2 de marzo de 2009

A propósito de elexir

"oiste, enhorabuena que ganasteis!!"

Esta foi a frase que escoitei esta mañan cando me dirixia o banco, e cabe pensar coño pois a señora era do Atlético de Madrid, pero vendo su fotografía, un dase conta que su melenita y su bolsito no reflejan aguilas senon que unas gaviotitas azulitas.

É tarde entrar en valoracións, do que se fixo ou se deixou de facer, do que se debería haber feito ou non se debería haber feito, a realidade xa está presente, Galiza deu un paso atrás, e Galiciña un pasiño pa'lante. A coiuntura económica arrimada cunha campaña que de fair play tiña o xusto pois deron os seus resultados, a xente levaba tempo a fogo lento e os dereitistas o único que fixeron foi botar máis leña, e ben se sabe que eso prende, e o temido resultado está aqui. O señor das gaseosas será o xefe do parlamento 4 aniños (como mínimo), e non hai volta atrás.

E agora que??

O primeiro xa caeu, o "lider" socialista renuncia a ser máis portada de carteis, vaise para ser un militante de apé, irase para o vaticano tamén??

O que máis me enche de satisfacción é que por fin vou ver terminado ese gran proxecto, a cidade da cultura, ese gran poxecto iniciado polos futuros gobernantes, que ilusión!!

Tamén estou contento por saber que pronto voltarei ter que ver na televisión, a resucitación do Supermartes e a prorrogación do Luar non han tardar en chegar, que vos parece dica o 2078?? Que alegría saber que poderemos desfrutar de novo con eses apasionantes Rápido de Bouzas-Montañeros, que partidazos!! Ademáis habrá que voltar a trocar o logo da tv, de telejaitas a telejaviotas de novo!

Que felicidade saber que os montes non arderán este ano, si se entregaba desa maneira cando non era presi, como se desvivirá agora!! Que ledicia poder celebrar de novo churrascadas no monte!!

Andemos con ollo porque cando todo está mal, sempre pode empeorar, e as xerais estan a volta da esquina.

5 comentarios:

  1. Pasou o que tivo que pasar e o que ninguén esperaba que pasara.
    Gran parte da culpa baixo o meu humilde criterio debémoslla a "la voz de galicia" e a súa campaña rastrera contra o bng o cal creo que non lle soubo facer frente ás críticas e darlle á xente as verdadeiras explicacións da foto do iate, do transporte de vellos...etc como fixeron cos simpatizandes e militantes explicandonos todo por mails, quen se tiña que enterar da verdade era toda a xente. Non creo nunha mala xestión do BNG, ahi quedan as case 3000 plazas en galescolas (as que non lle queda moito tempo)a ver agora como concellos coma ROIS por exemplo (que é unha aldea)ofertan plazas PUBLICAS para nenos de 0a3 anos o PP olvidarase que no rural tamén hai nenos e terán que ir a padron a guardería PRIVADA claro. Tamén tan ahí as decenas de centros de Dia PUBLICOS (que pronto serán privatizados) para os vellos, que o PP de fraga en 16anos non fixo nin o primeiro a pesares de ser fraga do gremio. Seguirán sementando muiños e embalses e os cartos irán para empresarios (como cos que se reune quintana nos iates) pero sin ningún tipo de obriga de deixar beneficios en galiza.

    Unha das lecturas que saco dos resultados e que a xente no momento de crise que estamos a vivir decida cambiar de goberno culpandos de tal crise da o cal e moi preocupante xa que significa que rajoy tería posibilidades de ser presidente de españa.

    Onte estiben en varias mesas do concello de ames como apoderado do BNG e o que me quedou claro é que os votantes do PP son doutra madeira. Teñen ganas de votar e nótase, veñen pola mañá ainda que sexa arrastro e lle falten as pernas, vin varios individuos que a pesares de chover de mala maneira viñan a andar sin paraugas e sin apurar moito o paso. Iban a votar ao PP e o resto non lle importa. Eso é o que fai falta. Ainda non logro entender porque os vellos lle teñen ese amor, entendo que hai xente á que lle conven votar o pp pero os vellos das aldes non son esa xente.

