22 de abril de 2009

Non o entenderei

Hai unha cousa que non logro comprender, e seguro que ainda que mo expliquen sei que non me van convencer, asi que os que me coñecedes xa podedes aforrar o choio.

A cuestión en cuestión, é ¿por que o aseo de minusválidos a cotio coincide co de cabaleiros?

As vias de razonamento que se me ocorren a min para tentar darme unha explicación que me autoconvenza son as conseguintes

Dende o punto de vista da hixiene: cabe pensar que os minusválidos non deberan usar o servicio das señoras, pois a topicidade -e en casos dou fe- de que os homes emporcan máis que as mulleres ten o seu peso, e ainda que non sei da dificultade que tal labor implica para un discapacitado físico, pois cabe pensar que é lóxico. Pero que ten de lóxico que unha minusválida vaia facer as suas necesidades ó de cabaleiros?? ahí si que o razonamento hixiénico perde a consistencia. Pois ainda que en moitos casos coexisten inodoros adaptados e non adaptados, a ningún varón se lle impide o uso do adaptado.

Dende o punto de vista sexual: aquí si que a lóxica non axuda nadiña, pois ainda que sexa de enfermos pensar esto, existen moitas menos posibilidades de que un minusválido cometa unha violación que de que unha minusvalida sufra o abuso. Polo tanto dende este punto de vista debería ser adaptado o servicio de señoras.

E por último ocorreseme no dificil de diseñar dous símbolos que distingan servicios de minusválidos de señoras e señores, pois o tema sombreiro non axuda, e o tema falda xa non digamos.

O que non sei, e recoñezo que tampouco o investiguei, é que di a lexislación de turismo e/ou sanidade ao respecto, penso que a solución pasaría por ter ambos servicios adaptados.

O anecdótico deste caso, son aqueles establecementos onde si teñen un servicio adaptado pero en donde os discapacitados en vez de ter silla de rodas, deberían usar unha moto de trial para poder sortear os tres ou catro escalóns da entrada.

E antes de nada, co meu máis jrande corasón, espero non haber ofendido!!

21 de abril de 2009

Por algo será

Este pasado domingo, grazas á tregua climatolóxica, atrevimonos ir pasear por Padrón con motivo da celebración da Pascuilla, que cantidade de xente!! eso sí, todos paseando, todos os chiringuitos estaban vacíos, os xamóns nin sudaban, os dardos mesmo tiñan óxido e os coches de choque nin chispas facían...pero xente e coches a barrer.

E eu, como observador dinme conta que posiblemente, Padrón e localidades anexas como poida ser, Herbón, Carcacía, Extramundi...baten o record de xuventude parental. Non sei si existe este índice, pero de habelo penso que encabezarían sin duda o ranking galego, andarían no podium espanhol e non habían acadar unha mala posición nun ranking mundial.

Tras un carrito de bebé, podemos ver facilmente un piloto ou pilota de escasa idade, a maioría estimo eu inferiores os 18, case case lle saen os dentes a pais e fillos a un tempo. E un preguntase a que pode ser debido esto.
Se me permitides un xogo de palabras, se vos digo "Padrón" tou seguro que vos ven a mente "uns pican e outros non", pois si, poida que os pementos al directo del huerto provoquen un efecto multiplicador da fertilidade. Poida ser que o picante se lle pegue a juventú, pero por ahí si que non paso, pois outra cousan non pero "raposeiras" en Padrón y alrededores sobran, así que fagan uso das infraestructuras de vez en cuando ou agarren o rabo para que non piquen tanto.
Tamén se me ocorre a min,que a cultura sexa máis ben pouca, que se poida deber a un escaso nivel intelectual anexionado o voto maioritariamente gaivotil, e que o descoñecemento ou pouca partidariedade de métodos anticonceptivos produzca tal nivel de natalidade.

Eso si, si a paternidade é realmente desexada, teñan vostedes a miña bendición, que donde hai amor no manda marinero!!.

20 de abril de 2009

Quen se engana aqui?

A non ser por mor dunha grave deficiencia ou por desconexión do mundo, dou por suposto que vos enterariades da noticia deste fin de semán, a detención de Jurdan Martitegi Lizaso, alias 'Arlas', ou sexa o último número un de ETA ( bueno agora o penúltimo número un).

