30 de enero de 2009

Esmolar ou amolar


Son malos tempos, e o arte de esmolar está a orde do día, en calquera esquina da capital, sexa de ladrillo ou sexa de pedra vella, podemos ver como varias almas solicitan a nosa colaboración pecuniaria, para poderes...bueno cada un xa fai o que cree convinte con eles.

Habrá quen realmente os gaste en comer un cacho de pan, habrá quen os ghastará nunha escaiola de pais pais, habrá quen os invirta na traghaperra, habrá quen merque xampú para limpar as mascotas...por haber hasta habrá quen llos dea a muller.

Sei que é un tema delicado, asqueado e mesmamente dramático, pero hai casos dende cómicos ata penosos...Non entro a valorar a historia (esta sen h intercalada) que levou a cada un a esa situación, pero si que hai que ter un pouco de..eh!!

Paseando pola zona vella, podemonos queixar dos fochancos, do alumeado ou de mil cousas, pero nunca pero que jamás...jamás te podrás queixar que falte música, dende flautistas ata guitarristas...dende jazz a foliada, non hai unha rúa que non estexa animada. E por habelos hainos bos pero por non habelos nos hai malos, hainos peores, que algún non sabe nin colocar os dedos na flauta.

Logo existen persoeiros que se adican a ir timbrando polos pisos adiantes, e aquí existe un que ten non sei cantos fillos, que non da feito a alimentalos, pero que si ten un xersei Lacoste, e digo eu en vez de darche para comer, non será mellor darche pa condóns?? Logo tamén están os da asociación Renacer, que renacen tódolos anos e xa tou cansado de pagarlles o bautizo.

Os que si merecen unha limosna son os okupas, ainda nunca vin un can con pulgas, nin aquel chamado "herpes", xa poden ter eles piollos pero os cans están máis limpos que o de calquera que os leve a perruqueria canina, tampouco nunca lle vin unha mala cara ainda que non lle deas esmola, e teñenche algún que outro peinado e melodía interesante.

Os que si non cedo son os que escriben letreiros con faltas ortográficas deliberadas, e sempre soen pedir para comer, é curioso que poñan unha cuncha de vieira para a esmola, joder que as vieiras van carísimas ademáis pouco manteñen, mellor non seria que puxeras unha bolsa do pan?? ou a fiambreira?? Tampouco entendo moito os que tentan dar lástima con algunha ferida, lembro o caso dun señor que remangaba o pantalón e tiña un par de cicatrices de como moito, caer da bicicleta, vamos a ver , que ainda porriba de non ter pa comer ainda vas coller unha catarreira co pantalón remangado!!

O que si é curioso, é que calquer ionki sempre ten que facer unha chamada urxente e casualmente non ten unha moediña pra chamar, joder e que esto das comunicacións está coma o carallo!!

E quen non coñece: "un cenicero??(feito con latas de cocacola) solo valen la voluntad...una monedita suelta no tendrás...bueno haber si hay más suerte ahora un cigarrito??" E directamente pa cajetilla, porque en todolos anos que a levo vendo nunca lle vin pedir lume.

Fóra dos casos cómicos, hai xente que realmente o pasa mal polo mundo adiante, e que necesita axuda, pero non só pecuniaria.

2 comentarios:

  1. eu o caso máis simpático que vin foi o dun individuo que lle tiña varios recipientes, nun poñia pa comer, noutro pa viño, pa roupa, pa putas. E a xente dáballe po que quixeran.

    Coincido no dos punkis totalmente, nin saben tocar a flauta, nin facer malavares pero non é por falta de ansia que botan todo o día recollendo as pelotas polo chan. Pero piden con sentido do humor. Señora.. una monedita pal artista!!

    Como en todo. o que vale vale e o que non, non vale.

    ResponderEliminar
  2. Eu con este tema telo unha anécdota curiosa:

    Estaba eu agardando por Estevo nunha céntrica marquesiña de Compostela e arrímase unha ionki-punki-mítica-rubia-concresta; estabamos na marquesiña eu e unha señora, e chega ela e dinos:

    -Oye, no tendréis una monedita pal bus?

    Eu fágolle un aceno pa que entenda que non, pero vai a señora e espétalle:

    -Con esa pinta, quen che vai dar nada?

    A ionki-punki-mítica-rubia-concresta vírase, ponse seria, e espétalle á señora:

    -Ahora pa pedir va a hacer falta buena presencia, no te jode!!

    jajajajajaja, aínda me río eu soa cada vez que o lembro!!

    ResponderEliminar