atrás e o que son hoxe, ata donde poderán chegar??. Ata donde poderemos chegar??

30 de marzo de 2009

Reloj no marques las horas


Hai poucas cousas tan sinxelas que dean tanto que falar como o cambio de horario, agora no caso do verán, o adianto dunha hora.

Esta volta hacia a dereita da agulla grande, xustificase (seica) polo aforro enerxético e aquí cabe discusión acerca de si realmente compensa e o que é máis, si realmente se debería afectar a toda a peninsula, pois nótese que a Galiza está practicamente noutro paralelo e deberia pois conservar a mesma hora que os veciños portugueses e canarios.

Logo de darlle unha pincelada a esta polémica, este adianto horario produce varios efectos. Por un lado parece bastante claro que o que aforras apagando a luz pola tardiña pois gastalo prendendoa pola mañan, a non ser que sexas funcionario e vaias para as 9, asi que o beneficio xa está ben claro para quen é.
Non me digades que non é jodido decidir cando adiantar o reloxo, uns fano antes de ir para a cama, e outros o se levantar (bueno tamén dou por válido ao se deitar no caso de trasnoche). Un grave problema é o tema dos móviles, uns actualizan a hora solos, polo tanto danse casos de que a xente adianta a hora antes de tempo e logo trala actualización pois van con 60 minutos de ventaxa, joder!! polo menos servira para adivinar a combinación do euromillón.
Pero sen dúbida o maior conflicto, e a problemática moral que afecta ós habitantes, non saben en que hora viven, e sempre teñen que engadir a coletilla "pola hora nova" ou "pola hora vella". Aquí é onde me templo, a hora é a que é, nin vella nin nova, claramente establecese que as 2:00 a.m. do domingo pasan a ser as 3:00 am, por favor nótese o verbo pasar a ser, ou transformar ou convertir...non existen as 2:01 a.m do domingo 29 de marzo, pois esa hora xa é as 3:01, é decir non é que o sábado tibera unha hora máis, é que o domingo ten unha menos, por unha vez gánaselle a batalla ó reloxo!!.

Deixense de darlles voltas e desfruten da victoria.

26 de marzo de 2009

A Automedicación

O temo auto indica reflexividade, entón analizando o palabro, chegaríamos a que consiste nunha práctica de medicación a un mismo. Pero se acudísemes a un diccionario indicaríanos que consiste nunha practica de medicación sin consello médico.

Aquí ábrese o abán de posibilidades, aquí entra a formar parte do xogo un persoeiro clave, a veciña que padece e/ou padeceu de todo, e polo tanto ten licencia para recetar o que crea convinte, dende dar unhas fregas con ortigas a unha toma de xarabe ou mesmamente antibióticos, que total cando vaias o médico xa lle pedirás a receta para darlle ó da farmacia...e por suposto, jamás se che ocorra decirlle que non che foi ben, mano de santo eh!!.

Eu quero facer notar que existe un erro na consideración da automedicación como elemento nocivo, porque todos sabemos, por consenso ou non, que é perxudicial, pero todos abusamos desta práctica. Pois ben rompamos co mito, a automedicación non é o problema.

O problema reside na autodiagnosticación, cando un sofre un problema de saude, analiza os síntomas, busca e compara información con casos anteriores, con familiares, ca veciña receteira...mesmo en foros de interné -nunca está demáis sinalar que interné é un milagro de dios, non hai cousa que non acerte- e forma o seu autodiagnóstico co que acude habitualmente a alacena ou ó chinero onde garda os "seta seta" e senon á farmacia, pero sempre coa enfermidade ben definida. Polo tanto o problema iniciase na autodiagnosticación.

Que facemos coa automedicación? eu este termo reservariao para cando non lle fas nin puto caso ó médico, supoñamos que un luns (porque somos moito de enfermar ao comezo de semana) diche il doctore "tome una pastilla cada 8 horas durante 10 días" , e ti eres consecuente, e tomalas, incluso te atreves a por unha alarma no movil para non te esquencer, e a cousa funciona meu, e chega o xoves pola tarde, e hai que ver o ben que estás, e pensas, mañán xa é venres, e a sede apreta entón analizas pros e contras e adoptas unha decisión "como mucho le tomo la de la mañana, que después a la noche le voy tomar unos changueiros y con las pastis no piso chan ni hasta el domingo"
O outro exemplo máis claro é a terceira idade, tamén coñecidos onde eu vivo por avós, ó cal o médico lle di, "tome 10ml deste espectorador cada 8 horas", e di o avó, "ha pensar o estudioso este que vou andar ca cucharilla a medir daqui pra alá, o que oh!!, mangolle un chopo con cada comida e arreando!" e esto amigos, esto é a temida automedicación.