Estou moi a favor da loita contra o terrorismo, e sempre é unha boa noticia unha nova detención, pero ó respecto deste caso teño unha dúbida asomante. Quen se engana aqui?

Se ollades o enlace arriba referenciado, a descripción dos antecedentes do "penúltimo" é a seguinte:

"Había sido detenido en dos ocasiones anteriores por la Policía vasca, en 1997 acusado de desórdenes públicos y en 2000 por el ataque a una sucursal bancaria en el municipio vizcaíno de Galdakao.
Además, en 2001 ingresó en prisión tras ser detenido acusado de la colocación de un artefacto en los Juzgados de Durango en septiembre de 2000, el ataque a una sucursal de Legazpia (Guipúzcoa) y por otras dos acciones de violencia callejera, entre ellas el ataque contra el cuartel de la Guardia Civil de Galdakao en la Nochevieja de 1999"

Poden ocorrer duas alternativas, que os "lajartos" acerten ou non. Si a guardia civil se engana, so fixeron máis que fume, so lle deron unha pouca máis de publicidade á loita contra o terrorismo. Pola contra si a guardia civil se apunta un tanto, hai que ver que floxa está a ETA -bo sinal sin dúbida-, posto que si con eses antecedentes era o mandamáis da banda, quen manda agora?? quizás calquera pimpollo que se adica a queimar containers?? quizás calquer cativo que se adique a lanzar asubiotes na festa do pobo??

O choio cando menos da que pensar.


16 de abril de 2009

Cine: arte ou negocio?

Pensabades que vos ia quitar desta dúbida, pois non, non o sei. O caso é que ser director non é tan complexo, tan só fai falla ter claros os esquemas básicos e pouco máis, quizás algo de cartos, pero o importante son os esquemas básicos.

Para axudarvos un pouquiño, vouvos por algúns destes esquemas:

Película de acción:

Elixe un persoaxe, ou moi peludo ou moi pelado, a poder ser cicatrizado, que se noten ainda os restos da "mecromina" contextualizado nun retorno o fogar onde o amigo de infancia se convirteu en malo por andar ca drogha, ata puxo pendentes e todo, eso si, papouse a tia máis cachonda do instituto, currate ti un motivo de venganza, e veña tiros e estacazos por todolos lados.

Película de terror:

Elixe un personaxe aparentemente normal, pero con graves problemas de infancia, p.ex. comía merda de ovella pensando que eran conguitos, podes elexir que haxa sangue ou non, si exclues a sangue mételle ghomito bastante. Gasta máis ben pouco en iluminación e busca persoaxes secundarios deficientes, dos que corren coma ghaliñas sin pescozo. O resto xa ven solo.

Película de amor:

Sempre son de amor imposible, podes elexir os tandems que queiras, rico e pobre, gordo e moi gordo, feo e feismo, sano e enfermo...a poder ser exixiriavos heterosexualidade, deixadevos de vaqueros os que lle prestan os tiros pola culata. Canto máis frida se faga máis bonita.

Película de humor:

Un par de pinflois de instituto que se pasen o día fumando marihuana, organizadelle unha boa festa a poder ser na casa dos pais dun , que en principio van de viaxe pero que ben se sabe que van vir antes de tempo. Que haxa unhas cuantas individuas desbocadas e pouco máis.

Película pornográfica:

Máis importante que nunca a heterosexualidade ou como moito homosexualidade de duas pernas, calquera historia de fondo é válida o importante e ter a calefación a tope, unha boa estufa da que da calor e igualmente se enchufa.

Película do sábado a tarde en Antenar 3.

Búscate un personaxe que teña algún problema grave de saude, deficiente, cego, minusválido...da igual todo o que inventes ó redor, o importante é que ó final do film sexa un coquito, que vexa ou que corra máis que Usain Bolt.

Éxito asegurado colegas!!

13 de abril de 2009

Faltan adverbios

Se a memoria non me falla, eran varias as clases de adverbios, e había unha cantidade deles considerable. Sen embargo, profundizando mesmamente nos de cantidade, observo a falta de algún.

Partamos da base fundamental nesta clase, o adverbio moito, o cal se mirasemos o que nos conta o diccionario da real academia galega, este ha de por:

"expresa gran cantidade ou grao elevado de algo e pode intensifica-lo significado dun adxectivo ou adverbio"

Podemos fácilmente comprender que ter moito de algo é case o máximo, pero onde está o límite?? pódese superar este adverbio??

