26 de febrero de 2009

Non funcionaria??

Hoxe dinme conta dunha solución a esto da crise, resulta que nestes periodos é cando máis se recauda por xogos de azar, ollando datos tan so no fin de semán recaudouse pola Quiniela: 14.399.766,00€, por Primitiva: 17.023.670,00€ e por Gordo da Primitiva: 6.700.632,00€. Preguntaredesvos de donde saen tantos cartos, pois non volo preguntedes agora porque non volo vou solucionar.

En resumen, nun fin de semán calquera, recaudanse ó redor de 37 millóns de euros, dos cales parte quedan para o goberno a través de impostos sobre o xogo, pero tampouco é este o caso, resulta que ollando datos, a poboación da Peninsula Ibérica (agás Portugal) máis as Illas Canarias, máis Illas Baleares, máis Ceuta e Melilla seria de uns 46 millóns de persoas, moro arriba moro abaixo.

Eu creo que a cousa está claro, o goberno teria que quedarse coa recaudación total, e alegar que se averiaron as máquinas das loterias, e acto seguido facer o reparto, tocaría a cada un ó redor de 0.80 millóns de € (800.000€), co que tendo en conta que cada fogar familiar ten unha media de 4 individuos, serían 3.600.000€ que non sei como ta a cousa nas vosas casas, pero eu creo que iamos apañar ben para unha tempada...Si estou dacordo que os acertantes do pleno o quince, dos 6 acertos, e do 5 máis o número extra si ian protestar, pero a malleira que lle ia caer dos 45.999.997 restantes espanhois non lle habia deixar ganas de dicir nin pío, e como o máis seguro é que non sobreviviran, pois 2.400.000€ pa repartir a maiores!!

Agora só vos quero decir que si non vos destes conta, deixastesvos levar polo entusiasmo da palabra millóns e todos os seus ceros, e que a las cifras las carga el diablo, realmente serian 0.80 millóns pa cada millon de habitantes asi q tocaria a 0.80 pa cada un que non da nin pa tomar unha caña na cerve!!

25 de febrero de 2009

Finado Antroido

Hoxe o espertador tocou a morto, as suas badaladas non fixeron máis que lembrarme o enterro da sardiña, o antroido 2009 xa vai alá.Pero queda unha boa man de recordos e algúns que nos enteraremos posteriormente.

O sábado co logrado disfraz de Supermario e Superluigi (que algún fan si tiña eh!!) foi moito entregue, e que cando tes a inmunidade ben se ve que podes facer moitas
cousas, dende ir polas ruas parando nos coches ata facer voar a seta. Que cantidade de fotos sacamos!! eso si "eu sin supermario non son nadie eh!!", santa pacienciña...E un millón de grazas as costureiras que "lo bordaron"

E o luns si que estabamos metidos no noso papel, disfraz cutre e agresivo, "Venus an Sirina,juju!!", mira o made in USA como nos recoñeceu, jaja!! o bo era o complemento, que partidazos de tenis pola vila adiante, que si en pista lenta (no franco, praterias, e quintana), en pista cuberta (pub sónar), en pista rápida (rua fonte de san antonio), e o mellor de todos o noso Winbeldon particular na praza de Galicia, o que si nos quedou pena foi non poder xogarlle un ROland Garros, porque batianos a pelota nas árbores e non estabamos nos para estraviar a única que nos quedaba.

Realmente foron uns disfraces acertados, e o que é máis importante, conseguimos levar máis roupa que o ano pasado. Haberá que ir abrindo un novo documento de word coas ideas do antroido 2010??

19 de febrero de 2009

En que están a convertir o noso pais

Antes de nada quero pedir desculpas aos meus tres seguidores pola tardanza nas actualizacións, pedirialle desculpas tamén aos outros leitores pero como non sei quenes son e a vida é escasa pois hai que priorizar, a pequena xustificación radica nunha pequena inspección, laboralmente falando, que me mantivo ocupado estes días.

Non está de máis explicar que se entende por noso pais, ainda que quizáis sobre, lóxicamente estoume a referir a Fermosa Galiza, ou agora tan so chamada Galiza porque tanto encoro e tanto aspaventos apropiaronse da fermosura.

Pero hai un punto clave, que traballa lento pero seguro, amigos meus; Galiza vai camiño de ser unha Gran fosa séptica.

