26 de mayo de 2009

Profesionalizando

Os integrantes deste mundo non deixan de impresionarme, ata onde se pode chegar?? Polo visto calquera feito se pode profesionalizar e convertir nunha competición. Hoxe á hora do café e lendo un xornal dos que ateigan papeleras atopamos unha noticia cando menos curiosa.

O maraton de masturbación ou máis coñecido como masturbate a-Thon

Para que vos informedes: http://www.noticiascadadia.com/noticia/18991-maraton-de-masturbacion-en-san-francisco/

Nesta competición meramente masculina, da que considero innecesaria a sua explicación, existen varias categorias, mesmo esiste público e incluso existen adestradores persoais.

Na categoría de aguante ten o record un xaponés que logrou darlle a zambomba durante algo máis de nove horas e media. Por un lado cabe pensar que sexa moi subxetivo, pois a forza non é exercida exactamente igual por todolos competidores, como ben se apuntou deberíase homologar unha máquina para garantir a equidade, ou ben demandar os servicios dalgunha profesional do sector e daquela seguro que non habia ser unha carreira de fondo senon que máis ben un sprint.

Existe a categoria de "contido" haber quen bombea máis cantidade, descoñecese o nome do gañador pero falase que a cantidade de leite que tiran na mariña lucense non lle chega nin as suelas do zapato.

E por última a categoría de lonxitude, o record do escupitajo esta nuns 159 centimetros, algo máis de 5 baldosas estándares, sería curioso ver como o miden, tan só espero que non sexa a cuartas...

25 de mayo de 2009

Son un soñador

Non vos enganedes non, este tempo non me puxo melancólico nin tampouco agarimoso, realmente refirome a que non hai unha noite na que a miña cabeza descanse plenamente. Como esto de manter un blog actualizado é moi complexo e máis ainda cando non ten fundamento, a entradas anteriores me remito, pareceme unha boa via de escape o relato das miñas aventurillas, facendo caso a suxerencias anteriores.

Para que identifiquemos que a actualización exposta se trata dun sono, engadirei ó inicio de cada título o distintivo (D), e obvio ver que parte da expresión inglesa "dream" pois nunca está demáis internacionalizar un chisco non?? E non dudarei en por os nomes dos intervintes nestas aventuras, si alguén se sinte ofendido que mo replique.Imos aló pois.

(D) "Ficar in grávida"

Aclaración previa: limítemonos o idioma galego, pois si nos expandiramos hacia o portugues indicaria preñadura.

Situemonos nun entorno de excursión, vaia aparato novedoso que nos amosan, unha especie de mochila permite ó seu usuario a liberación da forza gravitatoria.
Como está claro, quen dixo medo!! e veña de voluntario. Ao primeiro a sensación é temerosa, pois cun pequeno impulso o salto é bestial e o medo o aterraxe disipase, pois é mais suave que as toallas de mimosín. E así vamos ganando en confianza, e vaia piruetas y giros en el aire, mortal padiante, mortal paraatrás...

A confianza xa é máxima e a euforia invademe, de repente collo carrerilla, salto o teito dun volvo branco continuando a carrerilla para facer un salto máis alto....pero no coche hai xente, e o chiste non lle parece tal e non dudan en emprender unha persecución, veña chimpo de pedra en pedra, e eles co pedal na chapa, e vanme atropelar, pero que ven os meus ollos unha escapatoria, un carreiro pedregoso, por ahi non podrán verme, que sofoco, vexo como aparcan o vehiculo, dirixense camiño abaixo, eu estou acochado pero a vexiga vaime rebentar...

Case mellor vou o water, que o de mexar na cama a miña idade...

19 de mayo de 2009

E non aprendedes...

A base de leer a televisión, de escoitar internet e de mirar a radio un vaise enterando de todo o que ocorreu este findesemán. O día das Letras Galegas, a victoria do barsa, a despedida do artilleiro, a gala eurovisiva...

¿¿A gala eurovisiva dixeches??

