3 de septiembre de 2009

Xa choveu...e xa escampou e xa choveu de novo e voltou a escampar

Onde vai a fecha onde vai xa, corria o mes de xullo a última vez que os meus dedos armonizaron letras por este lar. A vida da xiros, uns mareante e outros non, se te marean é bo sinal, pois quere decir que segue a xirar, os preocupantes son os que frean en seco, e ainda que a miña vida non freou en seco pois digamos que xira máis amodo.

Para escomenzar unha breve actualizacion ao meu parangueiro actual, nada mellor que apoiarse na letra dos Ruxe, "fun a oficina do INEM..." pero non fun a ver si estabas ti tamén non, fun porque non me quedou outro remedio, pois a vaquiña que me daba o leite, xa non se lle pode exprimir máis, nin tan siquera os seus donos poden mamar. Podedes pensar que con esto da crise non habia con que a alimentar, pero non foi o caso...NON OH!! (algún dia retomarei esta historia)

Outra gran novidade, foi abandono do nido familiar, coma quen non quere a cousa e artimañas aparte pódese decir que estou amancipado con "e". Actualmente vivo co meu rixón nun cortelliño no Milladoiro, pero un cortelliño de noso, o cal progresivamente imos estercando ao noso gusto e condición. De momento non posuimos conexion internetil, de ahi a gran razón do abandono.

Nunha vista atrás, no pasado recente, resaltar que o Festus Agus non foi todo o sento por sento que nos quixeramos, eso si nin condicións climatolóxicas adversas nin compromisos paralelos fixeron que faltaramos aos habituais Albariño, Sella e Auga. Nunha ollada adiante, no futuro xa case "now"mismo, sinalar o bautizo da miña afillada Xiana este mesmo sábado e logo indicar un bodorrio de rigor, que por cuestión da famosa lei de protección de datos, non vou dicir que é a de Otero e Alice, despedidas e lecturas aparte. Favores por los que se anticipan gracias!!

E por último sinalar que ainda que non escribira, segue a haber cousas, accións, e demáis conxeturas que me templan os nervios, pero antes de nada teño que evadirme destes pensamentos e dos oscenos tamén, pois teño un futuro que aclarar.

1 comentario:

  1. o mellor de todo sen dúbida foi o da emancipación bilateral, o das artimañas xa o falaremos en privado, jajajajaja!!!!!!! mil bikzos guapo

    ResponderEliminar