7 de abril de 2009

O pequeno gran mundo das canicas: técnicas e clausulas.

Ben, meus queridos caniqueiros, hoxe en xente de calquer mundo, seguimos afrontando a temática complexa do mundo das canicas, que nalgúns xentilicios marxinais tamén se lles coñece por bolas.

Se onte faciamos unha descripción exaustiva dos materiais e condicións necesarias para a práctica dunha canicada, hoxe debemos facer mención as técnicas básicas do xogo.

Por un lado, hai que sinalar a unidade de medida, as cuartas. Unha cuarta defínese como a extensión da man dende o pulgar ata o indice e corazón, moi importante é que faga unha ponte sobre a liña da terra, pois se non considerariase palma, e non é unha técnica factible entendida esta como a extensión do pulgar ó miñique.
Por outro lado compre indicar a forma de disparo, a forma correcta consiste en depositar a canica sobre o indice disposto en forma de culler e logo impulsa-la coa unlla do dedo pulgar. Para sair de dúbidas vexamos a seguinte ilustración:


O normal en calquera turno de xogo é medir unha cuarta e logo colocar a muñeca lanzadora a continuación para proceder co disparo,pero algo importantísimo antes de calquera partida, é establecer as clausulas do encontro, paso pois a enumerar as máis importantes:

1- "¿é a apostar ou non?" aquí establecese o premio da partida en unidades de canicas, no caso de non ser a apostar considerase como un mero encontro amistoso e é de cativa transcendencia.

2- cantidade de cuartas: o normal é o uso de unha cuarta pero previo pacto e dependendo das modalidades de xogo pódese usar excepcionalmente duas.

3- "non valen recorridas": considerase recorridas o deslizamento da palma no momento de tirar mantendo o radio hacia o obxetivo, é decir trazando o arco dunha cirunferencia. Usase para lograr un ángulo de tiro favorable.

4- "non valen adiantamento": un adiantamento producese cando a muñeca lanzadora non esta contigua a cuarta. Débese advertir no momento do lanzamento se non considerarase como válido.

5- "non valen chuzóns": a técnica chuzón consiste nun deslizamento da muñeca impulsadora no momento do lanzamento co fin de imprimir maior potencia á canica

6- "non valen maragatos": baixo esta cláusula non se permiten facer debuxos diante da canica obxetivo.

7- "non valen limpas ou no seu caso non valen sucias": trátase de que non é válido limpar ou pola contra ensuciar a traxectoria da canica.

E o fundamental do fundamental é a elección da modalidade de xogo entre os que distinguimos As perseguidas, O guá e O ollo.

...TUBI CONTÍNUE

3 comentarios:

  1. non lembraba eu que fose tan complicao..........mimá, agora pareceme imposible, e de pequecha pareciame sinxelo!!! pero a que xogaba eu, agora q o penso??? á chave?...............en fin...........jje!!
    bikzos

    Raquel

    ResponderEliminar
  2. eu xoghaba ó trompicallo

    ResponderEliminar
  3. con respeto a norma numero 1. para min non existía (insisto en que iba a escuela ao pueblo) unha partida era a ganancia asegurada. Menos cando ías de farol para que pensaran que non tiñas nin puta idea do tema, é a seguinte partida subían a apuesta e...... SAS!!!

    Do resto de normativas, como llas explicarías a un neno de la capital?

    ResponderEliminar