18 de marzo de 2009

Vivir en tempos de Petoutas e Marías Castañas

Dende o 1978 defínese o estado espanhol na súa constitución como aconfesional, concretamente o artigo 16.3 indica;

"Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones"

é decir non se recoñece unha relixión oficial ainda que si se recoñece o dereito de cooperación e firma de tratados, e en especial coa relixión Católica.

Sei que moitos coma min , desexarían un estado laico, onde o goberno se desvincule totalmente de ideas relixiosas, pero a situación que estamos a vivir é de confesional total, estamos a vivir nos tempos das Marías Castañas.

Non nos damos conta que a relixión católica está nun declive criminal?? Eu si.

Por un lado existe unha división entre católicos practicantes e católicos creentes, polo tanto unha alta porcentaxe dos católicos so creen na existencia de algo e coido que seran máis númerosos que os practicantes. Por outro lado a continua inmigración está a abrir o abán de outras culturas relixiosas, o que sumado ó anterior fai que minore ainda máis a porcentaxe de católicos practicantes...

Pois ben queridos amigos, esta mínima porcentaxe marca o ritmo evolutivo da lexislación estatal.

Como se pode concebir que un pais coma Espanha, non recoñeza ainda o dereito do aborto??. Son multitudes de casos nos que un nacemento non sexa o máis desexado, no caso dunha violación, no caso de malformidades no feto, no caso de dificultades económicas, no caso dun "te pillo aqui te mato"...Os únicos que protestan son os curas e o curioso é que din que é un asasinato e non sei que centos e centos de parvadas, pero o que non din é, vamos donar parte das arcas da igrexa para esos casos, vamos doar os terreos para uns fogares de acollida, non oh!! o único que saben é pasar o cepillo e barrer pa casa...pa casa de Cristo? ,non, para a deles. E o que é mellor atrévense a facer campañas en contra, véxase o caso recente da comparativa coa defensa do Lince que terá que ver o touciño coa velocidade ( para os que non o sepan, tan so quedan unha ducia de femias desta especie). A min o que me da que pensar é que os curas teñen medo ter que andar cepillando nas monxas para procrear, co ben que eles están co seu "rol" porque o que non segue o rol, é porque lle vai máis o rollo "practicante" que creente, senon que llo pregunten as feligresas.

Como se pode concebir que non estexa recoñecido o dereito a morte digna?? non oh!! é moito mellor ver xente probando a resistencia da combinación viga-adibal, é moito mellor ver como xente se intoxica día tras día...

Pero que se vai esperar dunha organización lucrativa que ten un director xeral,o Mazinguer Z ese, que se atreve a decir en África, que o condón agrava o problema do sida, palabras textuais " el sida es una tragedia que no puede resolverse solo con dinero, que no puede resolverse con distribuciones de condones, que incluso agrava los problemas", somos tontos ou?? como un persoeiro que se considera por consenso intelixente se pode animar a decir trememda burrada?? Creo que ante unha enfermidade que de momento non ten cura (esperemos que por pouco tempo, que en vez de envestigar esto é mellor mandar cohetes a Marte), o mellor que se pode facer é procurar limitar a súa extensión. Realmente un queda perplexo.

Gustaríame pedir desculpas a todolos católicos practicantes pero logo desta gran actuación, entiendanme que los mande a tomar...aireeeeeeeeee!!

2 comentarios:

  1. Bien dicho! Es un misterio sin resolver lo que se les pasa a esas personas por la cabeza para tener esas ideas.

    ResponderEliminar
  2. O realmente triste, e que haxa "cazas de bruxas" e incluso se teña xulgado a algunha muller por abortar, no século no que vivimos, e que calquera poida ter un fillo ainda que sexa nun ambiente de drogas, malos tratos, ou en condicions infrahumanas e de condea perpetua a unha vida sen recursos e prodelincuencia........
    non quero darlle banda ancha ó aborto, pero sí aupar á "lei de prazos" para que as mulleres poidan abortar, se ven que é a súa decisión e sen ter que alegar o por qué o fan, ou non ter que dar a luz a un neno cunha malformacion ou unha enfermidade grave se a descubren fora do prazo no que poden abortar e que non teña que ser un médico o que interveña no seu favor dicindo que pode supoñer un risco fisico para a nai, porque eso sí que é traumático!!
    polo demáis dar grazas(na sua xusta medida) a estar baixo un goberno de esquerdas, porque se os dereitistas volven ó goberno, non vos extrañedes que ata poidan prohibir ata os anticonceptivos!!! o seu dios nono queira!!!

    ResponderEliminar