22 de abril de 2009

Non o entenderei

Hai unha cousa que non logro comprender, e seguro que ainda que mo expliquen sei que non me van convencer, asi que os que me coñecedes xa podedes aforrar o choio.

A cuestión en cuestión, é ¿por que o aseo de minusválidos a cotio coincide co de cabaleiros?

As vias de razonamento que se me ocorren a min para tentar darme unha explicación que me autoconvenza son as conseguintes

Dende o punto de vista da hixiene: cabe pensar que os minusválidos non deberan usar o servicio das señoras, pois a topicidade -e en casos dou fe- de que os homes emporcan máis que as mulleres ten o seu peso, e ainda que non sei da dificultade que tal labor implica para un discapacitado físico, pois cabe pensar que é lóxico. Pero que ten de lóxico que unha minusválida vaia facer as suas necesidades ó de cabaleiros?? ahí si que o razonamento hixiénico perde a consistencia. Pois ainda que en moitos casos coexisten inodoros adaptados e non adaptados, a ningún varón se lle impide o uso do adaptado.

Dende o punto de vista sexual: aquí si que a lóxica non axuda nadiña, pois ainda que sexa de enfermos pensar esto, existen moitas menos posibilidades de que un minusválido cometa unha violación que de que unha minusvalida sufra o abuso. Polo tanto dende este punto de vista debería ser adaptado o servicio de señoras.

E por último ocorreseme no dificil de diseñar dous símbolos que distingan servicios de minusválidos de señoras e señores, pois o tema sombreiro non axuda, e o tema falda xa non digamos.

O que non sei, e recoñezo que tampouco o investiguei, é que di a lexislación de turismo e/ou sanidade ao respecto, penso que a solución pasaría por ter ambos servicios adaptados.

O anecdótico deste caso, son aqueles establecementos onde si teñen un servicio adaptado pero en donde os discapacitados en vez de ter silla de rodas, deberían usar unha moto de trial para poder sortear os tres ou catro escalóns da entrada.

E antes de nada, co meu máis jrande corasón, espero non haber ofendido!!

5 comentarios:

  1. jajaja!!
    esto é digno de estudio, seguro que todas as mozas que lean este blog, estarán deacordo comigo, de que non é como tí dis, senon que pensan que é máis frecuente que coincida o aseo de minusválidos co das mulleres, e polas razóns que tí alegas que debería estar co das mulleres eu ratifico o que digo aquí!!!!
    é curioso que homes e mulleres pensemos o mesmo!!! debe ser o único no que coincidamos, ainda q sexa en posturas opostas!!!

    mil bikzos guapisimo

    raquel

    ResponderEliminar
  2. JAJAJA, ESTABA A PIQUES DE ESCRIBIR O MESMIÑO QUE PUXO RAQUEL. AGORA SI QUE É CURIOSO O TEMA: POLO MENOS UN HOME E DÚAS MULLERES PENSAN O MESMO... EMPECEMOS A PREOCUPARNOS SEÑORES...

    MILA

    ResponderEliminar
  3. Na normativa non di si o aseo adaptado ten que ser no de mulleres ou no de homes. di que hay que deixar un circulo de xiro libre para a silla de rodas de diametro igual ou superior a 1.50m a parte deixar 80cm libres o lado do inodoro para que poidan aparcar a silla. En caso de que haxa algún desnivel con respeto o local ou á rúa este haino que salvar con rampas que non superen os 12º de pendiente no mellor dos casos, e ten que estar sinalado co simbolo internacional de accesibilidade nunha placa de 0.10 x 0.10 a unha altura de 1.20 do chan. Eso é o básico sin entrar en detalles do equipamento sanitario que precisan.

    Como profesional que opino? pois moi sinxelo, eu sempre situo os aseos de minusválidos nos de señoritas, por que? non queredes aseos grandes? pois pa vos....jajaja

    Falando ó caso, e máis doado situar os aseos de minusválidos no mesmo que os homes xa que o normal nos aseos de rapazas e poñerlle a poder ser 2 retretes separados polo seus tabiques co cal necesitariamos moitos metros para cumplir a normativa, en cambio no de chicos cunha taza e dous mexadoiros (uno a la par del otro)solucionase polo que é mais doado arañar unhs centimetros.

    Cando os locales son pequenos e as rapazas solo se lle pon un retrete pois faise ahi o de minusvalía pa que lle quede o aseo máis grande e si non que foran de unha en unha mexar.

    Pero básicamente depende das posibilidades que che dea o local!

    ResponderEliminar
  4. Ahi está a palabra do experto. BEN FALADO!!

    ResponderEliminar
  5. inda non sei como puxexes moitas cousas aqui.. ( ao xeito de: no penses pono aquí, acordoulle a beni as ... ) q esta xenial... a verdade abrinme algo dist0 p0rque me parece mais discret0 e pers0nal q 0 f0t0l0g e p0rque eso xa esta un pouco pasad0!jaj! wen0 p0is que se n0n n0s vem0s na rua xa sabem0s p0r eiqi!!xDD bik0S!

    e si.... xa sei c0m0 xe ghustan a ti. xD

    ResponderEliminar