3 de septiembre de 2009

Xa choveu...e xa escampou e xa choveu de novo e voltou a escampar

Onde vai a fecha onde vai xa, corria o mes de xullo a última vez que os meus dedos armonizaron letras por este lar. A vida da xiros, uns mareante e outros non, se te marean é bo sinal, pois quere decir que segue a xirar, os preocupantes son os que frean en seco, e ainda que a miña vida non freou en seco pois digamos que xira máis amodo.

Para escomenzar unha breve actualizacion ao meu parangueiro actual, nada mellor que apoiarse na letra dos Ruxe, "fun a oficina do INEM..." pero non fun a ver si estabas ti tamén non, fun porque non me quedou outro remedio, pois a vaquiña que me daba o leite, xa non se lle pode exprimir máis, nin tan siquera os seus donos poden mamar. Podedes pensar que con esto da crise non habia con que a alimentar, pero non foi o caso...NON OH!! (algún dia retomarei esta historia)

Outra gran novidade, foi abandono do nido familiar, coma quen non quere a cousa e artimañas aparte pódese decir que estou amancipado con "e". Actualmente vivo co meu rixón nun cortelliño no Milladoiro, pero un cortelliño de noso, o cal progresivamente imos estercando ao noso gusto e condición. De momento non posuimos conexion internetil, de ahi a gran razón do abandono.

Nunha vista atrás, no pasado recente, resaltar que o Festus Agus non foi todo o sento por sento que nos quixeramos, eso si nin condicións climatolóxicas adversas nin compromisos paralelos fixeron que faltaramos aos habituais Albariño, Sella e Auga. Nunha ollada adiante, no futuro xa case "now"mismo, sinalar o bautizo da miña afillada Xiana este mesmo sábado e logo indicar un bodorrio de rigor, que por cuestión da famosa lei de protección de datos, non vou dicir que é a de Otero e Alice, despedidas e lecturas aparte. Favores por los que se anticipan gracias!!

E por último sinalar que ainda que non escribira, segue a haber cousas, accións, e demáis conxeturas que me templan os nervios, pero antes de nada teño que evadirme destes pensamentos e dos oscenos tamén, pois teño un futuro que aclarar.

9 de julio de 2009

Me rebientan



A verdade é que non sei si é a manía que lle teño eu, ou si realmente é que tódolos Audis levan as lucecillas estas encendidas.

De momento, sempre baixo a cláusula "que eu sepa", non é obrigatorio circular de día coas luces de cruce encendidas en condición meteorolóxicas favorables claro. Xa sei que os de antena 3 vos quentan a cabeza, pero facedeme caso a min, ainda non é obrigatorio.

O grande problema radica, que a xente que posee Audis están tan encantados de la vida, que queren que sepamos o resto dos automobilistas da sua semejante felicidade.
Pois ben, señores, ya sabemos que ustedes son adinerados o que sus papas lo son. E ademáis engádolle que poden circular tranquilamente sin as luces de guirnalda esas, nosotros los vemos bien y además también identificamos su marca de coche.

Non sexades pimpíns!!

24 de junio de 2009

Ainda han querer unha medalla


Empezo a pensar e....cansome.

A verdade empezo a pensar que me confundín á hora de bautizar este blog, pois en vez de narrar acerca de cousas que me gustan, case todas as entradas están adicadas a temas que me templan, que me fan buscar explicacións sin explicando. Eu xa sei que son de cacha blanda e cachola dura, pero ainda así gardo un mínimo de flexivilidade.

Como si de un sapo perante un camión se tratase, o que me rebenta hoxe a min, é o dos escaladores profesionais o tambien conocidos como alpinistas, tales como Juanito Oiarzabal y sus compinches.

Pois ben, esta xente pensan que son dioses, que os hai que adorar, adicasen tan so a subir grandes cumes, non se comforman co alto de Veitoreira non, adicanse a subir eses grandes montes que caian en todolos exames de sociais, bueno para las nuevas generaciones "conocimiento del medio". E aqui plantexanseme varias cuestións.

Non entendo de onde sacan financiación para estas expedicións, por un lado nunca oin falar dos seus postos de traballo e por outro estes montes non están á volta da esquina, ou sexa que non é o típico viaxe de premio do gadis, vamos que vale unha pasta. Outro handicap é que non nego que sexa necesaria unha boa preparación física, polo tanto aparte do tempo de viaxe tamén requirira un tempo "ocioso" para o acondicionamento muscular.