Quizáis a xente que vive entre cemento e asfalto non se dea conta, pero os que vivimos entre alcolitros e cheiro a purín, vivimolo, estades a vivilo, ou viviredelo.
Dende que se hacen viviendas plurifamiliares en las aldeas, ven sexan edificios del tope de plantas permitidas por la ordenansa municipal, o bien sexan chalets adobados, lo que antes era una aldeita pues ahora ya te es un pueblo, e a xente residente é lista, porque pagan as tasas municipales, ou ainda que as deixen a deber xa teñen dereito a exixir unha rede de abastecemento de auga e saneamento. Por que estos de la aldea te son medio tontos, se hacen sus pozos de barrena (espasio patrosinado por sondeos gherra) y sus depósitos de eces, con lo fácil que es reclamar en la casa consistorial (porque non lle vale o de "untamiento") y si no nos hacen caso, pues botamos la mierda por la coneta abajo.

E asi é raro non ver unha eira galega fendida ó medio e cas tuberías laranxa por soterrar, e aquí e donde vexo eu o "quit" da "question", non sei se vos fixastes da fraxilidade destes tubos, pois xa vos digo eu que duros duros non son, e por todos é sabido a gran cautela coa que traballan os operarios públicos, o mesmo lles da reencher as ghavias con terra que con lavadoras, xógome eu pois que o porcentaxe de tubos enteiros soterrados é menor que o que lle da o correo galego o BNG en intención de voto.

E unha cousa está clara, que se vaian preparando os de Australia porque eso vaise filtrando e calquer día en ves de agua salelle dos pozos a merda galega, porque meus patriotiñas;

"aqui caga o rei e caga o papa, e sen cagar nadie escapa"

13 de febrero de 2009

Always in my mind.

Non miña nai, non mo diga máis,

como é posible o que me esta a contar

mismamente podería romper a chorar,

de verdade que xamáis xamais??


Esta pena que me invade é difícil de contar.

Non trata de amores non,

nin de erros sin perdón,

é algo inimaxinable difícil de superar.


Na miña mente con frescura perduras,

é complexo saber que non voltarás

pero por sempre perdurarás.

Que boas as tuas sabrosuras!!


Pero apenados non podemos permanecer.

Cecais te vas sen xustificar

cecais te vas sen razón dar,

pero tranquilo, poderano entender.


Non miña nai, non mo diga máis,

como é posible o que me esta a contar

mismamente podería romper a chorar,

de verdade que xamáis xamais??


Quen me poidera axudar a esquencer,

aquel sabor exacervado

o seu ton envermellado,

sentimenteo complicado de descreber.


Seguro que de pena chora o pan,

lembrando aqueles convivencias no xantar

imposible facias o saxunar,

nin réximes, nin vixilias, nin tantarantán.


Sabes que os sábados non podías faltar

porque fose ou non tradición,

fora ou non motivo de celebración,

estaba claro o que queria pa cear.


Non miña nai, non mo diga máis,

como é posible o que me esta a contar

mismamente podería romper a chorar,

de verdade que xamáis xamais??


Non hai remedio que poida valer

deixas agora no olvido

o pracer de comer un bo cocido

cando pronóstico é, que non vas aparecer.


Da pota o almoado non kere marchar.

Para que aguantar o ferro quente??

e que logo me inquen o dente

(pensa a filloa) se non te podo abrazar.


Sabes que febreiro se sinte mal,

que se nota con grandeza a tua ausencia

máis habrá que ter paciencia,

Que será agora do carnaval??


Non miña nai, non mo diga máis,

como é posible o que me esta a contar

mismamente podería romper a chorar,

de verdade que xamáis xamais??


So penso en cruzar os dedos,

que todo esto sexa un pesadelo

e por suposto esquencelo,

para estar sempre xuntos e ledos.


E se esto non poidera ocorrer,

a miña face con esbozo

e na miña mente con gran gozo,

Prometo que te hei manter.


Tan solo vos transmito meus irmáns,

que si gardo grande tristeza

pero naide fará que eu esquenza

ÓS MEUS CHOURIZOS DE FIRMISTANS.

