19 de mayo de 2009

E non aprendedes...

A base de leer a televisión, de escoitar internet e de mirar a radio un vaise enterando de todo o que ocorreu este findesemán. O día das Letras Galegas, a victoria do barsa, a despedida do artilleiro, a gala eurovisiva...

¿¿A gala eurovisiva dixeches??

Hai que ver o que vos gusta que vos dean polo cú, insistides en participar nesta patraña musical a sabendas do que vai ocorrer.
O ano pasado elixistes o representante a través dunha votación popular, e sin comelo nin bebelo embarcastes a David Fernández na aventura chikilicuatriana, estou ben seguro que a sua intención era a sátira, pero tibo que apandar e tentar exercer de representante. O resultado se mal non recordo, é coña, mireino en interné, foi un dezaseisavo posto.
Se mirasemos uns aniños atrás, concretamente alá polo ano 2003, surxía o formato triunfitos. A través dun reality, TVE decidía o representante eurovisivo, o resultado ben o sabedes todos, Bisbal e Busta con carto no bolsillo e os de Rosa no bolsillo do dietista.

Pois ben, este ano, tamén foi unha triunfita, non sei o proceso de selección, pero a rapaza éche mona e con boa voz, a posta en escena ata incluia un truco de maxia (meh!!), o resultado un meritorio 24 posto de 25.
Hoxe atrevinme a ver o video da actuación, vaia merda de canción, vaia merda de posta en escena e menudos vacalouros de coreografía.

Está claro que o sistema de puntuación favorece aos paises que comparten idioma, está claro que non é máis que politiqueo, e está claro que logo de ver a canción que gañou, a da españolita era ben cativa, e máis claro que sin Franco non volvedes gañar.

O bo de todo é a parte positiva, xa me tarda ver a París, Panorama e Olympus en Eurovisión, como si da mellor festa da xuventude se tratase e xa me tarda a Interviu. Zorraya entrégate!!

1 comentario:

  1. Creo que aparte das relacións diplomáticas entre paises, o máis influinte é o idioma.
    Pero aparte desto españa quere realmente gañar o festival? Eu non creo que a zapatero lle faga moita gracia ter que organizar un espectáculo que costa millonadas xa que rusia puxo o listón demasiado alto e non creo que estubera ben aprobeitar o decorado de mira quíen baila.

    ResponderEliminar