1 de junio de 2009

Interné non é un milagro

Quero manifestar que interné non é tan grande como parece, a menudo se fai o chiste de "xa acabei interné duas veces, xa matei o macaco final" ao meu modo de ver so é unha ferramenta de comunicación. A xente adoita usar buscadores para atopar datos, reglamentos e contidos... pero interné non é un depósito de información. A información é un dos bens máis preciados e dificil de valorar. Si a información está en interné non sería máis que un "chisme" e si pola contra non está, indica que o valor da mesma non se cuantifica.

A base deste argumento radica na miña vagueza. Na pescuda dun proxecto para un curso non logro nada coherente, non é abrir unha porta e ahi está "beni eiqui tes o teu proxecto" non señor, o único que se atopa é publicidade e mais publicidade.

Pero si penso que é unha ferramenta imprescindible, e non me vou ir agora polo terreo dos tecnicismos nin polos de Úbeda, non. Vos inconscientes non vos dades conta, pero eu consciente explicovos. Internet é unha gran creadora/mantedora de postos de traballo.

E diredes, pois mira ti que a miña nai que ten corenta vacas lle afecta un pli, loxicamente refirome o sector maioritario dos paises desenrolados, ou sexa o sector servicios.

¿que faría un oficinista nunha xornada laboral de 40 horas?

sería dificil pensar que traballe as corenta, interné permitelle evadirse e sobre todo aparentar. Aparentar é a ferramenta imprescindibel de todo oficinista, porque si tes o periódico na mesa, vaia imaxe meu!! pero agora si estas todo concentrado mirando para a pantalla, ainda que sexa o marca, "que concentración no posto de traballo! (que nin decir ten que a orientación da pantalla é fundamental). Pero non só entra polo campo visual, o campo sonoro é fundamental, agora mesmo que estou a teclear estos palabros o teclado emite un son melódico, un son de que ocupadismo está!!

A menudo vemos tendas nas que non entra nadie en horas e horas, pero hai que ter unha persoa ahi, e que mínimo que ter un ordenador con conexión, despois xa ela se expabilará para aparentar, e esto constitue unha externalidade positiva, por un lado o traballador estará ocupado, non entrará tan fácil en depresións nin trapalladas destas e por outra o cliente verá a unha persoa ocupada detras do mostrador.

So decirlle ó señor Desiderio que "interné non é un milagro do noso señor"... OU SI.

2 comentarios:

  1. canta razón tes!! eu vou recurrir o "estatuto marco", para que integren internet dentro dos centros de saúde, pq cd non teño pacientes páraseme o tempo!!jje, porque o de intranet é un coñazo, a páxina do sergas eu xa a rematei, non duas, senón mil veces, xa case me sei as listas de sustitución dos da lavandería e cociña!! jajaja

    en serio, creo q é unha maneira de poder comnicarnos imprescindible nesta era de "andar a mil", e sobre todo unha via de escape cd o traballo che está amargando a vida, e comer temos q comer todos, asiq polo menos levalo ben!!

    bikzos, raquel!!!

    ResponderEliminar
  2. Internét é o que nos fai xóvenes.

    Somos a última xeración que que nos lembramos da carta de axuste e do monopolio da tve. Xogamos cas últimas bicicletas de cross que se fabricaron e fixemos as últimas cabañas reglamentarias distribuidas polo monte. escoitabamos música nos últimos cassetes e vinilos e lembramos que as botellas de cocacola e kas tiñan no cu un plastico negro. vivimos parte da infancia sin teléfono fixo e por suposto sabemos o que é ter que levantarse para cambiar a canle da tele por non existir o mando. non viaxamos en sillitas no coche e incluso ás veces íbamos no colo do noso pai conducindo sin que ninguen te multara.
    Sin embargo, non podemos decir que inxenabamos a maneira de pasar horas no traballo sin internet, tamén menos mal porque terse que levantar a cambiar a canle para poñer as mamachicho vale, pero ter que matar as horas mortas do traballo xogando o buscaminas....ten moito mérito.

    ResponderEliminar