E é que a xente entende moitísimo de medicina, e sobre todo hai unha cousa que a min me intriga e no fondo me jode non saber: o tema da tensión. Porque aquí todo dios sabe, non digo medila, pois eso agora é moi doado, meter o brazo naquela muñequera,infla, apreta, afloxa e pita, e resultado ao canto, pois "tiña 10-7, 11-9 ..." pero o chanzo da cuestión ven agora; a interpretación.
No meu papel de observador collinlle o truco, para quedar ben, o único que tes que facer é unha combinación de dous elementos tomados de dous en dous sen repetición, coas palabras "alta" e "baixa". Así ti non tes nin puta idea pero soltaslle un "tiña a alta baixa e a baixa alta", ou calquera das outras tres combinacións" e arreando, eres o puto amo da tensión.

Quen dixo medo habendo hospitais??

25 de marzo de 2009

Triunfan bastos

O final tan só 282 aspirantes se presentaron os castings de operación triunfo celebrados onte en Santiago para toda a comunidade, a verdade que parece unha cifra ridícula de aspirantes, igual los niños ya no quieren ser cantantes, igual prefieren ser supervivientes o gran hermanos, pois o fin e o cabo éche a misma parrochada.A verdade e que penso que lle faltaron collóns a por o casting un venres, que de xente podía haber!!, eu sei dalgún que de seguro se presentaba logo dunha boa noite de albariños e saphires.

Pero o caso é que coido que os realities están morrendo, o factor fundamental destes shows é a sorpresa, e creo que cando repites unha cousa 10 veces este factor pérdese, e queda encasillado nun único rol.

Así os gran hermanos, supervivientes, triunfitos, os famas a bailar...están jodidos, non dudo que teñan audiencia, porque se a xente lle gusta un formato de programación, pois vai a seguir vendoo, pero os perxudicados son os gañadores de estes programas, nin van a eurovisión nin os quere Ana Rosa, están a vender o seu anonimato por nada, fixese un no caso do gran Israel,si home si que sabes, este guai de Ourense que logo de por de moda eses collares de bolas chinas o seu máximo logro foi chegar a tar arrecheghado co Piñeiro, profesionalmente que eu sepa,terán que ver algo eses collares de bolas similares a las "bolas asiáticas?"

Bem,pois xa que un está disposto a perder o anonimato pois polo menos gañar algo o instante, e non non me refiro a un polvo ou unha "relación" que creo que é este o argumento ese do programa dos putos e putas de espanha, creo que se chama hombres y mujeres, onde van os máis guais e chulos de mierda e as máis chachis y "ni se mira ni se toca", supuestamente a encontrar una relación, joder, pero non se dan conta que as ratas de laboratorio as que lle implantan duas pirolas teñen máis intelixencia e son máis conscientes do que fan?? Vos ó voso, producto nasional!!

Pois eso, disculpen que me levou a ira pola senda da expresión, ó que iamos, os que si lle votan huevos e huevas, son os que van ó programa de "el juego de tu vida". Este si que é un realitie, e é que aqui pódese saber de todo, dende o que lle pegha a bebida ata o que quere matar a sogra, dende o que lle rouba o viño ó cura ata o que lle da polo cu a cabra...así infinidade de preguntas do formato " é verdade que...?" co que a resposta está clara, ou é ou non é, polo que tas jodido meu...Sinceramente é un programa que me gusta, intrigame saber como chegan a saber esas cousas, pode que no casting che fagan infinidade de preguntas indirectas, pode que con artimañas psicolóxicas, imnóticas ou mesmo drogadictorias, pode que localicen á radiocotilla do pueblo...non sei nin o estimo, o caso é que as preguntas templan a calquera

Imaxinemos unha pregunta moi galega:

¿é verdade que lle correches o marco un metro e agora tes unha finca ben xeitosa?

realmente se a resposta fora aberta claramente diriaslle: ¿e a ti que carallo che importa?, pero claro esto non é posible, entón ou si ou non, e cando vas contestar xusto observas que antre o público está Marcelino da Tramonteira, e xa tas jodido, si non contestas, é que é verdade e se dis que NON pois tamén sabe que mintes, así que o mellor é que digas que SI e que o correches realmente metro e medio que multiplicado polo largo da finca lle jodeches a lo menos a lo menos ferrado e medio a Marcelino.
E ti botaslle peito e pa'diante sabes que o chegar a casa vai tar Marcelino co machado ben afiado á porta coa intención de "fenderte la testa en sienmil pedasos", pero como parvo non eres, que tes un EXB e "Lino" era moito de facer o ghato e non ir a escola e ademáis ganaches 100.000 euros no xogo, daslle 20.000, en carto suelto para que abulte, a Marcelino polo machado, e todos tan amigos...

