12 de mayo de 2009

Advertence

Normalmente as malas costumes causan problemas, e ainda que hai malas costumes que reportan beneficios non vou falar delas pois hoxe vouvos por en advertencia sobre unha práctica comúnmente moi usada que pode acarrear graves perxuizos.

Tou seguro que a maioría dos conductores aqui presentes habitualmente realizan o mesmo traxecto en carro, e tou ben seguro que de se atopar coas farolas verde-vermellas a maioría teñen memorizada a sua sincronización.

Error tras error!! o funcionamento non ten porque ser sempre igual, sen ir máis lexos o cruce de Romero Donallo con Avda. Vilagarcia, Avda. de Ferrol e Fray Rosendo Salvado trocou a sua sincronización. Si antes abría o dos peóns case ó unísono que Fray Rosendo, pois agora xa non é así. Tou seguro que algún piloto e algún viandante puideron levar un bo susto.

E oxalá todo o mal quedase nun susto, porque gustaríame ver a que armaron os conductores dos autobuses de Calo o primeiro día do cambio, eran moito de sair como balas cando ainda o vermello non perdera a luminosidade, ainda me extraña ben que non houbese ningún siniestro "parcial".

So vos quero advertir, que o beneficio son uns segundos e o perxuizo pode ser máis grave do que poidamos pensar.Usemos o cabaso para algo máis que para levar croques!!

3 comentarios:

  1. moitas grazas pola advertencia!!! jeje, eu diría algo máis!!! q me poñen dos nervios os que baixan romero Donallo en direccion galuresa polo carril da esquerda: que os que facemos caravana no lado dereito non é pq seamos tontos, senon pq o carril da esquerda no fondo ta cortado, e q sepades que eu non vos vou colar, e que non me reparo pitarlle ó de diante se vos cola!!! porque son moi listiños os que van con todo o morro do mundo por ese carril, e ala desp a dar pena pa que vos deixen pasar!!! pois non!!! que sí, manuel, xa sei que non hai señal q o prohiba, pero está a conciencia cívica por riba de calquer señal de tráfico!!! he dicho!!!

    bikzos

    raquel

    ResponderEliminar
  2. Estoy completamente de acuerdo con Raquel. Si todos hicieramos como los del carril de la izquierda la caravana estaría en la izquierda. Y no tiene nada q ver q yo hoy tuviera un pequeño despiste, fuese por el carril de la izquierda y después intenté dar pena para que me dejaran pasar... jajajaja. Te prometo Ra q casi siempre voy por el de la derecha, q yo soy muy cívica!!!!

    B.

    ResponderEliminar
  3. Eu adoito ter os semáforos mecanizados e aplicarlle unha salida de fórmula 1, non no sentido de velocidade si non de sincronización co semaforo polo que gracias pola advertencia xa que algún peón correría perigo.

    Con respeto ó tema de debate aberto. Vamos a ver... si solo se fora pola dereita a donde chegaría a carabana? si hai dous carriles e un deles ta cortado ó final pois é para usar hasta donde non estea cortado. he dicho!

    ResponderEliminar