    Da mesa na que fixen o reconto saín bastante confiado xa que o bng estubo aguantandolle o pulso o pp e o psoe duramente pero as cousas son como acaban e non como empezan. E pronto veremos a bandeira española ondear no pedroso en la nueva eira de alberto justo a la beira de los tomates la ensalada las coles...


    Debense tar a descojonar de nos toda españa, o puto PP en crise e vai e os galleguiños dámoslle maioría absoluta somos gilipollas.

    Na TVG co supermartes e co luar non sei que vai pasar o que si sei e que o AIR GALICIA e polo tanto os seus actores van estar polo de pronto 4anos betados nesta canle.

    ánimo a todos e dende hoxe mesmo..
    HAI QUE BOTALOS!!!

    e como xa sei como che ghustan a ti.
    GALLEGUIÑOS NON, JALLEJOS CON COLLÓNS!!!!

    ResponderEliminar
  2. A comprar gaseosas Feijó, anque nos guste mais gaseosas Espiña,ou senon tomamoslle calimocho e que se jodan, e se hai que levantar o país mellor que sexa tinto e sen gaseosa.

    ResponderEliminar
  3. Primero Feijoo y si después es Rajoy... Menudo desastre!!!

    Hay que seguir luchando para cambiar esta sociedad!!!

    ResponderEliminar
  4. Desde o domingo á noite xa fixen de todo: chorei, rin, pasei unha noite en vela, durmín, pensei, tentei manter a mente en branco, etc. O resultado? Sigo sen entender o que nos pasou. Non entendo, por exemplo, como 5 perruqueiras con contratos-lixo poden aplaudir a vitoria do Sr. Feijoo. E como non o entendo, eu, que sempre me caractericei pola miña amabilidade, en lugar de darlle unhas ostias, vou, e pregúntollo:

    -Oes, e vos, por que votastes ao PP?

    -Boh! e votámoslle porque a jefa é do PP e dixo que Feijoo era o mellor dos 3, e os outros o que fixeron foi comprar un Audi, e non sei cantas sillas que costaron non sei cantos cartos, e ir nun iate cun tipo que pon muíños de vento, e enghañar a uns vellos que iban de excursión...

    Despois de respirar fondo, tragar saliva, e pensarmo dúas veces, explícolles, por exemplo, a política de abaratamento do despido que tanto aireou Don Alberto durante toda a campaña electoral, e eiquí, xusto neste punto da conversa, comeza a mudarlles a cor. Explícolle, despois, o proceso de privatización que pretende levar a cabo en toda a rede de Igualdade e Benestar creada grazas á xestión política do BNG na Xunta estes catro anos e sen precedentes no noso país. Explícolles, tamén, que non verán mermado o importe da súa factura da luz a pesares de que no fondo das súas fotos paisaxísticas sairán sempre muíños de vento. Conteilles, do mesmo xeito, que é probable que nin no Milladoiro nin en Bertamiráns, nin en Santiago, nin en ningures, se construian eses pisos aos que algunhas delas pretendían optar, e que estaban insertos nun Plan Sectorial de Vivenda Protexida desenrolado ao longo destes catro anos pola Consellería de Vivenda e Solo, en mans da xente do BNG.

    E non fixo falta moito máis para que quedaran con cara de póker e me dixeran que se tiveramos tido esta conversa o sábado votarían BNG.

    Compañeiros, non obramos mal, nin temos a culpa de non estar dotados dos altavoces mediáticos que teñen os señores das gaivotas.

    Moito ánimo, moita forza, e ADIANTE CO BNG!!!!

    ResponderEliminar
  5. por certo, non tou dacordo ca túa frase: "su melenita y su bolsito no reflejan aguilas senon que unas gaviotitas azulitas." Creo que non é incompatible, é máis prefiren as águilas"

    Con respeto a superpiñeiro tranquilo. Parece ser que se entregou nos mitins do bng de mala manera a ritmo de regetón como lle din...QUIN!! e non vai pisar os platós por unha boa temporada. Vese que a enquisa que manejaba fíxolle un jran papelaso.

    ResponderEliminar