4 de febrero de 2009

E ti quen ves sendo??

Hoxe deuseme por crear un test no facebook, pero para o que non sodes usuario poñovolo aqui, sumade a puntuación, de tal xeito que a A- vale 1 pto, a B- vale 2 ptos, a C- valen 5 ptos, e a D- valen 3 puntos..

CUESTIONS:

1. De rapaz ao chegar a casa despois da escola, o primeiriño que facias era:

A. Por os debuxos na telejaita e mangar un bocadillo de nocilla
B. Facer os deberes canto antes
C. Quedar cas veciñas canto antes para xogar ós médicos
D. Que lle dean polo cu ós deberes e veña a troular

2. Estás metido nun follón do carallo:

A. Chamas o teu mellor amigo para que te aconselle
B. Chamas a SuperPiñeiro e contasllo en riguroso directo
C. Compras un adibal e probaslle a resistencia a viga do cuberto
D. En peores situacións estibeches e xa sairás adiante oh!!

3. Xa vas tendo unha idade para abandoa-lo nido

A. Formalizas unha hipoteca a 50 anos con dous de carencia e mercas un cortelliño no Milladoiro
B. Proposlle a tua parella ires vivir xuntiños
C. Que marchen meus pais que levan máis tempo na casa
D. Non te preocupas porque ese día xa chegará

4. E acerca das relacións sentimentais que??

A. De blanco e pola igrexa
B. Ainda que sexa polo xulgado algo habrá que facer
C. Como os magos: bótolle uns polvos e desaparezco
D. Hai moito peixe no mar como pra non sair a faenar

5. A tua parella acaba de confesarche unha infidelidade

A. De novo acordaste de SuperPiñeiro e contalo en antena
B. Non o pensas máis e vaslle facer o Paris-Dakar a escaiolas de pais do que ferve nas tripas
C. Chamas a aquel rollito e botaslle un furri con caña
D. Non o pensas máis e vas facer o París-Dakar a escaiolas de pais do que ferve nas tripas

6. Estas tranquilamente tomando algo cos colegas, cando notas unha tripa a punto de estourar

A. Levantaste e vas o servicio
B. Levantas unha cacha disimuladamente e rezas para que non estale nin cheire
C. O que oh!! mellor perder un amigo que romper unha tripa
D. Botaslle unha tosiña polo que poida vir

7. Tua nai fixo para xantar caldo con touciño de duas bandas salgado e unto do gordo

A. Que mellor para apagala sede que un bo vaso de auga
B. Mangolle unha cervezola fresquiña
C. É a mellor nai que tes e daslle as grazas pola chea que vas agarrar
D. Le voy tomar un zumito

8. Estas no velatorio de tua tataravoa, e aparece unha prima descoñecida que está coma un
queixo

A. Aceptas o pésame e reflexaslle o mesmo sentir
B. Canto menos prima, máis se arrima
C. Quedas con ela pola noite para ir de trangallada e ceibarlle o can canto antes
D. Informaste disimuladamente de quen ven sendo

9. Vas con teu avó a leña, e daste conta que cortou un carballo na leira do veciño

A. Vas correndo a toda ostia xunta tua nai a contarllo
B. Cargalo a toda ostia e pos o pascualillo a 6000 revolucións
C. Botaslle terra o cañoto para que retoñe
D. Abres unha cascuda e botas un conto con teu avó

10. Diante túa vai no carro unha toupa propiamente dita

A. Ides a boa marcha, para que lle vas adiantar?
B. Tentas avivalo a golpe de claxon
C. Botaslle un tes coche pa anos oh!!
D. Adiantaslle ainda que sexa en linea continua

Mañan direivos quen vindes sendo!!

1 comentario:

  1. 1 - D eso si, tiña q sair pola ventana
    2 - B piñeiro que non falte
    3 - D onde vai a fecha, onde vai xa
    4 - B eu xa pesquin a miña lorchiña!
    5 - A por eso que moito ben fai piñeiro
    6 - C pa que vale a tos máis que pa calar os
    peidos?
    7 - C en cunca de barro e broa que non falte!
    8 - A yo ya tengo churri, nin prima nin ostias
    9 - C somos de aldea ou q? imos ahora
    achicarnos por un pino?
    10 - C e despois adiantoa ainda que sexa en
    linea descontinua avivando a golpe de
    claxon. e decir serían válidas B,C e D


    se traballaras!!!

    ResponderEliminar