12 de febrero de 2009

Stradivarius e derivados

Realmente o mundo das tendas de moda femenina é un mundo que hai que explorar, sería digno dun estudo de gran calibre, e non ser mal pensados que nos conocemos, refirome a paisaxe , a flora y fauna, ao clima...que un se atopa nestas "romerías"

Vamonos centrar no coñecido grupo "ondeotex", e vou deixar nun lado Zara e Massimo, e xuntarei nun mesmo mundillo a Berska e Stradivarius os cales elixirei como contexto das miñas cautelosas opinións abaixo indicadas.

Escomezando pola paisaxe, principalmente é raro non observar que en periodo de rebaixas algunha destas tendas estexa en reformas, que lle imos facer, son casualidades da vida, e máis casualidade ainda que rematen xusto para o inicio de tempada, joder que cando veñen do revés pois veñen mal dadas eh!! E que evolución en torno a decorados , e que organización, mesmo mesmo poñen cintas vallatorias para estipular un orden nas colas de caixa, joder que están revolucionando o mercado eh!, o que máis rabia me da é que poidan ter follón co INEM, porque estes teñeno moi estudiado, son moitos anos de cola día tras días e tontos serían se non o tiberan patentado.

En canto á flora, hai que ver que productos de calidade, que deseños de alta costura, hai que ver que tela (que falando de tela pois mellor tela gorda non?), calculo asi polo alto que a vida útil desas prendas está nun meritorio día, día e medio, no lo sé, lo estimo!. E os prezos...pois eso que menudos productos, ya lo estoy colgando ya lo están llevando.

No tocante á fauna, cabe distinguir entre cazador e presa, está última polo normal, soe ser da especie gallinácea, é entrar na tenda e comenzar a esparruñar, e veña a esparruñar, e se cadra se cadra pica algo, pero o importante alí é remexer , ciscar, ghindar, veña poñer e veña a quitar, e aghora que aquel montonciño está ben colocado pois voulle ir fedellar, e así hora tas hora. E aquí hai unha propiedade intrínseca propiamente dita, "el grado de esparruñamiento aumenta exponecialmente en periodo de rebajas, liquidación o alguna otra técnica intimidatoria".

E agora el no va más, as cazadoras o también coñecidas las "depe", ou sexa, la Nuri, la Susi, la Jessi... todas monas, que guays son , porque yo ayer andaba sacando el esterco a la Marela, pero ahora como soy dependienta del Stradi Tía, pues mismo mismo le hablo en spanishguai, soy la repera, y hai que ver lo bien que nos llevamos todas, somos tan supers y tan coleguis, que somos la envidia del pueblo llano.
E unha cousa está clara, alí hai dous rangos, hai as encartadoras-caixeiras e logo está a encargada, e os roles están claros, ti que eres caixeira non autorices un cambio entendes, "María tengo un cambiooooo", e ben María e mira o ticket e mira a prenda e mira o ticket e mira a prenda, e colle o boli y lo firma, e esto no pode facer a caixeira, esto é un principio básico que no se debe saltar jamás...jamás....jamás, porque la María tiene estudios que hizo hasta séptimo de EGB. Pero que podemos esperar, si as demandas de empleo consisten en "se busca APRENDIZ de dependienta", que non entendo eu como ainda non existe un FP de grado superior de Dependienta, que pouca visión ten a consellería de educación. Elas entran todas ilusionadas para o seu periodo de aprendizaxe, básicamente consiste, en aprender a usar diminutivitos, como p.ex. "turquesita", "rosita" "faldita"... pero tamén superlativos, bueno superlativitos, vexase o caso de "monísima", "chulísima".... pero o exame final está claro o importante é abreviar, " Nuri un cambi", "Su, traeme un cuatro destes zapas" "chuli porfi"...

Jo tías!!, no quería lastimar a nadie, tan solo es que me inchais las venas....eso si, DA CABESA!!

10 de febrero de 2009

A conto de que??

Antes de nada quero facer uso do voto de confesión, é decir que a manifestación deste findesemán a favor do bilingüismo me pillou desprevenido, mitade de resaca e mitade de viaxe. Así que non podo etiquetar de verdade verdadeira o que vou a transcribir, tan só vou tentar opinar ó respeto.