Resultado final: Marcelino e tí uña e carne, 80.000 euros na conta unha leira implementada en ferrado e medio e o que é máis importante un machado recién afiado por si a Marcelino lle entra a tentasión.

24 de marzo de 2009

Entre rotondas e demáis familia

Nunca vos preguntastes como se arreglarían anos atrás sin o gran invento das rotondas ou habitualmente tamén coñecidas como redondas??

Realmente creo que habría que facer un censo co número de rotondas existentes, e se me deixades ir un pouco máis ala, e claro que me deixades pois o blog é meu, pois porque non bautizalas coma as rúas, así podriamos ter "Rotonda Tacho Repanocho", "Rotonda Jesús Gil"...así multiples opcións, pero sempre sempre con razóns de peso.

O que non está moi claro é a súa utilidade, en lugares si se ve claro que fai falla un "algo" que permita o cambio na dirección da marcha, pois facer un paso a nivel é moito máis costoso, pero realmente creedes que na N-550 Santiago - Padrón facían falla tanta cantidades delas?? e máis nin sequera coinciden coas ubicacións das barracas, consecuentemente no lo entiendo.

Sempre hai quen lle saca rendemento a tales monumentos, por exemplo, consiste nunha porción de terra sin propiedade recoñecida e que habitualmente suele ser de terra fertil, non pensaríades que se darían ben os grelos?? pois si, xa hubo quen o pensou e os plantou, so que a tráfico non lle gustaba moito o uso de lighoñas y demas aperos en la rotonda, e os pobres da de Raña tiberon q recolectar antes de tempo.
Tamén hai quen o toma coma trampolín, e así en ocasiones vemos ese color tan negruzco que deja el aceite vertido por el cárter de los intrépidos saltarines...

O que si que está claro é que: rotonda = lei de la jungla, hai ben pouca xente que entenda o funcionamento das mesmas da igual que teñan un dous tres carriles... e como esto non é unha clase de educación vial pois tampouco volo vou explicar, o que si vos pediría por dios é que jamás, pero que jamás poñades o intermitente antes de entrar, porque teño ollado casos de xente enganchada o uso do intermitente, dicha luz parpadeante baila al compás del volante, estos individuos poñen a luz amarela a dereita cando entran na rotonda (pois o volante xira hacia ese mesmo lado), acto seguido viran todo a babor coa consiguiente cambio luminoso e logo cando van a abandonar ese imenso mundo para eles que nos coñecemos por rotonda, pois de novo se emocionan cas lucecitas, parece eso un tiovivo!!

Ainda lembro con frescura o día que empuxei a unha na rotonda, e é que eu estaba detrás dun coche, e mirando hacia a miña esquerda vin que xa facía anos que non viñan coches e arranquei, cando foi a miña sorpresa que estaba ali ainda a señorita e pamba!! y la muy remolona se baja del coche toda hecha una furia, so lle mirei a cara e ela soliña se deu conta que o mellor era ir arrancando, minipunto y punto!

O único que se me ocorre é que lástima de non haber sido eu o inventor, haber patentado esas circunferencias de adobes con circulo de recheo, agora mismo estaríame descojonando de Curro (e do curro) no Caribe.

23 de marzo de 2009

Juventú juventú, tende coidado cos paos da lus!!

Leña nova, xente verde...todo é fume, ou algo así era. O caso é que non fai máis que morrer xente nova en accidente de tráfico, este finde sin ir máis lexos catro lugueses dunha atacada, seica despois de voar por un valo foron a probar a resistencia dun carballo, e home, de sabido é que os bmw de 150 cabalos son templados, pero o carballo tiña o seu sitio ahi posicionado y no cedió, no hai quien lo tumbe.

