13 de abril de 2009

Faltan adverbios

Se a memoria non me falla, eran varias as clases de adverbios, e había unha cantidade deles considerable. Sen embargo, profundizando mesmamente nos de cantidade, observo a falta de algún.

Partamos da base fundamental nesta clase, o adverbio moito, o cal se mirasemos o que nos conta o diccionario da real academia galega, este ha de por:

"expresa gran cantidade ou grao elevado de algo e pode intensifica-lo significado dun adxectivo ou adverbio"

Podemos fácilmente comprender que ter moito de algo é case o máximo, pero onde está o límite?? pódese superar este adverbio??

Está claro que superlativizando, obtemos o "moitismo" ou según que falante "moitirmo", e aquí si que xa case case estamos no límite. Pero permitaseme ir máis aló.
Dende moi pequenos nos ensinaron, ou entoxaron en ensinar que Dios era o máximo, entón estaremos dacordo que "moito de Dios" é un gran adverbio e "moitismo de Dios" xa non digamos.

Pero eu cabilo, e dei na conta que hai un adverbio que os supera, sería o palabro "mojollón", porque podes ter moito dunha cousa, ou moitismo, pero se tes mojollón,tes tanto tantismo que xa non o sabes nin ti, xa deixa de interesarche poder ter máis, estás o máis cerca posíble do límite, ainda que o límite coma sempre sexa inimaxinable.

Por eso gostaríame emprender unha campaña a favor deste adverbio, eso sí; endexamáis usedes un mojollón en vano!!

3 comentarios:

  1. -palabra de beni!
    -alabamoste señor!! AMÉN, jje!!!

    " prometo non utiliza a palabra mojollón en vano "

    mojollón de bikzossss

    Raquel

    ResponderEliminar
  2. Pues yo estoy "mojollon" de triste.

    Y.

    ResponderEliminar
  3. mojollón de dios. Esta non é unha espresión habitual pero de selo superaría a calquera das anteriores, o que está claro e que mojollón añadelle un valor esaxerado a calquer palabra que se lle arrime.

    a min a la par que fromthe tamén me justa máis moito de dios.

    ResponderEliminar