O primeiro que me ven a miña mente, é ¿que sentido ten manifestarse a favor de algo que xa existe?, creo que o bilingüismo está recollido dentro da cooficialidade das linguas, ideoloxías aparte galego e espanhol teñen dereito legal a convivir.

Pero o sentido da manifestación sei eu ben de onde ven, nos últimos catro anos (e o que queda por vir) o BNG correu o marco e comeulle o terreo o PP, entón que mellor que darlle onde lles doe os nazionalistas, que mellor que meterse co idioma para que salte a fura extremista e así poder tachar de terroristas e vándalos a toda unha corrente política.

Recoñezo que a maniobra dos jo...feijoos saiulle as mil maravillas, demostrase pois a característica dos seus simpatizantes, non son máis que marionetas. A todas estas marionetas lle quero decir:

Calquer persoa que traballe a cargo das miñas cotizacións ten a obriga de entender o galego, ollo, non digo expresarse no noso idioma, pode optar voluntariamente por falar en espanhol, pero non pode exixirme que llo fale eu. Eu non sei a orixe natal dese funcionario, por eso non lle exixo nada, pero el si que non mo pode exixirme a min un "I don´t understand you" ou un "no te entiendo".

Pois ben, e si son eu o funcionario?? pois teño dereito a expresarme en galego, así o recoñece o estatuto, ben traballe en facenda, ben traballe de barrendeiro ou ben sexa mestre, aunque su hijito hable el made in spain, eu non teño porque sentirme obrigado a expresarme na sua lingua, e como docente cecais podo trasmitir mellor o meu saber si me expreso no mesmo xeito en que penso...De quen é a responsabilidade de que o seu fillo entenda, non o sei, igual se deberían contemplar clases extracurriculares de apoio e adapatación á lingua autónoma e si esto non é así y su niño se amargha mucho, pois habrá que mirar por buscar outras solucións, coma por exemplo mandalo a unha escola de pago, onde lle falen con las palabritas que vostedes desexan.

Eu so sei que en galego me criei, teño a miña cativa carreira e o meu cativo posto de traballo pero eso si: unha valiosísima cultura!!

Na Galiza en Galego!!

(Somos tontos ou non vemos as cores do blog??)

9 de febrero de 2009

Ten pinta de ir para longo

Eu non sei si será tan so o meu parecer, ou se pola contra é un sentir común a toda a poboación de feito e dereito da Galiza. O inverno 2008-2009 é imenso!!

Tendo en conta que en setembro xa a xiada facía estragos, tanto na horta coma nas estradas, tendo en conta que este ano puidemos ver de novo a neve en cotas baixas, tendo en conta que chove dia si dia tamén e que a menudo ven da man do aire, que a cifra preferida dos termómetros é o cero grados (ni frio ni calor), e sobre todo tendo en conta que para mediados de marzo ainda nos falta moita caña que botar o café pra escorrentar o frio, toca remar!!

A menudo sae nos xornais os destrozos e consecuencias da invernalidade, e a menudo tamén quedan os cativos sen escola pola perigosidade do temporal, e digo eu, tomarianse as mesmas decisións se non estibesemos en vísperas de eleccións...tampouco é moi importante, os mestres "a vivir". Esto non ocorria cando eu era cativo, raro era o día que o pantalón chegaba enxoito ó colexio, e sorte tiñas si na escola agarraras un pupitre a carón do radiador!!

En canto os efectos do temporal estase a cometer un grande erro, tan só se está a mirar o pasado, os danos materiais e persoais que ocasionou a ultima airada, como moito como moito, estase a mirar o presente, que hoxe que chove non pase nada!!, pero non se está a mirar nadiña nadiña para o futuro.

Eu quero ollar un pouquiño máis aló de mañan, os nosos políticos inmersos nas suas campañitas non seran capaces de ver que este vai a ser un ano de incendios, basta con dar un paseo por calquer pista de monte e ollar como a madeira que se acumula no chan non é mais que corpo para un verano de San Xoán, tamén me dou eu conta que parte da culpa tena o Jas Natural e Fenosa, pois aghora hai moita cultura de radiador e deixouse de lado o lume na lareira, noutros tempos ainda non empezara a caaer o "alcolitro" e xa tiña a carreta debaixo para se deitar....

Non hai recursos para solucionar isto??