Hai que ver o que vos gusta que vos dean polo cú, insistides en participar nesta patraña musical a sabendas do que vai ocorrer.
O ano pasado elixistes o representante a través dunha votación popular, e sin comelo nin bebelo embarcastes a David Fernández na aventura chikilicuatriana, estou ben seguro que a sua intención era a sátira, pero tibo que apandar e tentar exercer de representante. O resultado se mal non recordo, é coña, mireino en interné, foi un dezaseisavo posto.
Se mirasemos uns aniños atrás, concretamente alá polo ano 2003, surxía o formato triunfitos. A través dun reality, TVE decidía o representante eurovisivo, o resultado ben o sabedes todos, Bisbal e Busta con carto no bolsillo e os de Rosa no bolsillo do dietista.

Pois ben, este ano, tamén foi unha triunfita, non sei o proceso de selección, pero a rapaza éche mona e con boa voz, a posta en escena ata incluia un truco de maxia (meh!!), o resultado un meritorio 24 posto de 25.
Hoxe atrevinme a ver o video da actuación, vaia merda de canción, vaia merda de posta en escena e menudos vacalouros de coreografía.

Está claro que o sistema de puntuación favorece aos paises que comparten idioma, está claro que non é máis que politiqueo, e está claro que logo de ver a canción que gañou, a da españolita era ben cativa, e máis claro que sin Franco non volvedes gañar.

O bo de todo é a parte positiva, xa me tarda ver a París, Panorama e Olympus en Eurovisión, como si da mellor festa da xuventude se tratase e xa me tarda a Interviu. Zorraya entrégate!!

18 de mayo de 2009

18 de maio

O 18 de maio non é máis que o mañan do día das Letras Galegas. E onte, según consenso da Real Academia Galega, adicouse o día a Don Ramón Piñeiro.

Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.

Como esto non é un blog literario nin historiador, nin case case é un blog, so quero que lembremos a ledicia que nos producía na escola este día. Por un lado o primeiro que sabía a quen se adicaba o día das Letras Galegas xa tiña o recoñecemento do profesor e en certas ocasións ata acarreaba un agasallo. Eu nunca fun recoñecido. Pero o importante das letras galegas era que había festival e ademáis un día de vacacións.

É curioso ver como o paso dos anos fan que te decantes máis dun lado que do outro, si eres galegofalante inclinaste a favor do festival do asunto, eres conciente do motivo de celebración, mentras que si eres Feijolinguista so te inclinas ó lado do festivo, un domingo máis. E digo eu, teñen estes bilingüistas a conciencia tranquila por non ir traballar un día que non tiñan dereito a el??

Según ollei nos medios de comunicación -pois un evento social sacrificou a miña asistencia- foi unha das manifestacións máis multitudinaria dos últimos 17 de maio, e por un lado é unha grande satisfación enterarse pero tamén é unha magoa que teñan que ocorrer desgrazas para que o pobo saia á palestra, así tibemos que asfaltar as costas para ver a xente entregada asi caesen chuzos de punta, e agora tibemos que meternos nunha negrura de mínimo catro anos.

Realmente Galiza rompe esquemas.

12 de mayo de 2009

Advertence

Normalmente as malas costumes causan problemas, e ainda que hai malas costumes que reportan beneficios non vou falar delas pois hoxe vouvos por en advertencia sobre unha práctica comúnmente moi usada que pode acarrear graves perxuizos.

Tou seguro que a maioría dos conductores aqui presentes habitualmente realizan o mesmo traxecto en carro, e tou ben seguro que de se atopar coas farolas verde-vermellas a maioría teñen memorizada a sua sincronización.

Error tras error!! o funcionamento non ten porque ser sempre igual, sen ir máis lexos o cruce de Romero Donallo con Avda. Vilagarcia, Avda. de Ferrol e Fray Rosendo Salvado trocou a sua sincronización. Si antes abría o dos peóns case ó unísono que Fray Rosendo, pois agora xa non é así. Tou seguro que algún piloto e algún viandante puideron levar un bo susto.