Está claro que superlativizando, obtemos o "moitismo" ou según que falante "moitirmo", e aquí si que xa case case estamos no límite. Pero permitaseme ir máis aló.
Dende moi pequenos nos ensinaron, ou entoxaron en ensinar que Dios era o máximo, entón estaremos dacordo que "moito de Dios" é un gran adverbio e "moitismo de Dios" xa non digamos.

Pero eu cabilo, e dei na conta que hai un adverbio que os supera, sería o palabro "mojollón", porque podes ter moito dunha cousa, ou moitismo, pero se tes mojollón,tes tanto tantismo que xa non o sabes nin ti, xa deixa de interesarche poder ter máis, estás o máis cerca posíble do límite, ainda que o límite coma sempre sexa inimaxinable.

Por eso gostaríame emprender unha campaña a favor deste adverbio, eso sí; endexamáis usedes un mojollón en vano!!

8 de abril de 2009

O pequeno gran mundo das canicas: vai unha partida?

¿pensabades que o das canicas era un conto de nenos? coido que vos quedou claro que non, polo que hoxe tentarei rematar esta triloxía, e para esto nada mellor que explicarvos a mecánica dos xogos, como ben vos dixen na anterior entrada, hai tres, ou polo menos na miña terra, e todos poden ser individuais ou por parellas, imos alá parroquia.

AS PERSEGUIDAS:

Posiblemente sexa o xogo menos practicado, consiste en ir a caza un do outro, soese usar unicamente unha canica, a menudo un boloco, ainda que é arriscado pois non está permitido o cambio de bola e pola contra si está permitido a doble cuarta. No caso de apostar o premio non é a canica capturada senón que outra amosada previa a partida.
Esta variante é a de máis duración, pois podias pasar todo un recreo recorrendo o patio enteiro sin cazar, de feito ten habido xente que lle da tanto brío á canica que logo non a atopa. Pero non pasaba nada, facíase unha marca e seguiase no seguinte recreo ou pactábase un empate técnico.

O GUÁ:

Ainda que non o creades, o imprescindible para este xogo non son as canicas, o importante é ter un zapato cunha boa suela para a construcción do campo.
Co talón debemos facer o guá ou burato -que como en moitas outras ocasións consiste no obxetivo principal-. A 5 pasos dos de ir a misa tarde debemos coa goma da beira do zapato facer unha raia horizontal, bueno!! para que non haxa confusións chamaremoslle línea. Pois ben unha vez construido o terreo de xogo, imprimamoslle algo de acción.

Situados tralo guá lanzaremos a nosa canica hacia a linea, de xeito que o máis próximo a linea ben sexa por exceso ou defecto adquirirá o primeiro turno.
NOTA IMPORTANTE: para calquer xogo no que se lance a línea, si unha canica impacta con outra ambos xogadores deberán efectuar o lanzamento.
Pois ben, establecidos os turnos o obxetivo principal é meter dende a línea a canica no guá, de conseguilo volvese a tirar medindo a cuarta dende o borde do mesmo, pois o obxetivo do xogo é darlle cinco toques á canica do compañeiro e logo regresar o guá. Pero non son calquera toques, senon que reciben un nome especial.

Os primeiros 3 toques denominanse por orden riguroso: "truquis", "retruquis", "mastruquis", limítanse a ser tres toques sinxelos. O seguinte toque, chamase "pie" pois tralo toque a canica debe rebotar deixando un espacio no que colla un pe. O derradeiro toque chamase "pase de bola", o toque ten que ser de tal xeito que a nosa canica supere á contrincante, ou sexa debera ser un toque na cocorota da outra. E unha vez acadado este so nos queda retornar o guá e victoria!.

Consello do artista: acadar o segundo turno, é mellor ir a remolque, logo o truquis debe ser co mínimo rebote posible, dado que se a distancia é menor á cuarta podese dar o retruquis e mastruquis na cocorota. Onde se pode decidir a partida é no pie, hai que ter moito tiento (no caso de ser o que padece os toques, recomendovos pedir cambio de bola e trocar pola máis grande e a poder ser de aceiro, pois asi rebotará máis), e por último debemos aprobeitar o pase de bola para aproximarnos o guá.

O OLLO

Quizás estexamos ante o xogo que máis alegrias pode dar e o que máis penas tamén, son partidas rápidas e de apostas importantes, si tes a unlla desatinada, podes vir co peto baleiro fácilmente.

