5 de mayo de 2009

Mi aventura en un sigüi

Técnicamente coñecese como Segway Personal Transporter, é un vehículo de transporte lixeiro xiroscópico eléctrico de duas rodas, con autobalanceo controlado por un ordenador.
Realmente é un cacharro con duas rodas e un manillar no que vas de pé e se move pola inclinación do teu corpo. Vexamos unha ilustración:


Pois grazas o programa da Xunta coñecido como Primaveira Activa tibemos ocasión de probalo por parte do camiño xubileico.

A experiencia foi tal que así:

Logo de que "Xoaquín" o monitore jefe de tal programa nos explicara o funcionamento, e nos contara que tan so alcanza unha velocidade máxima de 20 km/h dependendo dos modelos, e que puxera de manifesto que tan so coñecia unha persoa que caera de tal invento e que fora unha vez a base de esforzo, pideu un voluntario.

Alá vai o Beni, monta no tranganillo cas cachas apretadas e pernas temblorosas, e Xoaquin pegalle uns sarandeos e Beni ve que é difícil caer, toma confianza. Unha vez collida soltura atrévese a pasar por un estreito e claro o mundo non e tan ancho, o sigüi montou por outro e o inclinarse hacia adiante eso turra e turra e...velaí tes Xoaquin: o segundo en caer.
Pero a cousa non acaba ahi, porque logo dunha camiñata tocoulle o meu grupo retomar os vehiculillos en cuestión. Por unha pista estilo parcelaria, ancha e chea de pedras e area puidemos mil diabluras, ata que veu a curva de "tirarlle" e claro esto zorrea e de novo pe o chan para salvar a segunda bicada. O final do entretido traxecto unha zoa de asfalto con arenilla, e como xa sabemos que o home é o unico animal que... pois veña a arriscarlle, e tras curva para un lado e curva para o outro , a arenilla fixo a sua labor de material deslizante e pamba!! e ainda por riba apagouse.

Moi amablemente, Alex o conductor de autobús axudoume a encendelo, e seica non funciona se non detecta o peso encima, monto e inclinome con ansia para arrancar e a miña sorpresa que o cacharrito estaba apagado, ainda bueno que botei as mans, pois senon tiña os incisivos espetados no asfalto cebreirense!! Un millónseisentas Alex.

Ainda así, recoméndovos facerlle a proba, seica os alugan na cruña, nas inmediacions da herules`s tower. Lástima que valen un pastón senon xa tiña un no cuberto.

2 comentarios:

  1. eu atropeleime a mín mesma, aplastei un xemelgo!!! ains!!!
    pero a aventura con eso está asegurada, nada de puenting, nin rafting................arriba ese sigÜi!!! e senon preguntadelle a rafa!!! jajaja

    mil bikzos

    raquel

    ResponderEliminar
  2. Eu que non caera non quere decir que non lle tensara nin as buscara... porque vaia cruzadas lle armei polas pistas da parcelaria, incluso me atrevín con algun desnivel mais que perigoso que descubrín a carón dunha fonte de pedra. Pero mentras eu a berros te invitaba a que probaras esa baixada pena de que me oise antes raquel que ti e me mandou tar calado, seica ti xa tuberas bastante jaja.
    Non estubo mal, non!

    ResponderEliminar