É jodido pensar nas familias que quedan tocadas de por vida, pero a menudo estes casos ocorrenlles a hijos de papa, a los que le compran las maquinarias e demáis xoguetes, para que recoñezan a valia familiar e lume que non doen. Dios dalle pan a quen non ten dentes e a quen os ten quitallos!!

Eu sei que cando eres novo (porque ainda o son, e me queda de selo) a suela do zapato pesa, e o pedal a chapa chega pronto, máis ainda cando temos prisa, pero non se pode xogar co valor individual das persoas, non se pode xogar coa vida de naide, e hai que pensar un pouco nos que van contigo e nos que van canda ti. E si en ves de haber un carballo de por medio houbera unha DKV que ia co reparto do pan?? ou unha familia que se dirixía tranquilamente a unha xornada de pesca?? Enton xa sería moitas máis familias as rebentadas.

E o problema non acaba nese día, non se acaba co velatorio e pa terra, non, o problema indirectamente repercute na xeración que ainda queda aqui. A menudo nos estraña o prezo desorbitado que teñen os seguros para a xente menor de 30 anos, a menudo oimos que os lagartos andan polas pistas facendo control de alcoholemia, ou con coches fotográficos camuflados.

Sin ir máis lexos moito me extrañou onte vendo as 23.35 un megane negro na entrada da galuresa, que digo eu que todo dios sabe que pecha as 23.00 e non volta abrir dica as 7...precavido de min minorei, a verdade é que me quedaron ganas de petarlle na ventanilla e decirlle "señor agente, hasta las 7:00 a.m no le vuelven abrir!!"

Razonemos un pouco ostia!!

18 de marzo de 2009

Vivir en tempos de Petoutas e Marías Castañas

Dende o 1978 defínese o estado espanhol na súa constitución como aconfesional, concretamente o artigo 16.3 indica;

"Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones"

é decir non se recoñece unha relixión oficial ainda que si se recoñece o dereito de cooperación e firma de tratados, e en especial coa relixión Católica.

Sei que moitos coma min , desexarían un estado laico, onde o goberno se desvincule totalmente de ideas relixiosas, pero a situación que estamos a vivir é de confesional total, estamos a vivir nos tempos das Marías Castañas.

Non nos damos conta que a relixión católica está nun declive criminal?? Eu si.

Por un lado existe unha división entre católicos practicantes e católicos creentes, polo tanto unha alta porcentaxe dos católicos so creen na existencia de algo e coido que seran máis númerosos que os practicantes. Por outro lado a continua inmigración está a abrir o abán de outras culturas relixiosas, o que sumado ó anterior fai que minore ainda máis a porcentaxe de católicos practicantes...

Pois ben queridos amigos, esta mínima porcentaxe marca o ritmo evolutivo da lexislación estatal.

Como se pode concebir que un pais coma Espanha, non recoñeza ainda o dereito do aborto??. Son multitudes de casos nos que un nacemento non sexa o máis desexado, no caso dunha violación, no caso de malformidades no feto, no caso de dificultades económicas, no caso dun "te pillo aqui te mato"...Os únicos que protestan son os curas e o curioso é que din que é un asasinato e non sei que centos e centos de parvadas, pero o que non din é, vamos donar parte das arcas da igrexa para esos casos, vamos doar os terreos para uns fogares de acollida, non oh!! o único que saben é pasar o cepillo e barrer pa casa...pa casa de Cristo? ,non, para a deles. E o que é mellor atrévense a facer campañas en contra, véxase o caso recente da comparativa coa defensa do Lince que terá que ver o touciño coa velocidade ( para os que non o sepan, tan so quedan unha ducia de femias desta especie). A min o que me da que pensar é que os curas teñen medo ter que andar cepillando nas monxas para procrear, co ben que eles están co seu "rol" porque o que non segue o rol, é porque lle vai máis o rollo "practicante" que creente, senon que llo pregunten as feligresas.

Como se pode concebir que non estexa recoñecido o dereito a morte digna?? non oh!! é moito mellor ver xente probando a resistencia da combinación viga-adibal, é moito mellor ver como xente se intoxica día tras día...

Pero que se vai esperar dunha organización lucrativa que ten un director xeral,o Mazinguer Z ese, que se atreve a decir en África, que o condón agrava o problema do sida, palabras textuais " el sida es una tragedia que no puede resolverse solo con dinero, que no puede resolverse con distribuciones de condones, que incluso agrava los problemas", somos tontos ou?? como un persoeiro que se considera por consenso intelixente se pode animar a decir trememda burrada?? Creo que ante unha enfermidade que de momento non ten cura (esperemos que por pouco tempo, que en vez de envestigar esto é mellor mandar cohetes a Marte), o mellor que se pode facer é procurar limitar a súa extensión. Realmente un queda perplexo.

