18 de mayo de 2009

18 de maio

O 18 de maio non é máis que o mañan do día das Letras Galegas. E onte, según consenso da Real Academia Galega, adicouse o día a Don Ramón Piñeiro.

Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.

Como esto non é un blog literario nin historiador, nin case case é un blog, so quero que lembremos a ledicia que nos producía na escola este día. Por un lado o primeiro que sabía a quen se adicaba o día das Letras Galegas xa tiña o recoñecemento do profesor e en certas ocasións ata acarreaba un agasallo. Eu nunca fun recoñecido. Pero o importante das letras galegas era que había festival e ademáis un día de vacacións.

É curioso ver como o paso dos anos fan que te decantes máis dun lado que do outro, si eres galegofalante inclinaste a favor do festival do asunto, eres conciente do motivo de celebración, mentras que si eres Feijolinguista so te inclinas ó lado do festivo, un domingo máis. E digo eu, teñen estes bilingüistas a conciencia tranquila por non ir traballar un día que non tiñan dereito a el??

Según ollei nos medios de comunicación -pois un evento social sacrificou a miña asistencia- foi unha das manifestacións máis multitudinaria dos últimos 17 de maio, e por un lado é unha grande satisfación enterarse pero tamén é unha magoa que teñan que ocorrer desgrazas para que o pobo saia á palestra, así tibemos que asfaltar as costas para ver a xente entregada asi caesen chuzos de punta, e agora tibemos que meternos nunha negrura de mínimo catro anos.

Realmente Galiza rompe esquemas.

3 comentarios:

  1. pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña gran culpa!!! onte botei a mañá durmindo!! si, o deber cívico non foi suficiente para facerme asistir a manifestacion, o sono e a falta de alguen q me acompañara puidome!! o ano pasado tamén estivo un dia maliño de todo, recórdome saltando polas rúas co paraugas o día da manifestación, e na do día da patria tamén, incluso máis choiva, só menciono eso, porque parece cousa divina, que cd temos algo q nos une a todos para reivindicar algo polo noso pais, as condicións metereoloxicas nos recordan ó noso clima propio e a auga escorrendo pola pedra das casas da nosa adorada, única e inigualable zoa vella de santiago...........so recordarlle ó señor feijooooooo, que xa o pode facer ben na medida do posible, porque son os ultimos 4 anos que lle permitiremos o martirio dun goberno de dereitas no nos pais!!!

    raquel

    mil bikzos

    ResponderEliminar
  2. A min este é un debate que non me interesa, Pa que discutir con alguén que di que o castelán corre perigo en galicia, que vai a suprimir as oposicións en galego e que ten a 2 ou 3 conselleiros da xunta de galicia que non saben falar galego.

    É unha pena pero o peor é que está ahi porque a xente lle votou, que non dou ningun golpe de estado.

    con respeito a "E digo eu, teñen estes bilingüistas a conciencia tranquila por non ir traballar un día que non tiñan dereito a el??"
    teran a conciencia igual de tranquila que cando eu me tomo toda a semana santa de vacacións!!! que ben presta e sin obriga de ir a procesións o en su defecto manifestacións..

    ResponderEliminar
  3. A manifestación foi das máis emotivas e fermosas que lembro; pola choiva, pola xente berrando mentras a auga lle escorregaba polas costas, pola cantidade de cativos que alí estaban e votaban de menos as súas Galescolas, polos paraugas que lembraban a aquel momento no que o pobo se ergueu para dicirlle ao Goberno da Xunta que "NUNCA MÁIS"... O peor, que a calaña pepera veuse arriba tralas últimas eleccións, e os que antes calaban agora inchan o peito e non teñen reparos en dicirche a golpe de luns ás 9 da mañá "Mila, Alberto ya sabe que lo que tiene que hacer es no hacer caso de esas cosas, porque si se deja llevar le pasa lo que al PSOE, que se metió una ostia por haceros caso", "mira que eres matada", "si la policía dice que eran 20.000, pues eran 20.000, no los 50.000 que dice la Mesa", "Galicia Bilingüe y la gente del PP no fuimos porque la manifestación la convocaba la Mesa, que es una agrupación sectaria".
    Á marxe de dar as oprtunas respostas e engadir as pertinentes rectificacións, eu quédome cunha das consignas máis coreadas polas rúas de Compostela este domingo:
    "Onde están que non se ven, os bilingües do PP!!!!"

    MILA

    ResponderEliminar