Eu creo que recursos humáns non hai nin que decir que sobran, e pecuniarios é moi fácil de logralos, bastaría con convocar unha oposición de grupo H "hai que ir o monte pañalo toxo" ou un grupo D "desbrozador de monte cualificado", as cales se presentaran tropesentos mil individuos que a 40 euros por dereitos de examen suman un poquito e ademáis tractores tampouco fan falla eh!! que na Xunta sobran audis!!

Avivemos ostia!!

5 de febrero de 2009

Resultados do test

Antes de nada agradecer a pouca xente que tentou animarse un anaco a conta deste test, que conste que é fuertemente científico e está basado en ishtorias e situacións que a cotío se dan na dura vida de aldea. Os resultados por suposto son cerocento fiables, así que comproba quen ves sendo si tes ghanas e senon tampouco tes porque sabelo, vas a seguir vivindo coma antes, nin mellor nin peor, se queres unha aleghría xoga a primitiva, eso si, tamén che costa un pouquiño máis. E sen máis preambulos:

- Se obtibeches unha puntuación de 1 a 13 puntos: a tua identidade é ANA KIRO, a verdade e que non acabas nun convento de puto milagro, moita festa moita festa e o final misa, por si non te deches conta, vida non hai máis que unha, vai haber que ir pensando en sacarlle algo de rendimento eh!!









- Se obtibeches unha puntuación de 14 a 23 puntos: estás feito todo un ZAPATONES, si si ese "pilingrín" que habita polo franco adiante, non fas nada bo da tua vida pero tampouco fas nada por cambialo, tas aquí porque ten que haber de todo.














- Se obtibeches unha suma de 24 a 33 puntos: eres todo un CAÑITA BRAVA, pos todo o que tes da túa parte, entregaste en corpo e alma, e eso está ben, sabes que tampouco te podes pedir moito máis.











- Se obtibeches a gratificante cuantía de entre 34 e 40 puntos: meus parabéns, eres un TONECHO en potencia.Llivin la vida loca e pouco máis, machiño que quizás podías ir botando o freno que non ha ser todo festa eh!! porque non te xuntas cun cañita brava lle abridelos ollos a zapatones e mandades ó monte dos cucos a ana kiro??





O que sabe sabe decía o que comia nos mocos!!

4 de febrero de 2009

E ti quen ves sendo??

Hoxe deuseme por crear un test no facebook, pero para o que non sodes usuario poñovolo aqui, sumade a puntuación, de tal xeito que a A- vale 1 pto, a B- vale 2 ptos, a C- valen 5 ptos, e a D- valen 3 puntos..

CUESTIONS:

1. De rapaz ao chegar a casa despois da escola, o primeiriño que facias era:

A. Por os debuxos na telejaita e mangar un bocadillo de nocilla
B. Facer os deberes canto antes
C. Quedar cas veciñas canto antes para xogar ós médicos
D. Que lle dean polo cu ós deberes e veña a troular

2. Estás metido nun follón do carallo:

A. Chamas o teu mellor amigo para que te aconselle
B. Chamas a SuperPiñeiro e contasllo en riguroso directo
C. Compras un adibal e probaslle a resistencia a viga do cuberto
D. En peores situacións estibeches e xa sairás adiante oh!!

3. Xa vas tendo unha idade para abandoa-lo nido

A. Formalizas unha hipoteca a 50 anos con dous de carencia e mercas un cortelliño no Milladoiro
B. Proposlle a tua parella ires vivir xuntiños
C. Que marchen meus pais que levan máis tempo na casa
D. Non te preocupas porque ese día xa chegará

4. E acerca das relacións sentimentais que??

A. De blanco e pola igrexa
B. Ainda que sexa polo xulgado algo habrá que facer
C. Como os magos: bótolle uns polvos e desaparezco
D. Hai moito peixe no mar como pra non sair a faenar

5. A tua parella acaba de confesarche unha infidelidade

A. De novo acordaste de SuperPiñeiro e contalo en antena
B. Non o pensas máis e vaslle facer o Paris-Dakar a escaiolas de pais do que ferve nas tripas
C. Chamas a aquel rollito e botaslle un furri con caña
D. Non o pensas máis e vas facer o París-Dakar a escaiolas de pais do que ferve nas tripas