E oxalá todo o mal quedase nun susto, porque gustaríame ver a que armaron os conductores dos autobuses de Calo o primeiro día do cambio, eran moito de sair como balas cando ainda o vermello non perdera a luminosidade, ainda me extraña ben que non houbese ningún siniestro "parcial".

So vos quero advertir, que o beneficio son uns segundos e o perxuizo pode ser máis grave do que poidamos pensar.Usemos o cabaso para algo máis que para levar croques!!

7 de mayo de 2009

Jambas, jambiñas e jambóns

Se atendemos ao título podiamos moi ben pensar que estamos na plaza de Santiago, coñecida por Abastos mentres non lle cambien o nome polo de "Mari Carmen da peixeira", pois se me descoido a mitade e algo máis dos postos deben ser dela.Pero neste caso, por similitude jejeística que poida existir non se trata de negociar marisco non, senon que me refiro a trapallada movilística, ao negocio de enviar material sofisticado a través de esemeses (sms).

Concretamente Jamba -a partir de agora faremos o esforzo de leelo como "llamba"- ten unha tecnoloxia puntera, non me quixera equivocar falando do seu "localizador" co que se pode saber en todo momento onde se atopa a tua parella, impresionante!! que atrasados están no CSI. O que si deberia ser imprescindible é o scaner de raios X, pensandoo ben xa debería vir de serie nos móviles, porque que tes un golpe xa sabes no momento si tes algo roto, canto menos choio habría en urxencias, ou imaxinemos que tes un ligue, rapidamente lle pasas o scaner a ver si ten próteses, joder que de ventaxas!! alguen sabe o número o que hai que mandar o sms??

Tamén me impresionan os do Club Zed, joder eses si que son baratos, e que de cousas che dan, ademáis os chicos dos anuncios son impresionantes, que sabiduría atesoran, me dejan tetraplégico. Mamá yo quiero ser del Club.

Realmente pareceme impresionante a cantidade de mariconadas de estas que hai, como poden sair tan rentables?

O único que se me ocorre e que cada unha sexa dunha casa telivisiva, porque raras veces saen nas outras cadeas, por exemplo, Jamba sae na sexta case sempre, e ademáis quero pensar que calquera destas entidades non consegue tantos beneficios como para lograr manter anuncios en horas punta nas principais cadeas, porque non che salen en Correo TV non, eles a lo grande.
O que sí seria desexable seria por os anuncios a horas indiscretas, pois tendo en conta que os rapaces hoxe en día enganchanse antes ó movil que ó chupete, claramente constituen o cliente primordial, menuda estafa para os pais.

Eu teñoo clarísimo, vou montar un chiringuito destes e logo si queres "arrastraches o cu polas pallas" no teu movil manda "escosor" al 7-700 porque sete setesentas, vaiche escoser moito máis.

5 de mayo de 2009

Mi aventura en un sigüi

Técnicamente coñecese como Segway Personal Transporter, é un vehículo de transporte lixeiro xiroscópico eléctrico de duas rodas, con autobalanceo controlado por un ordenador.
Realmente é un cacharro con duas rodas e un manillar no que vas de pé e se move pola inclinación do teu corpo. Vexamos unha ilustración:


Pois grazas o programa da Xunta coñecido como Primaveira Activa tibemos ocasión de probalo por parte do camiño xubileico.

A experiencia foi tal que así:

Logo de que "Xoaquín" o monitore jefe de tal programa nos explicara o funcionamento, e nos contara que tan so alcanza unha velocidade máxima de 20 km/h dependendo dos modelos, e que puxera de manifesto que tan so coñecia unha persoa que caera de tal invento e que fora unha vez a base de esforzo, pideu un voluntario.

