17 de marzo de 2009

A agonía

Na vida hai infinidade de cousas malas, e cousas peores, pero o quid de toda cuestión está na agonía, a cal se define coma un forte sufrimento sexa físico ou moral.

Ademáis demostrase que a agononía é proporcional as variables tempo e velocidade. Canto máis lenta é longa sexa, maior é o sufrimento. Pero ten un umbral máximo, se hachasemos o límite cando tende a infinito, o corpo iría acostumandose a agonía,e tendería a desaparecer,ainda que non por completo, graficamente seria unha asintota horizontal no cero. Por outro lado tamén se demostra que sin conciencia dela, é decir si hachasemos o límite cando tende a menos infinito esta tamén tendería a cero. Podería representarse graficamente coma unha campana??

Por exemplo, no caso de ter cagarría, e levar un bo apretón, o sufrimento non é pola dor de estómago, senón porque non che da chegado a hora de poñer o cu na taza do water e desfacerte vivo, cano máis lonxe estexa, e por exemplo no caso de estar ocupado canto máis se tarde en abrir a porta, pois a agonía fai que a enfermidade se agrave.

Por outro lado,se consideramos a vida coma unha longa agonía hacía a morte, cando non hai ningunha variable exóxena, o corpo acostumase e non se percibe, pola contra coa existencia dalgunha variable como por exemplo unha enfermidade, a agonía fai acto de presencia e mesmo pode verse uniformemente acelerada.

Pode chegar a agonía a matar?? Imaxinemos que nos tiramos en paracaidas e non se abre, non produciría a agonia unha desastibilización interna que nos fulmine antes de chegar o chan?? Ou no caso de afogar, morrese antes de que os pulmóns se encharquen??

Por eso mesmo, en calquera situación que se plantexe, agobio, estress, fatiga...a agonía é a clave, si un pode controlar esta variable, o problema minorase en grandes proporcións mesmo podendo chegar a solucionarse de por si so.

Reflexionade acerca do asunto, pero nada de agonias por dios!!

2 comentarios:

  1. se descubres como controlar esa sensación acabaslle co traballo os psicólogos e coas recetas ós psiquiatras!!! asiq nada de intrusismo e a seguir aghonizando............

    Polo demáis, debo dicir que non estou deacordo co de empregar o termo "agonia" para o que descrebes, eu máis ben empregaria o de "angustia" ou "ansiedade", é dicir, un estado de máxima tensión, que che fai estar sempre alerta, como funcionando a un 200 por cen, vivir acelerado; e penso que un pouco de ansia ou de angustia está ben para manternos a tono e avispados, pero se nos pasamos de voltas e non frenamos esa sensacion polo medio que sexa pode ser moi perxudicial e dígocho eu q traballei no psiquiatrico medio aniño e sei do que falo............

    mil bikzos

    ResponderEliminar
  2. vexo que comezaches a tarde reflexivo....

    Eu por agonía entendo o sentimento de angustia e/ou dor IRREVERSIBLE que precede á morte polo tanto non coñeco a ningúen que curara da agonía, ahí tou máis con raquel, entón ahora a min surgeme unha dúbida; un que nace ajonizando pódesese decir que está enfermo terminal? eu creo que si.

    por outra banda levando o teu exemplo da cagarria o campo da mexada (por cambiar de tema solamente eh) podes estar aguantando as ganas de mexar tres horas sin problema que é ver un bater e perdes máis que concha velasco, é dicir cando vemos o final da "agonía" non podemos resistir máis. O mellor esto xa o dixeches ti pero como eu solo teño un FP poido ser que no captara.

    ResponderEliminar