Gustaríame pedir desculpas a todolos católicos practicantes pero logo desta gran actuación, entiendanme que los mande a tomar...aireeeeeeeeee!!

17 de marzo de 2009

A agonía

Na vida hai infinidade de cousas malas, e cousas peores, pero o quid de toda cuestión está na agonía, a cal se define coma un forte sufrimento sexa físico ou moral.

Ademáis demostrase que a agononía é proporcional as variables tempo e velocidade. Canto máis lenta é longa sexa, maior é o sufrimento. Pero ten un umbral máximo, se hachasemos o límite cando tende a infinito, o corpo iría acostumandose a agonía,e tendería a desaparecer,ainda que non por completo, graficamente seria unha asintota horizontal no cero. Por outro lado tamén se demostra que sin conciencia dela, é decir si hachasemos o límite cando tende a menos infinito esta tamén tendería a cero. Podería representarse graficamente coma unha campana??

Por exemplo, no caso de ter cagarría, e levar un bo apretón, o sufrimento non é pola dor de estómago, senón porque non che da chegado a hora de poñer o cu na taza do water e desfacerte vivo, cano máis lonxe estexa, e por exemplo no caso de estar ocupado canto máis se tarde en abrir a porta, pois a agonía fai que a enfermidade se agrave.

Por outro lado,se consideramos a vida coma unha longa agonía hacía a morte, cando non hai ningunha variable exóxena, o corpo acostumase e non se percibe, pola contra coa existencia dalgunha variable como por exemplo unha enfermidade, a agonía fai acto de presencia e mesmo pode verse uniformemente acelerada.

Pode chegar a agonía a matar?? Imaxinemos que nos tiramos en paracaidas e non se abre, non produciría a agonia unha desastibilización interna que nos fulmine antes de chegar o chan?? Ou no caso de afogar, morrese antes de que os pulmóns se encharquen??

Por eso mesmo, en calquera situación que se plantexe, agobio, estress, fatiga...a agonía é a clave, si un pode controlar esta variable, o problema minorase en grandes proporcións mesmo podendo chegar a solucionarse de por si so.

Reflexionade acerca do asunto, pero nada de agonias por dios!!

13 de marzo de 2009

En ocasións vexo mortos

E sobretodo sobretodo nos velatorios.

Que cultura máis extrana, dende a miña ingnorancia quero recoñecer que tan solo acudin a velatorios cristiáns, descoñezo totalmente a despedida os difuntos ateos ou creentes doutra relixión.

Sempre me chamou a atención a típica escena das peliculas americanas, na que tras o enterro se reune de novo a xente na casa do difunto e lle saquean a nevera, que non sei eu porque aquí non se fai, bueno, igual gran parte de culpa a teñen as funerarias, porque por levar ó pasaxeiro máis tranquilo do mundo a unha parada sen retorno pois o que se di barato barato non é...

É curioso o feito da eterna dúbida, velar na casa ou no tanatorio, sempre hai alguén sexa verdade ou non que di "sempre quixo que se velara na casa", e realmente importa moito esto?? que pasa se non se cumple?? non haberá mellor que valorar o benestar dos que ainda quedan, non será mellor sopesar costes e beneficios e ver o que realmente compensa ??

En calquera destes eventos un pode verse desgraciadamente dun ou outro bando, sempre supoñendo que o papel do actor principal queda reservado para outro, pois ben, polo bando dos sufridores, os que sofren a perda dese familiar ou acheghado, é jodido aguantar a presión, recibir pésames de xente que nin sequera coñeces, e non é eso o peor, porque a outra moita xente que non coñeces sempre ten algún comentario inoportuno que faceres, que mellor lles ia tar caghando.
Polo bando dos sufridos, os dadores de pésames, é unha situación desagradable, pero que non sei porque extraña razón, está ben visto que vaias alí contravontade, a menudo tan so coñecendo un integrante desa familia que padese, e claro e se o resto te coñece por ser o fillo de Lola a Necha ou virjen santísma, e non lles das o pésame pois xa quedas coma o carallo. Eu penso, que nestas situacións, o máis jodido é sen dúbida establecer o límite nos comentarios, ata que nota de humor podes chegar??, dende logo complexo, sempre hai que andar con ollo con comentarios do estilo "sempre foi unha persona moi fria"..."mira que era caladiño"..."sempre andaba teso coma un jarabullo"...e moitas outras cousas...
O que si é curioso, é que estando de sufrido sempre sempre vai haber alguen que che ven aplicar un "acompañote nos sentimentos, que eras neto do difunto??" e ti medio jripado, medio aturdido aplicaslle un "non eu non lle son nada, élle este rapas que está aqui ao meu lado"...pero eles nin se che inmutan , véselle que teñen tablas, que teñen velatorios e velatorios ao lombo...

