17 de junio de 2009

Somos tontos o resto??

Imaxinemos unha empresa nacional, unha empresa á que non lle vai de todo mal, que segue funcionando pero que arrastra unha debeda considerabel. Poñamos agora que esta empresa ten uns directivos ambiciosos, e deciden facer unha inversión que lles permitirá, supostamente según amosan os estudos realizados, aumentar os beneficios.

Para realizar esta inversión, a empresa non dispón de fondos propios, pois recordemos que estaba endebedada, non lle queda outra opción que acudir á financiación exterior. Poñamos que acude a un par de entidades bancarias, por exemplo, Caja Madrid e Banco Santander.

Estas entidades atenderán amablemente ao xerente, e diranlle que necesitan estudar o caso, pediranlle pois, información fiscal do ano en curso, información contable e demáis documentación. Tras a análise pertinente diranlle que o endebedamento elevado da empresa non permite a operación, nin ainda que se aporte un aval, nin ainda que o proxecto de inversión sexa o máis rentable. Non é NON.

Como se pensasemos en paxariños preñados, ilusos de nos, creeriamos que esto é normal, estamos inmersos nunha situación de crise, e ás empresas endebedadas mellor afogalas que botarlle un adibal. Pero que alegría cuando me dijiste vamos a la casa del señor....Esto non é asi para todos queridos comparecientes.

A solución pasa por chamarse Real Madrid Clube de Futbol, e querer facer unha inversión que se chame Cristiano Ronaldo e Kaká. Entón non importa a deuda de 500 millóns que acumula o equipo non, nin importa que sexa unha inversión de risco non, ahi tes as duas entidades anteriores financiando as respectivas operacións. Se a memoria non me falla falamos de 94 máis 65 millóns dos modernos euros, ou sexa unha financiación de case cento sesenta.

Pensemos friamente. Non sería máis rentable repartir esta financiacion entre 2.500 persoas?? persoas que poderian acceder a unha financiación cercana os 65.000 euros, e tendo en conta ademáis que se diversificaría o risco. Que sucedería si Cristiano ou Kaká sufrisen un accidente, un atentado...que os borrase do mapa?? Absolutamente nada, aumentariamos a débeda a 660 millóns y todos tan felices!!

Acaso non pode o goberno meter man?? Acaso non pode ir xunta Florentino e decirlle, oiga un poquito de porfavor eh!! Non, non hai un par, é máis doado cando sexa necesario botarlle unha man os bancos, ainda que os seus directivos estexan forrados e ainda que aproben operacións como a descrita...sinto anticiparvolo hoxe 17 de xuño de 2009 as 13.00 horas:

A Folga Xeral apróximase a pasos axigantados!!

4 comentarios:

  1. Q sepas q me robaste la entrada de mi blog! Pensaba escribir sobre lo mismo y diciendo exactamente lo mismo! Q fuerte me parece q Caja Madrid conceda un préstamo al Real Madrid para fichar a Cristiano Ronaldo cuando gigantes empresariales están quebrando por falta de financiación!!!! No sé cómo no les da vergüenza!!! En fin...
    Bego.

    ResponderEliminar
  2. pois eu tamén estou máis que deacordo cos dous, igual por eso sodes o meu mozo e unha das miñas mellores amigas, jje!! ;P
    Páreceme super triste que xente coma nós, que intentamos buscarnos a vida da maneira máis honrada posible e teñamos que roelas uñas ata que nos aseguren si nos van dar unha hipoteca para poder comprar un pisiño pa poder vivir tranquilamente, e despois fagamos números ata descubrir como sumar más alá do infinito, e q despois un día lees o xornal o ves o telediario e un ve semexantes aberracións, increible pero certo, e canto nos queda por aguantar!!!!
    raquel

    ResponderEliminar
  3. coincido o 100% con todos vos.
    A eso téñolle que añadir que no soporto a C ronaldo.

    ResponderEliminar
  4. por certo, só añadir, q deberían traer ó presi do R.M. e a eses directores de banco!!!! a xunto dos gandeiros e agricultores q se están a manifestar en stgo estes días, seguramente lle explicasen o tema rápidamente!!!
    raquel

    ResponderEliminar