A mecánica é similar a anterior, coa goma da beira do zapato debuxamos un ollo onde se poñerán as canicas a apostar. A cinco pasos estará a linea coa que se determinará os turnos. O obxetivo é sacar as demáis canicas do ollo sen quedar dentro del, ou ben matar ó contrincante, non a paos non, basta con un toque na sua canica.

Consello do artista: poñer no ollo as canicas máis cativas, logo según as cláusulas do xogo coller un boloco adecuado, pois entendamos que no caso de non existir cambio de bola, un boloco maior fai que poidamos sacar máis canicas do ollo pero tamén somos máis vulnerables. Unha extratexia importante é a existencia de recorridas -véxanse entradas anteriores- dado que así podemos elexir diagonais para poder sacar máis bolas dunha chuzada.

Pois ben, ata aquí chegou esta triloxía, espero que fora do agrado e no caso de non ser polo menos eu estiben entretido na hora do traballo, e claro está; se tendes un par de bolas aqui tou para unha partida, mal pensados!! unha para o ollo e outra para tirar.

...DI EN.

7 de abril de 2009

O pequeno gran mundo das canicas: técnicas e clausulas.

Ben, meus queridos caniqueiros, hoxe en xente de calquer mundo, seguimos afrontando a temática complexa do mundo das canicas, que nalgúns xentilicios marxinais tamén se lles coñece por bolas.

Se onte faciamos unha descripción exaustiva dos materiais e condicións necesarias para a práctica dunha canicada, hoxe debemos facer mención as técnicas básicas do xogo.

Por un lado, hai que sinalar a unidade de medida, as cuartas. Unha cuarta defínese como a extensión da man dende o pulgar ata o indice e corazón, moi importante é que faga unha ponte sobre a liña da terra, pois se non considerariase palma, e non é unha técnica factible entendida esta como a extensión do pulgar ó miñique.
Por outro lado compre indicar a forma de disparo, a forma correcta consiste en depositar a canica sobre o indice disposto en forma de culler e logo impulsa-la coa unlla do dedo pulgar. Para sair de dúbidas vexamos a seguinte ilustración:


O normal en calquera turno de xogo é medir unha cuarta e logo colocar a muñeca lanzadora a continuación para proceder co disparo,pero algo importantísimo antes de calquera partida, é establecer as clausulas do encontro, paso pois a enumerar as máis importantes:

1- "¿é a apostar ou non?" aquí establecese o premio da partida en unidades de canicas, no caso de non ser a apostar considerase como un mero encontro amistoso e é de cativa transcendencia.

2- cantidade de cuartas: o normal é o uso de unha cuarta pero previo pacto e dependendo das modalidades de xogo pódese usar excepcionalmente duas.

3- "non valen recorridas": considerase recorridas o deslizamento da palma no momento de tirar mantendo o radio hacia o obxetivo, é decir trazando o arco dunha cirunferencia. Usase para lograr un ángulo de tiro favorable.

4- "non valen adiantamento": un adiantamento producese cando a muñeca lanzadora non esta contigua a cuarta. Débese advertir no momento do lanzamento se non considerarase como válido.

5- "non valen chuzóns": a técnica chuzón consiste nun deslizamento da muñeca impulsadora no momento do lanzamento co fin de imprimir maior potencia á canica

6- "non valen maragatos": baixo esta cláusula non se permiten facer debuxos diante da canica obxetivo.

7- "non valen limpas ou no seu caso non valen sucias": trátase de que non é válido limpar ou pola contra ensuciar a traxectoria da canica.

E o fundamental do fundamental é a elección da modalidade de xogo entre os que distinguimos As perseguidas, O guá e O ollo.

...TUBI CONTÍNUE

6 de abril de 2009

O pequeno gran mundo das canicas: Introducción

Ainda que o mundo das canicas parece sinxelo, nesta entrada e nas sucesivas, tentareivos por de manifesto que agocha gran cantidade de intríngulis. Sei que o vedes como un xogo de nenos, pero dubido que calquer adulto reuna as condicións para unha boa partida si de cativo non foi afeccionado a tal deporte. Pois ben, sin máis preambulos sumerxamonos neste pequeno gran mundo.

