16 de abril de 2009

Cine: arte ou negocio?

Pensabades que vos ia quitar desta dúbida, pois non, non o sei. O caso é que ser director non é tan complexo, tan só fai falla ter claros os esquemas básicos e pouco máis, quizás algo de cartos, pero o importante son os esquemas básicos.

Para axudarvos un pouquiño, vouvos por algúns destes esquemas:

Película de acción:

Elixe un persoaxe, ou moi peludo ou moi pelado, a poder ser cicatrizado, que se noten ainda os restos da "mecromina" contextualizado nun retorno o fogar onde o amigo de infancia se convirteu en malo por andar ca drogha, ata puxo pendentes e todo, eso si, papouse a tia máis cachonda do instituto, currate ti un motivo de venganza, e veña tiros e estacazos por todolos lados.

Película de terror:

Elixe un personaxe aparentemente normal, pero con graves problemas de infancia, p.ex. comía merda de ovella pensando que eran conguitos, podes elexir que haxa sangue ou non, si exclues a sangue mételle ghomito bastante. Gasta máis ben pouco en iluminación e busca persoaxes secundarios deficientes, dos que corren coma ghaliñas sin pescozo. O resto xa ven solo.

Película de amor:

Sempre son de amor imposible, podes elexir os tandems que queiras, rico e pobre, gordo e moi gordo, feo e feismo, sano e enfermo...a poder ser exixiriavos heterosexualidade, deixadevos de vaqueros os que lle prestan os tiros pola culata. Canto máis frida se faga máis bonita.

Película de humor:

Un par de pinflois de instituto que se pasen o día fumando marihuana, organizadelle unha boa festa a poder ser na casa dos pais dun , que en principio van de viaxe pero que ben se sabe que van vir antes de tempo. Que haxa unhas cuantas individuas desbocadas e pouco máis.

Película pornográfica:

Máis importante que nunca a heterosexualidade ou como moito homosexualidade de duas pernas, calquera historia de fondo é válida o importante e ter a calefación a tope, unha boa estufa da que da calor e igualmente se enchufa.

Película do sábado a tarde en Antenar 3.

Búscate un personaxe que teña algún problema grave de saude, deficiente, cego, minusválido...da igual todo o que inventes ó redor, o importante é que ó final do film sexa un coquito, que vexa ou que corra máis que Usain Bolt.

Éxito asegurado colegas!!

3 comentarios:

  1. Esta claro que el cine es un negocio y hacen películas con afan recaudatorio y lo de menos es la película, por ejemplo ... poner a Angelina Jolie de Lara Croft, es eso arte? A mi que me lo expliquen...
    Por cierto a las películas de tarde de la tele la llamo "bodorrios"

    Y.

    ResponderEliminar
  2. Arte é unha palabra perigosa, xa que ten tantos significados como personas hai no mundo. Eu considero que no cine si que hai arte, pero esa arte queda nas cabezas nos papeis e nos ordenadores de uns poucos que siguen esperando que algun señor Sin puta idea de cine lla financie, eso si, previa adaptación a un dos esquemas básicos arriba espostos e moi ben resumidos por cierto.

    ResponderEliminar
  3. falta o meu xénero, os dramóns!!! dedicalle unha entrada enteira, que ten moito q contar!!!!!!! jje

    mil bikzos guapo

    Raquel

    ResponderEliminar