2 de febrero de 2009

Non sei onde quero estar pero...

A vida podriase descreber coma unha acumulación de vivencias, e este findeseman unha nova enseñoume a apreciala un bo anaco máis.

Por devenires da vida, teño un veciño recluido no centro penitenciario de teixeiro, o porque está ali, non ten moito sentido contalo, o que si hai que sinalar é que leva 16 meses e ainda ten para tres anos máis. Se merecía unha visita é dificil valoralo, pero cando te crias porta con porta pois fas por esquencer o pecado e sabes que o importante é que leve mellor a sua penitencia, cecais por eso me animei con meu primo a ires saudalo.

Non vou a decir que a situación me agradaba, máis ben todo o contrario, os nervios era algo que non podia evitar, ainda lembro na retina aquel cambio de rasante cando a man dereita o montón de ladrillos e arames rompian a liña do horizonte.

É talmente o que vistes nas películas, namáis chegar entregas o documento de identidade, e confirmanche que estas autorizado, xa que semanas antes teñen que comprobar que ti nin familiares directos tendes antecedentes. De seguido ves como cerran a porta e posteriormente pasas a un habitáculo onde deixas calquer obxeto metálico e demais pertenencias. Logo eres conducido através dunha pasarela ata o pabillón das visitas, e de novo a mesma cantinela pecha porta abre porta, pecha porta abre porta...e menudas portas que cando cerran deixanse notar, no las mueve ni cristo.

Unha vez chegada a sala das visitas elixes un habitáculo, habitación cerrada cunha cristalera máis jorda que as jafas de bartolo, e producese a comunicación a través dun interfono, unha situación moi fria e distante pero que pasados uns minutos fas por acostumarte e aparentar normalidade, pois sabes que do outro lado do cristal están moito peor.

Logo dun intercambio de temas serios, de como se desarrollou o xuizo, de como vai o tema da condena, de tentar se cadra trankilizar, pois tentas desviar a conversación hacia a mínima gota de humor que poida existir nesa paisaxe desoladora.

Así te enteras que no cárcere é posible destilar caña, que a base de zumos e fruta fermentada e posteriormente colada se agarran cada colocón que como decia el "aljún non ve o sol en 15 días". Enteraste de que é posible manter relacións co sexo oposto, e e que logo de cartearse cunha presa - pois tamén hai pabillon de mulleres - pasado un tempo podense ver a traves de cristal e posteriormente un bis a bis, e incluso de darse o caso de casarse pois rebaixan un ano de condena. E decía, menuda rubia cachondísima, pero nadie ten cojones a escribirlle pois ta aqui por chapodar o marido!!

Outra anecdota é que se montan peleas por nada, normal tendo en conta que estan, 140 individuos que de bos teñen pouco nun espacio reducido para tantos, e hai unha gran cantidade de moros e non os entende nin dios, e montana en menos de nada, o bo é que se sabe ben cando vai haber follón, pois suben a celda a por traxe e corbata pois a sua relixión prohibe pelexar en roupa de traballo. Ainda así hai módulos onde as cuchilladas están a orde do día.

No seu modulo, en preventivos, e decir non teñen a calificación penal, hai de todos, dene ionkis que tan alí por roubar un par de bolsas de jusanitos, outros que non paghan as multas de tráfico e tando alí descontan 5 euros por día, esta o que matou a tiros o cuñado, o que casualmente tiña 3 toneladas pa consumo propio e moitos casos máis...

Unha vez pasado o tempo cortan o sistema de sonido sen previo aviso, e non podes máis que facer acenos de despedida pois esa insonorización quen lla dera a moitas discotecas. E de novo emprendes a viaxe de retorno de pecha porta abre porta, recuperas pertenencias e saes de alí mentras pensas...

Non sei onde quero estar pero si sei onde NON

2 comentarios:

  1. Encánteme a túa facilidade para quitarlle o punto de humor até as situacións máis dificiles!! a verdá é q será unha experiencia máis q contarlle ós netos, jja!!!
    mil bikzos

    ResponderEliminar
  2. o resto máis ou menos teñoo claro, pero hai unha cousa que no lo entiendo y no lo entiendo.
    É o parágrafo 7 liñas 1,2 e 3.
    Destilar caña? como cona fan? suministranlle os funcionarios un alambique? turnanse entre os presos pa manterlle o lume á pota?, de cantos jrados a fan?
    E o dos zumes, douche a receta e o procedemento?

    Un cárcere?. eso é unha escola.

    ResponderEliminar