6 de abril de 2009

O pequeno gran mundo das canicas: Introducción

Ainda que o mundo das canicas parece sinxelo, nesta entrada e nas sucesivas, tentareivos por de manifesto que agocha gran cantidade de intríngulis. Sei que o vedes como un xogo de nenos, pero dubido que calquer adulto reuna as condicións para unha boa partida si de cativo non foi afeccionado a tal deporte. Pois ben, sin máis preambulos sumerxamonos neste pequeno gran mundo.

O indispensable, coma na práctica de calquera deporte é ter o material apropiado. Pois ben, sabendo que teño uns lectores moi avispados, coido que non é necesario aclarar que é imprescindible dispor dunha man, o fundamental son as canicas, Elena do Moucho sempre tiña unha boa cantidade, e senón sempre podías recurrir ó mítico Camión de Elisardo, pero claro como este catalogábase como venta a domicilio sempre saian máis caras, e o mellor era collela bicicleta e ir ata a de Elena, se tiñas sorte podías permitirte un saquetiño, senón tiñas que conformarte con mercalas soltas.

A clasificación das canicas non é doada:

Atendendo ó material, había unha gran variedade, as típicas eran as de cristal, as transparentes con cores dentro,que lle chamo eu "do pais" pero logo había as chinas co seu par de variedades interesantes, unhas eran as de cores opacas, habitualmente de base branca ou negra con mixsturas doutras cores, as outras eran as chinas especiais, de cristais de cores brilantes, nas que abundaban as violetas e plateadas, pero as máis preciadas eran as verdes e azuladas.
Pero tamén as había doutros materiais, as de plástico e as de aceiro, e a cousa estaba clara, si as tiñas de plástico eras parvo, comprarachas tua nai no pueblo, e quedabas sen xogar, se as tiñas de aceiro, eso si que era de machos.

Era curioso que a pesar de non existir un BCC -banco central de canicas- as cotizacións estaban claras, unha china normal valía duas do pais, e unha china especial podia equivaler a catro do pais ou duas chinas sinxelas. Para o que non había cotización era para as de aceiro, esas eran negociacións duras, uns tira e afloxa templados, ainda que o final o acordo remataba sendo beneficioso para todalas partes. Teñense dado casos de auténticos "brokers" das canicas, que se adicaban todo o recreo a negociación, e sacabanche boas rentas!!.

Unha clasificación importante producíase atendendo ó seu tamaño, as canícas para os inexpertos no tema serían coma unha moeda de dez céntimos. As inferiores a ese tamaño reciben o nome de "mínis" e as superiores eran os "bolocos". Era case imprescindible dispor dun boloco, daba seguridade e garantías, e si tiñas un boloco de aceiro daquela xa tiñas un rango considerable. Algo que eu sempre observaba para analizar ó contrincante era o seu boloco de aceiro, si este tiña óxido ou non, si non tiña óxido e se vía pulido había que hilar fino, era sinal de que o tipo tiña tablas no asunto.

Secundariamente, e non menos importante, ainda que sempre dependendo do grado de implicación no deporte, deberías de ter unha riñonera e un tarro de plástico de nocilla e/ou colacao baleiro na casa.
A riñonera podiaslla sacar a un prezo razonable a calquer negro do mercadillo, servía de transportín e era parte da tua vida, ainda lembro a dor que daba perder a riñonera coas canicas dentro, doiache menos unha somanta por haber perdido o libro de matemáticas que perder a riñonera, era imperdoable!!.
Moita nocilla teño comido a cucharadas, o tarro servía de depósito, era a tua caixa forte principal e marcaba a tua valía "tantos tarros tes tanto vales", unha cousa si era importante, non o ter o alcance dos irmáns pequenos. Tamén era de ter en conta ter máis de un, para poder clasificar, nun tarro as máis fermosas, as que xamáis endebedarías, e noutro as esnachadas, as obreras do día a día.

Dous últimos factores importantes son o terreo e o clima. Ambos están interrelacionados, o clima acababache marcando o terreo, pois os días de choiva non quedaba máis que xogar no patio,e non era por se mollar ou non, senon que a canica enlamada da moi mal xogar, resbala na unlla e non a dominas como quixeses ,polo tanto non quedaba outra que darlle no cemento, pero esto era pouco profesional, e moi pouco factible, a precisión vaise toda ó garete ademáis de che limitar as extratexias, por non ter que sinalar a necesidade dunha tiza para debuxar o campo, e como te pillaran mangando nas tizas...Asi que para unha boa partida, imprescindible sol e campo de terra.

Hai que sinalar que a tempada de canicas duraba prácticamente todo o ano, tan só se paraba durante o San Martiño, para o entregue cos trompos. E esto non se facía porque existise unha circular do xefe de estudos, esto era un consenso que xamáis se dubidaba.

E por último indicarvos o adictivo do asunto, era entrar na escola, a eso das 10.00 creo, e xa estabas pensando cando serían as 11.25 pra botarlle o primeiro enfrontamento da xornada no primeiro recreo, pois o segundo sería sin lugar a dúbidas despois de comer, sempre e cando non quedaras castigado rematando a fabada.

...TUBI CONTÍNUE

6 comentarios:

  1. Sabes qué era realmente o mellor, que eu, nunca gastei nin un peso en canicas, porque é o bo de ter dous irmáns maiores ca ti!! jje, e que sepas que debía de ser por zoas, pq en villestro non lle chamabamos bolocos, eso só en luou q sodes moi finos.......jje, aquí eran "bolons",sempre fomos máis sinxelos en villestro!!! jja
    A min encantabanme as de cristal e as chinas, pero as puñeteiras bolas de aceiro acababanme con elas.........!!!!!

    Cando botamos unha, un luou- villestro??? jajaja
    mil bikozos

    ResponderEliminar
  2. Eu nese campo tamén tuben a sorte de heredar non unha riñonera chea, si non unha bolsa da merenda feita de pana. vaia cargamento de canicas,
    E como non ía ter canicas, meus pais non quedaron tranquilos so con mandarme a escuela ao pueblo se non que por riba era de monxas, e claro un rapaz da aldea nese contexto non ten rival, o tema das canicas era monopolio meu de sito de baamonde e dos xemelgos de marrozos (nótese os xentilicios rurais)
    Eu tiña a mais temida, unha pelota de aceiro duns 25mm de diametro que me trouxera meu tio dos rodamientos dun camión, podía xogar cos ollos pechados.

    ResponderEliminar
  3. Todo un mito eso das canicas, pero ala polos meus tempos, recordo que era un xogo dos nenos, as nenas solo miraban, non lles estaba permitido xogar.

    ResponderEliminar
  4. estebo, deixasmo tremendo bolón ese??? ainda que eu tampouco che tiña riñonera pa levalas, asique mellor deixa.................jje

    sodes o demo!!
    Raquel

    ResponderEliminar
  5. Eu sempre fun máis de cambiar "hojitas"...

    MILA

    ResponderEliminar
  6. penso que ésta é a mellor actualizacion que fixeches nunca!

    ResponderEliminar