Alá vai o Beni, monta no tranganillo cas cachas apretadas e pernas temblorosas, e Xoaquin pegalle uns sarandeos e Beni ve que é difícil caer, toma confianza. Unha vez collida soltura atrévese a pasar por un estreito e claro o mundo non e tan ancho, o sigüi montou por outro e o inclinarse hacia adiante eso turra e turra e...velaí tes Xoaquin: o segundo en caer.
Pero a cousa non acaba ahi, porque logo dunha camiñata tocoulle o meu grupo retomar os vehiculillos en cuestión. Por unha pista estilo parcelaria, ancha e chea de pedras e area puidemos mil diabluras, ata que veu a curva de "tirarlle" e claro esto zorrea e de novo pe o chan para salvar a segunda bicada. O final do entretido traxecto unha zoa de asfalto con arenilla, e como xa sabemos que o home é o unico animal que... pois veña a arriscarlle, e tras curva para un lado e curva para o outro , a arenilla fixo a sua labor de material deslizante e pamba!! e ainda por riba apagouse.

Moi amablemente, Alex o conductor de autobús axudoume a encendelo, e seica non funciona se non detecta o peso encima, monto e inclinome con ansia para arrancar e a miña sorpresa que o cacharrito estaba apagado, ainda bueno que botei as mans, pois senon tiña os incisivos espetados no asfalto cebreirense!! Un millónseisentas Alex.

Ainda así, recoméndovos facerlle a proba, seica os alugan na cruña, nas inmediacions da herules`s tower. Lástima que valen un pastón senon xa tiña un no cuberto.

4 de mayo de 2009

Ven unha grhipe moi porca

Onde vai a fecha, onde vai xa!! Non me esquencín de que era titular dun blog, non. A cuestión deste xaxún radica no esgotamento de tres días vacacionais pendentes de disfrutar do xa difunto 2008 -bueno difunto para todos menos para facenda-, e non se vos pasaría pola cabeza pensar que actualizara estando ocioso, está claro que estas son cuestións de traballo.

Para aliviar presións cerebrais, direivos que as vacacións paseinas eiqui na terra, non fun a ningún pais de moda coma poidera ser México.

Xa sei que ó oir Mexico xa identificades coa máis famosa catarreira e agradezco que me saques este tema, porque férveme a sangue co tema da "gripe tipo A". Porque chamemoslle polo seu nome, que gripe porcina nin que ostias!. Eu ainda me falta o día en que vexa un porco de xénero animal tusindo ou caendolle a pinga. O tema da febre si se da nos porcos, e é algo catastrófico, porque un avó pode ter un neto con fiebre e doelle e tira padiante, pero como o porco lle colla fiebre vaiselle a vida.

Ao respecto deste tema gustaríame oir as declaracións de Xabarín, de Porky Porky ou do mesmisimo Babe. Pero se me permitides porme un pouco serio pois está claro que as razóns do bautizo son obvias, pois si se lle chamase gripe Mexicana menudo follón, en vez de facer "achissss" habría que facer "iandeleeeeee".

Permitídeme porme un pouco máis serio, está claro que os motivos son económicos, pois sería un boicot en toda regra a ese pais, e as consecuencias poderían chegar a ser graves, de feito dame que pensar que a acusación ben por parte de USA, e concretamente por algúns antiObamistas que pretenden montar un follón mundial, pero o importante é que se vai capeando.

O que si está claro, e que deu moito que falar, aprobeitando a miña teoría anteriormente exposta, destesvos conta que nun hubo violencia de xénero?, non caeron avións, apenas hai crise...Que ben o pasan os medios, de feito algúns estiberon na "zona cero", impresionante!! viron onde o virus tipo A se bautizou, donde fixo a comunión, onde foi o seu primeiro biko...que gran periodismo!!

O final de todo eu de catastrofe vexo pouca, non é máis que unha gripe con sintomas lixeiramente distintos, que se contaxia polo aire como calquer outro virus, e que non mata xente, se acaso un de cada mil e seguramente debido a outros factores.

Que será a próxima? a varicela das avestruces?, a diarrea dos conexos? porque lembrovos que as ghaliñas e vacas xa tiberon a sua dose. Sexa como sexa, eu o xamón, ben curado!!