Logo está a cuestión dos méritos, Juanito de tal logrou coronar un novo K8000, moi bien, alégrome moito por Juanito, pero que é do tipo que lle levaba a equipaxe e os guiaba??, uns tal sherpa, porque digo eu que nome terán, ou van andar todo o camiño eh!! sherpa agora por onde é?? Poida ser que cando estexan chegando a cume, Juanito lle diga: eh sherpa agora espera ahi que xa sei eu onde é, e o tonto do sherpa falto de estudos non fai máis que obedecer e así chega primeiro Juanito.

O que me irrita máis que un calzoncillo almidonado é cando se perden, sofren avalanchas...e esperan que os veneremos. Vamos a ver, mandeiche eu ir alí?? que lle saca de probeito a sociedade porque estexas alí?? Ou cando por conxelación sufre a tráxica amputación dun dedo, vaia por dios!! por un lado si está conxelado xa non hai dor, e por outro total para o que os necesitabas que non peghas pao...

Pena si que é cando un albanel perde un membro ou quen lle recoñece o mérito de subir varias veses no día un andamio de 7 pisos e sin sherpa. Eses si que tiñan que ser portada e non estes Vivalavida!!

17 de junio de 2009

Somos tontos o resto??

Imaxinemos unha empresa nacional, unha empresa á que non lle vai de todo mal, que segue funcionando pero que arrastra unha debeda considerabel. Poñamos agora que esta empresa ten uns directivos ambiciosos, e deciden facer unha inversión que lles permitirá, supostamente según amosan os estudos realizados, aumentar os beneficios.

Para realizar esta inversión, a empresa non dispón de fondos propios, pois recordemos que estaba endebedada, non lle queda outra opción que acudir á financiación exterior. Poñamos que acude a un par de entidades bancarias, por exemplo, Caja Madrid e Banco Santander.

Estas entidades atenderán amablemente ao xerente, e diranlle que necesitan estudar o caso, pediranlle pois, información fiscal do ano en curso, información contable e demáis documentación. Tras a análise pertinente diranlle que o endebedamento elevado da empresa non permite a operación, nin ainda que se aporte un aval, nin ainda que o proxecto de inversión sexa o máis rentable. Non é NON.

Como se pensasemos en paxariños preñados, ilusos de nos, creeriamos que esto é normal, estamos inmersos nunha situación de crise, e ás empresas endebedadas mellor afogalas que botarlle un adibal. Pero que alegría cuando me dijiste vamos a la casa del señor....Esto non é asi para todos queridos comparecientes.

A solución pasa por chamarse Real Madrid Clube de Futbol, e querer facer unha inversión que se chame Cristiano Ronaldo e Kaká. Entón non importa a deuda de 500 millóns que acumula o equipo non, nin importa que sexa unha inversión de risco non, ahi tes as duas entidades anteriores financiando as respectivas operacións. Se a memoria non me falla falamos de 94 máis 65 millóns dos modernos euros, ou sexa unha financiación de case cento sesenta.

Pensemos friamente. Non sería máis rentable repartir esta financiacion entre 2.500 persoas?? persoas que poderian acceder a unha financiación cercana os 65.000 euros, e tendo en conta ademáis que se diversificaría o risco. Que sucedería si Cristiano ou Kaká sufrisen un accidente, un atentado...que os borrase do mapa?? Absolutamente nada, aumentariamos a débeda a 660 millóns y todos tan felices!!

Acaso non pode o goberno meter man?? Acaso non pode ir xunta Florentino e decirlle, oiga un poquito de porfavor eh!! Non, non hai un par, é máis doado cando sexa necesario botarlle unha man os bancos, ainda que os seus directivos estexan forrados e ainda que aproben operacións como a descrita...sinto anticiparvolo hoxe 17 de xuño de 2009 as 13.00 horas:

A Folga Xeral apróximase a pasos axigantados!!

11 de junio de 2009

Facelo ben??

Dende o ano cero, a nosa educación se basa no "ben", no "hai que facer o ben", os nosos pais, os oficiosos das relixions, os mestres, os ídolos telivisivos....todos todos nos inculcan a facer o ben.

É logo primordial cumplir esta misión??

O ben é o valor que se outorga a unha acción dun individuo, é unhna inclinación natural a fomenta-lo desexable, motivado por unha comprensión do entorno e das persoas con un profundo exercicio da empatía. Así un conxunto de boas accións (accións ben executadas) propugnan o bo.

Hai que facer logo sempre o bo??

POIS NON!!

Nesta vida o que se trata é de non face-lo mal, se non o fas mal, nadie te recorda, como tampouco te van a recordar por facer algo bo. Estou seguro que na cabeza de cada biandante, hai unha neurona pequeniña que se encarga de lembrar as cousas boas, e unha tremendamente inmensa que lle fai sombra lembrándose do malo.

