30 de marzo de 2009

Reloj no marques las horas


Hai poucas cousas tan sinxelas que dean tanto que falar como o cambio de horario, agora no caso do verán, o adianto dunha hora.

Esta volta hacia a dereita da agulla grande, xustificase (seica) polo aforro enerxético e aquí cabe discusión acerca de si realmente compensa e o que é máis, si realmente se debería afectar a toda a peninsula, pois nótese que a Galiza está practicamente noutro paralelo e deberia pois conservar a mesma hora que os veciños portugueses e canarios.

Logo de darlle unha pincelada a esta polémica, este adianto horario produce varios efectos. Por un lado parece bastante claro que o que aforras apagando a luz pola tardiña pois gastalo prendendoa pola mañan, a non ser que sexas funcionario e vaias para as 9, asi que o beneficio xa está ben claro para quen é.
Non me digades que non é jodido decidir cando adiantar o reloxo, uns fano antes de ir para a cama, e outros o se levantar (bueno tamén dou por válido ao se deitar no caso de trasnoche). Un grave problema é o tema dos móviles, uns actualizan a hora solos, polo tanto danse casos de que a xente adianta a hora antes de tempo e logo trala actualización pois van con 60 minutos de ventaxa, joder!! polo menos servira para adivinar a combinación do euromillón.
Pero sen dúbida o maior conflicto, e a problemática moral que afecta ós habitantes, non saben en que hora viven, e sempre teñen que engadir a coletilla "pola hora nova" ou "pola hora vella". Aquí é onde me templo, a hora é a que é, nin vella nin nova, claramente establecese que as 2:00 a.m. do domingo pasan a ser as 3:00 am, por favor nótese o verbo pasar a ser, ou transformar ou convertir...non existen as 2:01 a.m do domingo 29 de marzo, pois esa hora xa é as 3:01, é decir non é que o sábado tibera unha hora máis, é que o domingo ten unha menos, por unha vez gánaselle a batalla ó reloxo!!.

Deixense de darlles voltas e desfruten da victoria.

2 comentarios:

  1. eu hoxe tivenme que levantar pola hora vella, jajaja!! e que con tanto cambio costoume un juevo, asique hoxe andoche asincrónica de todo!!
    un bikazo

    ResponderEliminar
  2. a min gustaríame saber se ti antes de deitarte reparaches en cambiar a hora jajajajaja. los lechazos los carga el demo!!!

    ResponderEliminar