9 de marzo de 2009

Hai necesidade??

Onte acudin a aventura co fin de cumplir un dos propósitos desa lista imaxinaria que un se fai, onte realicei un descenso en balsa inchable polo río Ulla. Máis modernamente chamado rafting e máis coloquialmente chamado raftin.

A cousa empezou tarde cortesía da capitana, pero agarremonos ó refrán máis vale tarde que nunca, e deixemos correr a despuntualidade. Pois ó que iamos, eran as 11, e ali estabamos na Casa de Dios, si si, asi se chamaba o lugar de quedada, un bar na recta de erbón, que uns pican e outros non, e nos picamos e montamos na furgalla dirección a nave para a recollida dos apeiros.

Recoñezo a calidade do material, doble traxe de neopreno nuevecito con escarpíns a xogo, marvelous marvelous, pois un dos grandes temores a pesar de que lorenzo tamén se apuntou, era pasar un frio "templado", que pensa un, namáis meterme no río vanseme por os pezóns como duas lanzas e hai vai o neopreno o carallo!!. O uniforme rematabase co seu correspondente casco e chaleco salvavidas.

Logo de trasladarnos na furgalla dica o punto de partida,(ponte de Barcala) e logo de recibir unhas pequenas instruccións de seguridade, carrexamos a lancha polo curvado carreiro dica a masa de auga doce, eso si que é deporte de risco, porque mira que habia fochancos e mira que pesa a puta balsa.

Unha vez montado na embarcación pouco tardei en resistirme a "caer" na auga, que infortunio!! pero é que ainda que non o creades, neses traxes facía unha calor pa asar polos, e ademáis son moi rixidos, pero unha vez mollados van como la seda.

O máis importante é a distribucción na barca, os monitores falan que si distribuir o peso que si a forza..., pero o importante é botar contas, ostia somos 7, dixen eu, 3 a estribor, 3 a babor e eu de polizón, meu dito meu feito, que pensades que cabrón non, pero un lle ten que ir botando aquel de "reeeeeemen, reeeemen!!".

En si a aventura é tranquila, o río a pesares de levar moita auga, pois é propicio para a iniciación, tan só conta cuns 4 rápidos, que son os que lle meten chicha ó asunto. Ainda non lle vexo moito chiste o dos abordaxes dunhas balsas a outras, joder que se queres facer esas parvadas colles a colchoneta ou unha "pepina" e vas coller olas o estilo remuiño ó vilar (alghún xa sabe do que falo).

Avanzado medio río fixemos unha parada técnica para xogar o tobogán cunha balsa, ainda lle molaba, seica se había que tirar para adiante, pero aburriame e entón no segundo turno apliqueille un pincha carneiro, agora si oh!!

O que máis lle mola é facer o descenso polo río sen balsa, sentir a corrente no corpo, sentir como vas a deriba no teu barquito individualizado, ou máis ainda facerlle un trenecillo.

Xa rematando un semiencoro, ofrecenos un salto e mostranos perante nos a nota adrenalinica da xornada. Unha ponte de entre 7-8 metros de alto, da que aseguran os monitores se pode saltar sen perigo.

Sacada a balsa do río, deixamos os chaleques e cascos na mesma, e van os valientes e os parvos tamén imos, a saltar. Non sei que é máis risco, si o salto en si ou pasar para o outro lado da barandilla. Enganchado a barandilla botaslle un par de contas atrás, e alo vas, canto tarda en vir a agua!! son os 7 metros máis longos da miña vida. Pero non me da tempo a pensar o que fixen, pois as queixas de dor na espalda de Raqueliña fan que non pense máis que en acercala a beira, sin que faga o mínimo esforzo. E aqui quero dar as grazas os vixiantes da praia, que nos amosaron moitas técnicas, e sobre todo a Pam que era a que máis enseñaba!!

O final queda na nota lesionistica da xornada, unha contratura lumbar e umha gran lección..."nin por todo o albariño das viñas de cambados me ghindo eu en puenting"

2 comentarios:

  1. pois si meu querido manuel, se non fose por tí creo q me daba un yuyu, porque q medinho pasei, e dor xa non che digo, xa me viches a carinha..............ainda q afogar non afogaba, pero afogaba eu ó q na orilla dixo: "non a movades moito, por si acaso....." q digo eu, ¿por si acaso qué, eh!!??mimá, q cd escoitei eso, probei a mover os dedinhos dos pes, pa comprobar q a miña médula, miña dende hai 25 anos, me respodía!!!
    polo demáis a descripcion foi perfecta......e o do puenting........adiante valientes!!! q eu por esa non paso!! xa me cheghou a de onte!!!

    mil grazas corazon, nin Mitch Bucanan fixera nunca un rescate como o q me fixeches ti onte a mín!!!!!!eres o mellor!!!
    mil bikazos

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida sei do que falas. Ainda teño unha alga do vilar entre dúas moas...

    ResponderEliminar