Curioso ten que ser o papel principal, supoñamos en adiante que se desarrolla a acción nun tanatorio -bueno de acción máis ben pouca-, vistente co traxe da boda daquela sobriña e que nunca che gustou, que sempre foches mais de vaqueros e ali te meten nunha caixa estreitiña para pasar dous días, cona non sería mellor un sofá, unha mecedora, un latex de lo mónaco??, no sé lo estimo. Non conformes, metente nunha urna de cristal, mellor que urna vamoslle chamar invernadero, porque ainda porriba insan aquelo de flores, que mira que ben pouco che justaban, se acaso as das tarta de cumpleanos, pero as naturais...e o rollo é que lo fechan bien, non vaia a ser o carallo, que digo eu están insonorizadas?? e si tes que comentar algo antes de irte, porque ves a xente que ven, e lembraste que a Chinfloi lle deixaches a motoserra e non a volveches ver, ves a veciña radiocotilla que che dan ganas de poñerlle os puntos sobre as is...pero supoño que mellor non dis nada para non armala...

Non sería ben que cada un escribise as suas vontades o respeto??, por exemplo, gustariame que me levasen para un tanatorio, o de luou está ben, porque non está moi lexos o motel, e nunca se sabe o que pode surxir, que me vistan coa miña camisola preferida e uns wachiflichis, logo nada de ir nun coche destes negros, que me leven nunha boa makinaria, xa que vou botar ali un par de días pois que me leven a psp, que sei que xogar diante da xente está mal visto, pero pola noite unhas partidiñas non veñen mal, tamén sería de agradecer a presencia dunhas sufridoras cun bo par de razóns para darlle que falar as cotillas máis ós homes das cotillas...E unha vez depositado no criadero de vermes,pois veña unha comdida típica galega, pulpo,churrasco, melocotón e tarta xeada, bo barrantes e licor café, e como non o Antigo Reino que non falte!!

11 de marzo de 2009

A alguén se lle fixo o mundo estreito

Cando as cousas non van todo o ben que quixeras, pois tranquilo que non han mellorar, fixo fixo que empeoran.

Onte sin ir máis lexos, despois dunha nova desapetecible xornada laboral, a cousa non acabaría ahi, nada máis chegar a casa dinme conta que un individuo (nótese que non entro en valoracións de xénero) decoroume a aleta esquerda dianteira do 207 ó seu gusto, e ainda porriba non deixou nin nome nin número de teléfono, cánto fillo de puta hai polo mundo adiante!!

Comencei eu a facer cábalas, se fose no parking as cámaras de seguridade haberían de revelarme a identidade, pero dinme conta de que a posición na que estacionei non facía factibel o encontronazo.

O seguinte sitio ó que acudin foi a peluquería de Javier, en Cacheiras, e alí lembrome que o coche que tiña aparcado cando me apeei do 207 era o mesmo que estaba cando volvín montar, polo tanto decartado.

E descartando chego a última posibilidade, en Vidán. Ali tiña o coche estacionado previo a entrada dunha rua peatonal, o que estacionou post vado, arrimou para non ter que faceres maniobras, co que co seu lateral dereito, barreu a aleta do meu, consecuentemente, buscase un coche, coido q de cor blanca ou negra (polos restos da miña aleta, pode ser plastico ou pintura) cun golpe no lado dereito, que cun pouco de sorte terá pintura vermella.

O procedemento é o seguinte, hoxe, antes de lavalo meu e ver a magnitude da desgraza, sacarei unhas fotos, si atopo o mencionado vehiculo tamén lle sacarei unhas fotos, e logo de chamarlle fillo de puta, logo de respirar, e volverlle chamar fillo de puta, respirar un pouquiño máis fondo, tentar arranxar cun parte amistoso, e senón valorarei as posibilidades de denuncia.

Solicito a vosa colaboura!!

