11 de junio de 2009

Facelo ben??

Dende o ano cero, a nosa educación se basa no "ben", no "hai que facer o ben", os nosos pais, os oficiosos das relixions, os mestres, os ídolos telivisivos....todos todos nos inculcan a facer o ben.

É logo primordial cumplir esta misión??

O ben é o valor que se outorga a unha acción dun individuo, é unhna inclinación natural a fomenta-lo desexable, motivado por unha comprensión do entorno e das persoas con un profundo exercicio da empatía. Así un conxunto de boas accións (accións ben executadas) propugnan o bo.

Hai que facer logo sempre o bo??

POIS NON!!

Nesta vida o que se trata é de non face-lo mal, se non o fas mal, nadie te recorda, como tampouco te van a recordar por facer algo bo. Estou seguro que na cabeza de cada biandante, hai unha neurona pequeniña que se encarga de lembrar as cousas boas, e unha tremendamente inmensa que lle fai sombra lembrándose do malo.

Por exemplo, pensemos no caso dun político do signo que sexa, estou seguro que todos o recordaremos por algunha cafrada por moi pequena que fose, e seguro que sendo quen sexa algunha xestión boa habería feito.

É fácil comprender que facer todo ben é imposible, por eso a actitude que se debe adoptar é a de face-lo o menos mal posible, e canto menos mal se faga pois mellor se estará a facer.

Palabra de filósofo cativo.




2 comentarios:

  1. Bo? malo?que dificil, non? en tal caso o que a maioria entende por bo ou por malo........e é un tema moi complexo, sobre todo porque cada un ten a súa maneira de interpretar e de ver as cousas, e xa non falo de cousas valorables obxetivamente ou comparativamente, senon que falo desas accións, palabras, pensamentos, esas cousas non tanxibles, que só se poden valorar subxectivamnte, quén é alguén para poder valorar iso? quén ten as narices de dicir se é bo ou é malo, se está ben feito ou mal feito, se sería mellor desta maneira ou daquela outra??? non creo que haxa cousas ben ou mal feitas, senon que serán acordes ou non co resultado que un mesmo quería ou esperaba, e en relación os demáis, serán boas ou malas en función do que elas esperaban, eso sí, eu entendo que é algo q sae de cada un, asique xamáis será obxetivable!!


    PD.non eres un filósofo cativo, pero sí humilde, :p!!

    mil bikzos

    raquel

    ResponderEliminar
  2. Tou dacordo, Por moi bo que sexas se fas algo mal xa vas ter que cargar con eso para sempre...
    Por exemplo si vas o parking do carrefour e matas a 15 personas, vas ter que cargar con eso toda a vida. Vale, matei a 15 personas pero a nadie lle acorda que me levantaba tódolos días as 7 da mañá para ir á traballar honradamente, e despois ía a recoller ós nenos á escuela... sempre imos ó detallito.

    ResponderEliminar