13 de marzo de 2009

En ocasións vexo mortos

E sobretodo sobretodo nos velatorios.

Que cultura máis extrana, dende a miña ingnorancia quero recoñecer que tan solo acudin a velatorios cristiáns, descoñezo totalmente a despedida os difuntos ateos ou creentes doutra relixión.

Sempre me chamou a atención a típica escena das peliculas americanas, na que tras o enterro se reune de novo a xente na casa do difunto e lle saquean a nevera, que non sei eu porque aquí non se fai, bueno, igual gran parte de culpa a teñen as funerarias, porque por levar ó pasaxeiro máis tranquilo do mundo a unha parada sen retorno pois o que se di barato barato non é...

É curioso o feito da eterna dúbida, velar na casa ou no tanatorio, sempre hai alguén sexa verdade ou non que di "sempre quixo que se velara na casa", e realmente importa moito esto?? que pasa se non se cumple?? non haberá mellor que valorar o benestar dos que ainda quedan, non será mellor sopesar costes e beneficios e ver o que realmente compensa ??

En calquera destes eventos un pode verse desgraciadamente dun ou outro bando, sempre supoñendo que o papel do actor principal queda reservado para outro, pois ben, polo bando dos sufridores, os que sofren a perda dese familiar ou acheghado, é jodido aguantar a presión, recibir pésames de xente que nin sequera coñeces, e non é eso o peor, porque a outra moita xente que non coñeces sempre ten algún comentario inoportuno que faceres, que mellor lles ia tar caghando.
Polo bando dos sufridos, os dadores de pésames, é unha situación desagradable, pero que non sei porque extraña razón, está ben visto que vaias alí contravontade, a menudo tan so coñecendo un integrante desa familia que padese, e claro e se o resto te coñece por ser o fillo de Lola a Necha ou virjen santísma, e non lles das o pésame pois xa quedas coma o carallo. Eu penso, que nestas situacións, o máis jodido é sen dúbida establecer o límite nos comentarios, ata que nota de humor podes chegar??, dende logo complexo, sempre hai que andar con ollo con comentarios do estilo "sempre foi unha persona moi fria"..."mira que era caladiño"..."sempre andaba teso coma un jarabullo"...e moitas outras cousas...
O que si é curioso, é que estando de sufrido sempre sempre vai haber alguen que che ven aplicar un "acompañote nos sentimentos, que eras neto do difunto??" e ti medio jripado, medio aturdido aplicaslle un "non eu non lle son nada, élle este rapas que está aqui ao meu lado"...pero eles nin se che inmutan , véselle que teñen tablas, que teñen velatorios e velatorios ao lombo...

Curioso ten que ser o papel principal, supoñamos en adiante que se desarrolla a acción nun tanatorio -bueno de acción máis ben pouca-, vistente co traxe da boda daquela sobriña e que nunca che gustou, que sempre foches mais de vaqueros e ali te meten nunha caixa estreitiña para pasar dous días, cona non sería mellor un sofá, unha mecedora, un latex de lo mónaco??, no sé lo estimo. Non conformes, metente nunha urna de cristal, mellor que urna vamoslle chamar invernadero, porque ainda porriba insan aquelo de flores, que mira que ben pouco che justaban, se acaso as das tarta de cumpleanos, pero as naturais...e o rollo é que lo fechan bien, non vaia a ser o carallo, que digo eu están insonorizadas?? e si tes que comentar algo antes de irte, porque ves a xente que ven, e lembraste que a Chinfloi lle deixaches a motoserra e non a volveches ver, ves a veciña radiocotilla que che dan ganas de poñerlle os puntos sobre as is...pero supoño que mellor non dis nada para non armala...

Non sería ben que cada un escribise as suas vontades o respeto??, por exemplo, gustariame que me levasen para un tanatorio, o de luou está ben, porque non está moi lexos o motel, e nunca se sabe o que pode surxir, que me vistan coa miña camisola preferida e uns wachiflichis, logo nada de ir nun coche destes negros, que me leven nunha boa makinaria, xa que vou botar ali un par de días pois que me leven a psp, que sei que xogar diante da xente está mal visto, pero pola noite unhas partidiñas non veñen mal, tamén sería de agradecer a presencia dunhas sufridoras cun bo par de razóns para darlle que falar as cotillas máis ós homes das cotillas...E unha vez depositado no criadero de vermes,pois veña unha comdida típica galega, pulpo,churrasco, melocotón e tarta xeada, bo barrantes e licor café, e como non o Antigo Reino que non falte!!

4 comentarios:

  1. Cando poidas aclarame o das sufridoras cun bo par de razóns............non o acabo de entender!!!! q creo q si q pode dar que falar!!! jje

    ResponderEliminar
  2. Bueno...pois...por se cando chegue o teo momento no me escoitas, decirche que te acompaño no sentimento, e como as flores non che gustan moito, pero si che gusta a nosa Galiza mandaremosche un ramo de flores do toxo,o licor café deixamolo para nos e tomaremolo a nosa saúde porque a tua xa vai no carallo

    ResponderEliminar
  3. Os velatorios son unha romería coma outra calquera na que so falta a sesion vermouth, ou non !?

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/01/05/0003_7440601.htm


    a min o que máis me gusta son as frases feitas que os vellos levan aprendidas de memoria e valen para tódolos velatorios

    -fixo dios mil bienes...
    -pa tar como taba foi mellor asi
    -morrer asi de repente, eso é unha suerte
    -diolo teña na jloria
    -sempre foi un taseador de primera,
    justáballe o viño...
    -nunca se jiou polos médicos
    -non somos nada
    -mira que juapo vai, hasta ten bo color.
    e como non a máis habitual e a máis importante (digo eu xa que esta sempre vai en castellano)

    -te acompaño en el sentimiento.

    ResponderEliminar
  4. estevo falta: a vida eche así, hai q collelas como veñen

    odio tanto ou máis ca vos a parafernalia esta dos velatorios, tanta hipocresía xunta e tanto molestar ós que realmente padecen...........é sobre todo as velliñas q so te viron unha vez, cando tiñas 3 ou 4 anos e che fan un escaner: como creceches, como te pareces a túa tia que en paz descanse,aaiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii...........no lo tolero!!!!!!!!!!!!!!!! jje

    O mellor de todo é os que van os enterros pq lles poñen OMNIBUS!!!, e así van de excursión!!!!!!!!!!!!!! a outra parroquia pero vanche de excursión!!!!!! o q fai o aburremnto!!!

    ResponderEliminar