O indispensable, coma na práctica de calquera deporte é ter o material apropiado. Pois ben, sabendo que teño uns lectores moi avispados, coido que non é necesario aclarar que é imprescindible dispor dunha man, o fundamental son as canicas, Elena do Moucho sempre tiña unha boa cantidade, e senón sempre podías recurrir ó mítico Camión de Elisardo, pero claro como este catalogábase como venta a domicilio sempre saian máis caras, e o mellor era collela bicicleta e ir ata a de Elena, se tiñas sorte podías permitirte un saquetiño, senón tiñas que conformarte con mercalas soltas.

A clasificación das canicas non é doada:

Atendendo ó material, había unha gran variedade, as típicas eran as de cristal, as transparentes con cores dentro,que lle chamo eu "do pais" pero logo había as chinas co seu par de variedades interesantes, unhas eran as de cores opacas, habitualmente de base branca ou negra con mixsturas doutras cores, as outras eran as chinas especiais, de cristais de cores brilantes, nas que abundaban as violetas e plateadas, pero as máis preciadas eran as verdes e azuladas.
Pero tamén as había doutros materiais, as de plástico e as de aceiro, e a cousa estaba clara, si as tiñas de plástico eras parvo, comprarachas tua nai no pueblo, e quedabas sen xogar, se as tiñas de aceiro, eso si que era de machos.

Era curioso que a pesar de non existir un BCC -banco central de canicas- as cotizacións estaban claras, unha china normal valía duas do pais, e unha china especial podia equivaler a catro do pais ou duas chinas sinxelas. Para o que non había cotización era para as de aceiro, esas eran negociacións duras, uns tira e afloxa templados, ainda que o final o acordo remataba sendo beneficioso para todalas partes. Teñense dado casos de auténticos "brokers" das canicas, que se adicaban todo o recreo a negociación, e sacabanche boas rentas!!.

Unha clasificación importante producíase atendendo ó seu tamaño, as canícas para os inexpertos no tema serían coma unha moeda de dez céntimos. As inferiores a ese tamaño reciben o nome de "mínis" e as superiores eran os "bolocos". Era case imprescindible dispor dun boloco, daba seguridade e garantías, e si tiñas un boloco de aceiro daquela xa tiñas un rango considerable. Algo que eu sempre observaba para analizar ó contrincante era o seu boloco de aceiro, si este tiña óxido ou non, si non tiña óxido e se vía pulido había que hilar fino, era sinal de que o tipo tiña tablas no asunto.

Secundariamente, e non menos importante, ainda que sempre dependendo do grado de implicación no deporte, deberías de ter unha riñonera e un tarro de plástico de nocilla e/ou colacao baleiro na casa.
A riñonera podiaslla sacar a un prezo razonable a calquer negro do mercadillo, servía de transportín e era parte da tua vida, ainda lembro a dor que daba perder a riñonera coas canicas dentro, doiache menos unha somanta por haber perdido o libro de matemáticas que perder a riñonera, era imperdoable!!.
Moita nocilla teño comido a cucharadas, o tarro servía de depósito, era a tua caixa forte principal e marcaba a tua valía "tantos tarros tes tanto vales", unha cousa si era importante, non o ter o alcance dos irmáns pequenos. Tamén era de ter en conta ter máis de un, para poder clasificar, nun tarro as máis fermosas, as que xamáis endebedarías, e noutro as esnachadas, as obreras do día a día.

Dous últimos factores importantes son o terreo e o clima. Ambos están interrelacionados, o clima acababache marcando o terreo, pois os días de choiva non quedaba máis que xogar no patio,e non era por se mollar ou non, senon que a canica enlamada da moi mal xogar, resbala na unlla e non a dominas como quixeses ,polo tanto non quedaba outra que darlle no cemento, pero esto era pouco profesional, e moi pouco factible, a precisión vaise toda ó garete ademáis de che limitar as extratexias, por non ter que sinalar a necesidade dunha tiza para debuxar o campo, e como te pillaran mangando nas tizas...Asi que para unha boa partida, imprescindible sol e campo de terra.

Hai que sinalar que a tempada de canicas duraba prácticamente todo o ano, tan só se paraba durante o San Martiño, para o entregue cos trompos. E esto non se facía porque existise unha circular do xefe de estudos, esto era un consenso que xamáis se dubidaba.