10 de marzo de 2009

Las vueltas que da la vida

Hai que ver o voto emigrante os problemas que pode dar, co que a vós vos gurstaba e resulta que agora os socialistas teñenche un escano máis e as gaivotas un menos, conecuentemente a maioría é menos do que aparentaba.

Por outra banda, un integrante das listas disque quere unha concellaría pra el soiño, nada máis e nada menos que a de economía, consecuentemente tan só quedan outras 9 pra repartir (baseandonos no suposto de cumplir os propósitos) "pouco pan pa tanta cadela" por outra banda, outro integrante das listas seica tamén é deputado...oi oi oi, que a bandada das gaivotas estase a desperdigar.

Agora so falta que un par deles collan cagarría o día da envestidura, dios non o queira...dios non o queira que lle pase así a correr, jaja!!.

Tampouco te apresures moito a ir buscar o C6, non vaia a ser que o teñas que revender de kilómetro cero, que xa sabes que os pagan moi mal.

Hai que ver que rápido perde a forsa unha ghaseosa!!

9 de marzo de 2009

Hai necesidade??

Onte acudin a aventura co fin de cumplir un dos propósitos desa lista imaxinaria que un se fai, onte realicei un descenso en balsa inchable polo río Ulla. Máis modernamente chamado rafting e máis coloquialmente chamado raftin.

A cousa empezou tarde cortesía da capitana, pero agarremonos ó refrán máis vale tarde que nunca, e deixemos correr a despuntualidade. Pois ó que iamos, eran as 11, e ali estabamos na Casa de Dios, si si, asi se chamaba o lugar de quedada, un bar na recta de erbón, que uns pican e outros non, e nos picamos e montamos na furgalla dirección a nave para a recollida dos apeiros.

Recoñezo a calidade do material, doble traxe de neopreno nuevecito con escarpíns a xogo, marvelous marvelous, pois un dos grandes temores a pesar de que lorenzo tamén se apuntou, era pasar un frio "templado", que pensa un, namáis meterme no río vanseme por os pezóns como duas lanzas e hai vai o neopreno o carallo!!. O uniforme rematabase co seu correspondente casco e chaleco salvavidas.

Logo de trasladarnos na furgalla dica o punto de partida,(ponte de Barcala) e logo de recibir unhas pequenas instruccións de seguridade, carrexamos a lancha polo curvado carreiro dica a masa de auga doce, eso si que é deporte de risco, porque mira que habia fochancos e mira que pesa a puta balsa.

Unha vez montado na embarcación pouco tardei en resistirme a "caer" na auga, que infortunio!! pero é que ainda que non o creades, neses traxes facía unha calor pa asar polos, e ademáis son moi rixidos, pero unha vez mollados van como la seda.

O máis importante é a distribucción na barca, os monitores falan que si distribuir o peso que si a forza..., pero o importante é botar contas, ostia somos 7, dixen eu, 3 a estribor, 3 a babor e eu de polizón, meu dito meu feito, que pensades que cabrón non, pero un lle ten que ir botando aquel de "reeeeeemen, reeeemen!!".

En si a aventura é tranquila, o río a pesares de levar moita auga, pois é propicio para a iniciación, tan só conta cuns 4 rápidos, que son os que lle meten chicha ó asunto. Ainda non lle vexo moito chiste o dos abordaxes dunhas balsas a outras, joder que se queres facer esas parvadas colles a colchoneta ou unha "pepina" e vas coller olas o estilo remuiño ó vilar (alghún xa sabe do que falo).

Avanzado medio río fixemos unha parada técnica para xogar o tobogán cunha balsa, ainda lle molaba, seica se había que tirar para adiante, pero aburriame e entón no segundo turno apliqueille un pincha carneiro, agora si oh!!

O que máis lle mola é facer o descenso polo río sen balsa, sentir a corrente no corpo, sentir como vas a deriba no teu barquito individualizado, ou máis ainda facerlle un trenecillo.

Xa rematando un semiencoro, ofrecenos un salto e mostranos perante nos a nota adrenalinica da xornada. Unha ponte de entre 7-8 metros de alto, da que aseguran os monitores se pode saltar sen perigo.

