7 de mayo de 2009

Jambas, jambiñas e jambóns

Se atendemos ao título podiamos moi ben pensar que estamos na plaza de Santiago, coñecida por Abastos mentres non lle cambien o nome polo de "Mari Carmen da peixeira", pois se me descoido a mitade e algo máis dos postos deben ser dela.Pero neste caso, por similitude jejeística que poida existir non se trata de negociar marisco non, senon que me refiro a trapallada movilística, ao negocio de enviar material sofisticado a través de esemeses (sms).

Concretamente Jamba -a partir de agora faremos o esforzo de leelo como "llamba"- ten unha tecnoloxia puntera, non me quixera equivocar falando do seu "localizador" co que se pode saber en todo momento onde se atopa a tua parella, impresionante!! que atrasados están no CSI. O que si deberia ser imprescindible é o scaner de raios X, pensandoo ben xa debería vir de serie nos móviles, porque que tes un golpe xa sabes no momento si tes algo roto, canto menos choio habría en urxencias, ou imaxinemos que tes un ligue, rapidamente lle pasas o scaner a ver si ten próteses, joder que de ventaxas!! alguen sabe o número o que hai que mandar o sms??

Tamén me impresionan os do Club Zed, joder eses si que son baratos, e que de cousas che dan, ademáis os chicos dos anuncios son impresionantes, que sabiduría atesoran, me dejan tetraplégico. Mamá yo quiero ser del Club.

Realmente pareceme impresionante a cantidade de mariconadas de estas que hai, como poden sair tan rentables?

O único que se me ocorre e que cada unha sexa dunha casa telivisiva, porque raras veces saen nas outras cadeas, por exemplo, Jamba sae na sexta case sempre, e ademáis quero pensar que calquera destas entidades non consegue tantos beneficios como para lograr manter anuncios en horas punta nas principais cadeas, porque non che salen en Correo TV non, eles a lo grande.
O que sí seria desexable seria por os anuncios a horas indiscretas, pois tendo en conta que os rapaces hoxe en día enganchanse antes ó movil que ó chupete, claramente constituen o cliente primordial, menuda estafa para os pais.

Eu teñoo clarísimo, vou montar un chiringuito destes e logo si queres "arrastraches o cu polas pallas" no teu movil manda "escosor" al 7-700 porque sete setesentas, vaiche escoser moito máis.

2 comentarios:

  1. Los mejores son esos que mandas tu horoscopo y el de tu pareja y te dice que porcentaje de compatibilidad que teneís.........

    Vamos qué se tiene el mismo éxito independiente de las personas, lo importante es que mes del año se nace!!!
    Y todo esto por el módico precio de 1,30 + IVA cada sms.

    Y.

    ResponderEliminar
  2. Véxote a ti moi puesto no tema, eu quédome no movilisto, non conocia a jamba e familia.

    Eu o mellor que vin foi o envía embarazo al 5555 y te diremos cuando estaras embarazada y el sexo del churumbel. Sería do género tonto jastar en condóns podendo por 1.50€ despreocuparte hasta la fecha oportura non? pa que digan que son un timo....

    ResponderEliminar