26 de marzo de 2009

A Automedicación

O temo auto indica reflexividade, entón analizando o palabro, chegaríamos a que consiste nunha práctica de medicación a un mismo. Pero se acudísemes a un diccionario indicaríanos que consiste nunha practica de medicación sin consello médico.

Aquí ábrese o abán de posibilidades, aquí entra a formar parte do xogo un persoeiro clave, a veciña que padece e/ou padeceu de todo, e polo tanto ten licencia para recetar o que crea convinte, dende dar unhas fregas con ortigas a unha toma de xarabe ou mesmamente antibióticos, que total cando vaias o médico xa lle pedirás a receta para darlle ó da farmacia...e por suposto, jamás se che ocorra decirlle que non che foi ben, mano de santo eh!!.

Eu quero facer notar que existe un erro na consideración da automedicación como elemento nocivo, porque todos sabemos, por consenso ou non, que é perxudicial, pero todos abusamos desta práctica. Pois ben rompamos co mito, a automedicación non é o problema.

O problema reside na autodiagnosticación, cando un sofre un problema de saude, analiza os síntomas, busca e compara información con casos anteriores, con familiares, ca veciña receteira...mesmo en foros de interné -nunca está demáis sinalar que interné é un milagro de dios, non hai cousa que non acerte- e forma o seu autodiagnóstico co que acude habitualmente a alacena ou ó chinero onde garda os "seta seta" e senon á farmacia, pero sempre coa enfermidade ben definida. Polo tanto o problema iniciase na autodiagnosticación.

Que facemos coa automedicación? eu este termo reservariao para cando non lle fas nin puto caso ó médico, supoñamos que un luns (porque somos moito de enfermar ao comezo de semana) diche il doctore "tome una pastilla cada 8 horas durante 10 días" , e ti eres consecuente, e tomalas, incluso te atreves a por unha alarma no movil para non te esquencer, e a cousa funciona meu, e chega o xoves pola tarde, e hai que ver o ben que estás, e pensas, mañán xa é venres, e a sede apreta entón analizas pros e contras e adoptas unha decisión "como mucho le tomo la de la mañana, que después a la noche le voy tomar unos changueiros y con las pastis no piso chan ni hasta el domingo"
O outro exemplo máis claro é a terceira idade, tamén coñecidos onde eu vivo por avós, ó cal o médico lle di, "tome 10ml deste espectorador cada 8 horas", e di o avó, "ha pensar o estudioso este que vou andar ca cucharilla a medir daqui pra alá, o que oh!!, mangolle un chopo con cada comida e arreando!" e esto amigos, esto é a temida automedicación.

E é que a xente entende moitísimo de medicina, e sobre todo hai unha cousa que a min me intriga e no fondo me jode non saber: o tema da tensión. Porque aquí todo dios sabe, non digo medila, pois eso agora é moi doado, meter o brazo naquela muñequera,infla, apreta, afloxa e pita, e resultado ao canto, pois "tiña 10-7, 11-9 ..." pero o chanzo da cuestión ven agora; a interpretación.
No meu papel de observador collinlle o truco, para quedar ben, o único que tes que facer é unha combinación de dous elementos tomados de dous en dous sen repetición, coas palabras "alta" e "baixa". Así ti non tes nin puta idea pero soltaslle un "tiña a alta baixa e a baixa alta", ou calquera das outras tres combinacións" e arreando, eres o puto amo da tensión.

Quen dixo medo habendo hospitais??

4 comentarios:

  1. Tes toda a razón do mundo meu rei, creemos unha plataforma antidiagnosticacion, jje!! e engadiría que lle den o titulo honorifico a esa veciña, que con tanto rigor cientifico che fai unha valarocion comparativa con vivos e mortos!! e incluso a poria a dar clase na facultade, que seguro que lle da un repaso a algun profesor; de feito eu creo que esa misteriosa veciña sabelotodo, está detras desa rede de foros de internete..........jejeje

    polo demáis, joer!!non vaiades a calquer clase de centro sen profesionais sanitarios autorizados (en plan quiromasaxistas, coreanos, naturopatas...médicos por la universidade de michijan......) que pa algo estudiamos na facultade os fisios, médicos e enfermeiros!!!!deixo ahí a miña pequena reivindicacion, so espero que non remate en saco roto........

    ResponderEliminar
  2. Yo conozco a esa vecina marisabidilla que siempre tiene un remedio para todo y además la muy ... mira por internet todas las enfermedades que tienen sus vecinos... es una pesadilla de mujer!!!
    Y es la tía de mis primos!!
    Horrible...

    ResponderEliminar
  3. Eu non adoito practicar ningunha desas variantes nin me autodiagnostico nin me automedico, bueno si, fago o diagnóstico do ninmeimporta.
    Creo que a última gripe que collín debeu cadrar aló polo xacobeo 93 ano arriba ano abaixo, .en mi cuerpo no hai sitio para la química.
    De tódolos xeitos coñezo ben o caso da que vai ás farmacias como quen vai o leroy merlín.

    Raquel, las compoñedoras ni las nombras, hay colegio oficial de compoñedoras de galicia?

    ResponderEliminar
  4. uffffffff estebo, eso xa é un tema aparte!! o dos compostores ou compoñedores........mimá da pa escribir un libro, é un tema escabroso!! en principio eu digo que todo o que non sexa legal, ou que non estexa abalado por un titulo acreditado polo ministerio de sanidade, un seguro de responsabilidade civil e o mismisimo sentido común, que nos afastemos deso......pero tamén cabe dicir, que hai xente maior que pola súa experiencia e por sabedoria popular, remedios caseiros, etc, saben moito e dende logo unha profesion como a miña ten cousas que agradecerlles, pero de todolos xeitos eu prefiro ir a un centro donde se me pasa algo, poida reclamarlles!!!!

    ResponderEliminar