11 de marzo de 2009

A alguén se lle fixo o mundo estreito

Cando as cousas non van todo o ben que quixeras, pois tranquilo que non han mellorar, fixo fixo que empeoran.

Onte sin ir máis lexos, despois dunha nova desapetecible xornada laboral, a cousa non acabaría ahi, nada máis chegar a casa dinme conta que un individuo (nótese que non entro en valoracións de xénero) decoroume a aleta esquerda dianteira do 207 ó seu gusto, e ainda porriba non deixou nin nome nin número de teléfono, cánto fillo de puta hai polo mundo adiante!!

Comencei eu a facer cábalas, se fose no parking as cámaras de seguridade haberían de revelarme a identidade, pero dinme conta de que a posición na que estacionei non facía factibel o encontronazo.

O seguinte sitio ó que acudin foi a peluquería de Javier, en Cacheiras, e alí lembrome que o coche que tiña aparcado cando me apeei do 207 era o mesmo que estaba cando volvín montar, polo tanto decartado.

E descartando chego a última posibilidade, en Vidán. Ali tiña o coche estacionado previo a entrada dunha rua peatonal, o que estacionou post vado, arrimou para non ter que faceres maniobras, co que co seu lateral dereito, barreu a aleta do meu, consecuentemente, buscase un coche, coido q de cor blanca ou negra (polos restos da miña aleta, pode ser plastico ou pintura) cun golpe no lado dereito, que cun pouco de sorte terá pintura vermella.

O procedemento é o seguinte, hoxe, antes de lavalo meu e ver a magnitude da desgraza, sacarei unhas fotos, si atopo o mencionado vehiculo tamén lle sacarei unhas fotos, e logo de chamarlle fillo de puta, logo de respirar, e volverlle chamar fillo de puta, respirar un pouquiño máis fondo, tentar arranxar cun parte amistoso, e senón valorarei as posibilidades de denuncia.

Solicito a vosa colaboura!!

2 comentarios:

  1. eu estarei atenta a ver quen aparca por aqui con esas condicións que acabas de describir!!!
    a ver se o atopamos!!!!

    animo guapisimo!!!!

    ResponderEliminar
  2. eso ven sendo o que vulgarmente se conoce como ter tos e rascar os juevos!!

    De todos modos, estarei alerta, conste en acta que o meu coche a pesares de ser escuro e ter o lateral dereito tocado non ten nada que ver con tal suceso. Non é momento de contarvos a miña isthoria porque me enciendo!!!

    Facendo unha análise da tua parrafada precedente a este comentario pódese observar un dato curioso a la par que llamativo, sin descuidar su derroche económico e é que deches máis volta que dios!!!!. de santiago a cacheiras de cacheiras a vidán e de vidán a caxade. polo que a única conclusión clara que saco de todo é que o de vidán era un asunto de extrema importancia. ;)

    ResponderEliminar