6. Estas tranquilamente tomando algo cos colegas, cando notas unha tripa a punto de estourar

A. Levantaste e vas o servicio
B. Levantas unha cacha disimuladamente e rezas para que non estale nin cheire
C. O que oh!! mellor perder un amigo que romper unha tripa
D. Botaslle unha tosiña polo que poida vir

7. Tua nai fixo para xantar caldo con touciño de duas bandas salgado e unto do gordo

A. Que mellor para apagala sede que un bo vaso de auga
B. Mangolle unha cervezola fresquiña
C. É a mellor nai que tes e daslle as grazas pola chea que vas agarrar
D. Le voy tomar un zumito

8. Estas no velatorio de tua tataravoa, e aparece unha prima descoñecida que está coma un
queixo

A. Aceptas o pésame e reflexaslle o mesmo sentir
B. Canto menos prima, máis se arrima
C. Quedas con ela pola noite para ir de trangallada e ceibarlle o can canto antes
D. Informaste disimuladamente de quen ven sendo

9. Vas con teu avó a leña, e daste conta que cortou un carballo na leira do veciño

A. Vas correndo a toda ostia xunta tua nai a contarllo
B. Cargalo a toda ostia e pos o pascualillo a 6000 revolucións
C. Botaslle terra o cañoto para que retoñe
D. Abres unha cascuda e botas un conto con teu avó

10. Diante túa vai no carro unha toupa propiamente dita

A. Ides a boa marcha, para que lle vas adiantar?
B. Tentas avivalo a golpe de claxon
C. Botaslle un tes coche pa anos oh!!
D. Adiantaslle ainda que sexa en linea continua

Mañan direivos quen vindes sendo!!

3 de febrero de 2009

Eu coido que a maioría eran gays

Hoxe amaneceu o día triste, e con falta de ansia. Habrá quen diga que foi por mor da Candelaria, onte dia dous de febreiro, que como ben se sabe cando a Candelaria rí o inverno está por vir, e se pola contra chora pois o inverno vai fora. Pero non foi este non, realmente débese a unha baixa significativa sobre a face da terra.

A radio facía saber que ós seus 79 anos falecía Hans Beck o "papá" dos clices, ou playmobiles, como mellor vos guste chamar, o que si non aclararon é que xa morreu o pasado día 30, que eu espero que o tiberan ben refrixerado, pois vaia tufo senón.

Anécdotas a parte, e como Hans e máis eu non eramos unlla e carne precisamente, pois si quero porme de lado dos orfos, eses clices que tantos dias da miña vida me amenizaron.

Non tiña eu gran colección deles, pois o poder económico non era a nosa gran virtude, ainda así, tiña o kit de carreiras e algún que outro suelto, o meu preferido...o motorista, si que era un colega, o chegar a casa heino rebuscar nas caixas do faiado para darlle o pésame.

A pesar de ter un número limitado e non ter ningún dos grandes, o forte ou o barco pirata - non me dighades que o da granxa non era para mariconas - pois inxeniabamas bastante ben, unha terroeira era suficiente para facer unha gran excabación, ou algún que outro túnel, eso si menos fiables incluso que os do ave en Barcelona, cantos me morreron soterrados, o que si me deixa tranquilo e saber que terra non tragharon, pois non había un que tibera a boca aberta, moita risa e moita ostia pero ainda nunca lle vira a lingua a ningún.

Si é significativo que en todalas aventuras había clices de todalas razas, pois en calquera dos eventos, non faltaba o vaquero, nin o indio, nin o motorista, nin os pilotos...nin o pirata negro, que como era que tiña o pirata se nunca tiben o barco?? eso mismo se preguntaba meu primo cada vez que mo vía, e ainda anda hoxe a buscar o seu.

O que si tiña era unha man de calvos, pois o intercambio de pelos era continuo, e algunha que outra peluca acababa, ou eso espero, no retrete, porque mira que era vicioso masticar nelas. Pero antes de que lle "cortara o pelo" a todos, dinme conta da gran desgraza que padecían.