Sacada a balsa do río, deixamos os chaleques e cascos na mesma, e van os valientes e os parvos tamén imos, a saltar. Non sei que é máis risco, si o salto en si ou pasar para o outro lado da barandilla. Enganchado a barandilla botaslle un par de contas atrás, e alo vas, canto tarda en vir a agua!! son os 7 metros máis longos da miña vida. Pero non me da tempo a pensar o que fixen, pois as queixas de dor na espalda de Raqueliña fan que non pense máis que en acercala a beira, sin que faga o mínimo esforzo. E aqui quero dar as grazas os vixiantes da praia, que nos amosaron moitas técnicas, e sobre todo a Pam que era a que máis enseñaba!!

O final queda na nota lesionistica da xornada, unha contratura lumbar e umha gran lección..."nin por todo o albariño das viñas de cambados me ghindo eu en puenting"

5 de marzo de 2009

As noticias veñen co vento

Os medios de comunicación queda constatado que non son máis que marionetas, o último caso recente o da voz de galicia, que por certo non considero que fixese campaña a favor do PP senon que tan so estrictamente en contra do BNG. Pero este non era o tema no que me queria centrar.

O tema o que me refiro é que uns medios seguen a outros e estes outros seguen a uns e todos falan do mismo, asi observase na actualidade que a espanha está metido nun gran problema de garderías ilegais, e esto é así porque un medio sacou a noticia, pero o outro non vai ser menos e saca outra noticia da misma temática.

De boas a primeiras podemos decir, joder que catastrófico!!, pero non nos damos conta de que mentres hai garderías ilegais:

1- non hai violencia de xénero
2- os cans xa non morden, xa non comen nenos
3- non hai manifestacións violentas
4- os etarras non deben ser tan malas persoas
5- non hai conductores borrachismos polos test de alcoholemia
6- xa da igual si aparecen os corpos dos asesinatos
7- non hai descargas de droga
8- as industrias non fan vertidos ilegais
9- os pilotos de avión non andan borrachos
10- os xoguetes que veñen de china non son tóxicos
...

Creo que calquera de nos podría prolongar unha lista sin fin de noticias "de moda". o que si sería a ostia seria unha noticia que se relatase tal que así;

" Un piloto de una reconocida compañia de aviación tras dar positivo en el control de alcoholemia, se dirigía con su hijo y su pitbull a una guardería de dudosa legalidad la cual constaba con númerosos juguetes importados de Asia. Su propietaria con evidentes signos de violencia resultó ser la esposa de un conocido industrial de la zona enemigo de greenpease y colaborador de la banda armada. Ambos poseian una importante red de narcotráfico con varios cargos por "ajustes de cuentas"..."

Con esto calquer xornal estaría na cresta da ola!!

2 de marzo de 2009

A propósito de elexir

"oiste, enhorabuena que ganasteis!!"

Esta foi a frase que escoitei esta mañan cando me dirixia o banco, e cabe pensar coño pois a señora era do Atlético de Madrid, pero vendo su fotografía, un dase conta que su melenita y su bolsito no reflejan aguilas senon que unas gaviotitas azulitas.

É tarde entrar en valoracións, do que se fixo ou se deixou de facer, do que se debería haber feito ou non se debería haber feito, a realidade xa está presente, Galiza deu un paso atrás, e Galiciña un pasiño pa'lante. A coiuntura económica arrimada cunha campaña que de fair play tiña o xusto pois deron os seus resultados, a xente levaba tempo a fogo lento e os dereitistas o único que fixeron foi botar máis leña, e ben se sabe que eso prende, e o temido resultado está aqui. O señor das gaseosas será o xefe do parlamento 4 aniños (como mínimo), e non hai volta atrás.

E agora que??

O primeiro xa caeu, o "lider" socialista renuncia a ser máis portada de carteis, vaise para ser un militante de apé, irase para o vaticano tamén??

O que máis me enche de satisfacción é que por fin vou ver terminado ese gran proxecto, a cidade da cultura, ese gran poxecto iniciado polos futuros gobernantes, que ilusión!!

Tamén estou contento por saber que pronto voltarei ter que ver na televisión, a resucitación do Supermartes e a prorrogación do Luar non han tardar en chegar, que vos parece dica o 2078?? Que alegría saber que poderemos desfrutar de novo con eses apasionantes Rápido de Bouzas-Montañeros, que partidazos!! Ademáis habrá que voltar a trocar o logo da tv, de telejaitas a telejaviotas de novo!

Que felicidade saber que os montes non arderán este ano, si se entregaba desa maneira cando non era presi, como se desvivirá agora!! Que ledicia poder celebrar de novo churrascadas no monte!!

Andemos con ollo porque cando todo está mal, sempre pode empeorar, e as xerais estan a volta da esquina.