Por exemplo, pensemos no caso dun político do signo que sexa, estou seguro que todos o recordaremos por algunha cafrada por moi pequena que fose, e seguro que sendo quen sexa algunha xestión boa habería feito.

É fácil comprender que facer todo ben é imposible, por eso a actitude que se debe adoptar é a de face-lo o menos mal posible, e canto menos mal se faga pois mellor se estará a facer.

Palabra de filósofo cativo.




8 de junio de 2009

A propósito de elexir 2.0

Hoxe nin tan siquera podemos falar de resaca electoral, hoxe tan so falamos dunha pequeniña dor de cabeza electoral, hai que ver o lastimoso que é a baixa participación nas eleccións europeas. Pero non é nada que deba extrañar.

Hai que pensar que a maioría da poboación ainda non entende nin os eiros, eúros,ouros...bueno os €uros, coma pra entender o que é o Parlamento Europeo, sendo máis estrictos nin nas eleccións estatais estamos ao tanto da actuación dos gobernantes, imos nos dar de conta do que fan pola terra das coles?? -Bruselas para os pouco avispados-, ainda que si usasemos este razonamento nas eleccions municipais o indice de participación debía andar polas nubes, pois das noticias non nos enteraremos, pero do que fixo o vesiño consejal...

O grande problema penso eu, é que a maioria da xente, non ten o concepto de Europa, a non ser claro que sexan das javiotas, que eses votan ainda que sexa pras eleccións de delegado das reunións de alcoholicos anónimos.

Sexa como sexa, o resultado foi unha victoria para a dereita, dende a parroquia de turno ata a mismisima UE, a victoria foi para eles. E aquí ben o conto, a pesar do resultado: toto dios ghana.
O PP sin duda xa se ven arrasando nas próximas eleccións que se a memoria non me falla serán as municipais, pero os do PSOE tamén están contentos, pois foi o partido de esquerdas máis votado en toda Europe, e o querido BNG, coa merda de coalición esa polo menos van tar algo máis de ano e medio metendo barullo. Así que toda Europe livin a celebration.

Eu tan só digo tres cousiñas:

- BNG: hai que avivar!!
-ZP: cando as barbas do veciño vexas rasurar...
- Marianitos, Freijoolitos, y demás PePeretas: a dereita usoa pa limpalo cu!!

1 de junio de 2009

Interné non é un milagro

Quero manifestar que interné non é tan grande como parece, a menudo se fai o chiste de "xa acabei interné duas veces, xa matei o macaco final" ao meu modo de ver so é unha ferramenta de comunicación. A xente adoita usar buscadores para atopar datos, reglamentos e contidos... pero interné non é un depósito de información. A información é un dos bens máis preciados e dificil de valorar. Si a información está en interné non sería máis que un "chisme" e si pola contra non está, indica que o valor da mesma non se cuantifica.

A base deste argumento radica na miña vagueza. Na pescuda dun proxecto para un curso non logro nada coherente, non é abrir unha porta e ahi está "beni eiqui tes o teu proxecto" non señor, o único que se atopa é publicidade e mais publicidade.

Pero si penso que é unha ferramenta imprescindible, e non me vou ir agora polo terreo dos tecnicismos nin polos de Úbeda, non. Vos inconscientes non vos dades conta, pero eu consciente explicovos. Internet é unha gran creadora/mantedora de postos de traballo.

E diredes, pois mira ti que a miña nai que ten corenta vacas lle afecta un pli, loxicamente refirome o sector maioritario dos paises desenrolados, ou sexa o sector servicios.

¿que faría un oficinista nunha xornada laboral de 40 horas?

sería dificil pensar que traballe as corenta, interné permitelle evadirse e sobre todo aparentar. Aparentar é a ferramenta imprescindibel de todo oficinista, porque si tes o periódico na mesa, vaia imaxe meu!! pero agora si estas todo concentrado mirando para a pantalla, ainda que sexa o marca, "que concentración no posto de traballo! (que nin decir ten que a orientación da pantalla é fundamental). Pero non só entra polo campo visual, o campo sonoro é fundamental, agora mesmo que estou a teclear estos palabros o teclado emite un son melódico, un son de que ocupadismo está!!

A menudo vemos tendas nas que non entra nadie en horas e horas, pero hai que ter unha persoa ahi, e que mínimo que ter un ordenador con conexión, despois xa ela se expabilará para aparentar, e esto constitue unha externalidade positiva, por un lado o traballador estará ocupado, non entrará tan fácil en depresións nin trapalladas destas e por outra o cliente verá a unha persoa ocupada detras do mostrador.

So decirlle ó señor Desiderio que "interné non é un milagro do noso señor"... OU SI.