Endexamáis poderían comer por sí solos, como mínimo deberían ir de dous en dous para poder tomar unha cervexa, e pensades vos que esto non é tan grave, pero si que o é non poder sacar a pelusiña do ombligho, ou meter o dedo no narís ou...efectivamente, como limpaban o cu??. Ostia, e que a maioría non lle quedaba máis cojones que ser gays, pois nin masturbarse podían, e hai que ver lo bien peinaditos que andaban siempre (a excepción dos calvos si), que eso da moito que pensar. Ademáis as "clizas" que había contabanse cos dedos dunha man.
E como sei que sodes duros de mollera, tan so se me ocorre despedirme un documento gráfico provatorio



E non, este non era o pirata negro, este era o click mineiro, que prefire ir na carbonera antes que perdelo tren!

2 de febrero de 2009

Non sei onde quero estar pero...

A vida podriase descreber coma unha acumulación de vivencias, e este findeseman unha nova enseñoume a apreciala un bo anaco máis.

Por devenires da vida, teño un veciño recluido no centro penitenciario de teixeiro, o porque está ali, non ten moito sentido contalo, o que si hai que sinalar é que leva 16 meses e ainda ten para tres anos máis. Se merecía unha visita é dificil valoralo, pero cando te crias porta con porta pois fas por esquencer o pecado e sabes que o importante é que leve mellor a sua penitencia, cecais por eso me animei con meu primo a ires saudalo.

Non vou a decir que a situación me agradaba, máis ben todo o contrario, os nervios era algo que non podia evitar, ainda lembro na retina aquel cambio de rasante cando a man dereita o montón de ladrillos e arames rompian a liña do horizonte.

É talmente o que vistes nas películas, namáis chegar entregas o documento de identidade, e confirmanche que estas autorizado, xa que semanas antes teñen que comprobar que ti nin familiares directos tendes antecedentes. De seguido ves como cerran a porta e posteriormente pasas a un habitáculo onde deixas calquer obxeto metálico e demais pertenencias. Logo eres conducido através dunha pasarela ata o pabillón das visitas, e de novo a mesma cantinela pecha porta abre porta, pecha porta abre porta...e menudas portas que cando cerran deixanse notar, no las mueve ni cristo.

Unha vez chegada a sala das visitas elixes un habitáculo, habitación cerrada cunha cristalera máis jorda que as jafas de bartolo, e producese a comunicación a través dun interfono, unha situación moi fria e distante pero que pasados uns minutos fas por acostumarte e aparentar normalidade, pois sabes que do outro lado do cristal están moito peor.

Logo dun intercambio de temas serios, de como se desarrollou o xuizo, de como vai o tema da condena, de tentar se cadra trankilizar, pois tentas desviar a conversación hacia a mínima gota de humor que poida existir nesa paisaxe desoladora.

Así te enteras que no cárcere é posible destilar caña, que a base de zumos e fruta fermentada e posteriormente colada se agarran cada colocón que como decia el "aljún non ve o sol en 15 días". Enteraste de que é posible manter relacións co sexo oposto, e e que logo de cartearse cunha presa - pois tamén hai pabillon de mulleres - pasado un tempo podense ver a traves de cristal e posteriormente un bis a bis, e incluso de darse o caso de casarse pois rebaixan un ano de condena. E decía, menuda rubia cachondísima, pero nadie ten cojones a escribirlle pois ta aqui por chapodar o marido!!

Outra anecdota é que se montan peleas por nada, normal tendo en conta que estan, 140 individuos que de bos teñen pouco nun espacio reducido para tantos, e hai unha gran cantidade de moros e non os entende nin dios, e montana en menos de nada, o bo é que se sabe ben cando vai haber follón, pois suben a celda a por traxe e corbata pois a sua relixión prohibe pelexar en roupa de traballo. Ainda así hai módulos onde as cuchilladas están a orde do día.

No seu modulo, en preventivos, e decir non teñen a calificación penal, hai de todos, dene ionkis que tan alí por roubar un par de bolsas de jusanitos, outros que non paghan as multas de tráfico e tando alí descontan 5 euros por día, esta o que matou a tiros o cuñado, o que casualmente tiña 3 toneladas pa consumo propio e moitos casos máis...

Unha vez pasado o tempo cortan o sistema de sonido sen previo aviso, e non podes máis que facer acenos de despedida pois esa insonorización quen lla dera a moitas discotecas. E de novo emprendes a viaxe de retorno de pecha porta abre porta, recuperas pertenencias e saes de alí mentras pensas...

Non sei onde quero estar pero si sei onde NON