E por último indicarvos o adictivo do asunto, era entrar na escola, a eso das 10.00 creo, e xa estabas pensando cando serían as 11.25 pra botarlle o primeiro enfrontamento da xornada no primeiro recreo, pois o segundo sería sin lugar a dúbidas despois de comer, sempre e cando non quedaras castigado rematando a fabada.

...TUBI CONTÍNUE

2 de abril de 2009

O caso é ir premiando

A quen non lle gusta recibir un galardón?? ben sei que bastante mellor era recibir un giro, pero empezo a pensar que non existen.

Pero si existen infinidade de premios e recoñecementos, o último caso que me fixo reflexionar foi o nomeamento de "Gallega del mes de marzo", premio otorgado por El correo gallego",si si, nada más y nada menos que "EL CORREO GALLEGO"; y a este respecto no callo ni otorgo, por lo que considero oportuno observar:

Primeiramente, é fáctor clave distinguir o xénero, hai que distinguir entre "gallego de" e "gallega de" e acto seguido o periodo temporal. Así podermemos ter -permítiendoseme el uso de la algharroba- galleg@ del año, galleg@ del mes de marzo, galleg@ del jueves 2 de marzo del 2009, galleg@ del jueves 2 de marzo del 2009 a las 15.45... e así podemos ter infinidade de galeg@s premiad@s, creo que todos podiamos ter o noso galardón.

Segundamente, como se chega a entrar no ranking, é a petición popular?, é a dedo?, é a autostop? -chiste fácil,seino-, existe quizáis unha lista de tareas coa sua consiguiente baremación, for example: separar, reciclar, non ser landrú, o vidro po iglú: ten points...pero esto creo que non é así, coido que o importante é facer cousas fora do normal, for example: ir plantar grelos de Betanzos ó Sahara; one hundred points. No vedes claro ¿non? eu tampouco creo que se dean nin abonando con esterco de primera calidad, pero da moitos puntos amigo!!.

Terceiramente e para ir rematando, antes de nada considero necesario pedir desculpas os cristiáns e pedir o consentimento os non cristiáns para baixar uns cantos santos, ¿quen ostia en dios (unha das exclamacións máis supremas) lle da permiso a "EL CORREO GALLEGO" para utilizar o calificativo de "Galleg@ de"??, ¿¿é que somos os demáis menos galegos?? ¿¿somos máis cativos?? ¿es acaso esta endidad la que tiene un gran prestigio para otorgar galardones?, ¿non debería acaso haber unha votación popular ou outro sistema máis democrático que o "tocouche a ti"?

Coma sempre: no lo sé, lo estimo.

1 de abril de 2009

5ª destilación

Dende a perpectiva do incomensurable e ridículo parecer, a menudo e incesantemente atopas inquedanzas vespertinas de mero feito irrelevante, que conducen sin interesar a fatídicas cuestións inverosimiles.
O límite de todas as razóns que invaden un contexto sublime e precoz acerca do que en dudosas situacións pode conlevar un mero trámite, e sin responder a cuestións administrativas nin a feitos contantes, induce sin mínimo respecto a estranos resultados de impugnes actos.
Cecáis o incuestionable do asunto sexa a propia feitura da resposta, sentemos pois as bases para unha indignante proposta, chea de inquedanzas e similitudes adversas que revelen a verdadeira agnostidade perversa.
Apercibide como sen aprecialo estades a notificar a vosa intuición desfavorida; é dubitatibo creer que o afán de rigor, e os seus condescendientes prolegómenos afecten a un sixiloso devenir, un futuro e improbable xeito de desmerecer reivindicacións constantes e uniformemente sostidas nun real despropósito de funcións neperianas.
Dende un ecúmene de sinxelas circunstancias, ensimismado co máis figurado coleóptero funanbulista, rexeitando rigurosas deficiencias latentes, conducimonos ferozmente a divagancias que alteran a senda do axioma bosquimiano.
Incansantemente as estranas faces do dilema invaden grotescas e longevas incertidumes,ferindo e rostregando os principios de inimaxinables étimos, dando supremas esperanzas de remedios traicioneros que endexamáis se postrarán.
Abusivamente recoñezo a dantesca formalidade e o tan comunmente menosprecio que aborda as irreverantes fábulas de extremas e dolorosas casualidades, endubidade por sempre de acontecementos sinxelos devengados por habilidades superfluas.

Anexionádevos á masa improductiva do redundante horizonte!!