28 de enero de 2009

Porque non mercar unha escopeta??

Esto da crise xa me está a cansar a min, non vou hoxe afrontar a miña teoria acerca de como solucionala, pois como ben expliquei no seu momento cando ainda tiña finadiño fotolog, eu coido que bastaria con legalizar as putas e a marihuana, e con esto non quero indicar que a maioria dos viandantes sexan uns porreros puteros.

O que si teño claro é que non existe tanta crise como se pensa, tan só a que lle da a gana os bancos. E consecuencia destes a tensión que se vive nas empresas é unha constante. Eu dende a miña posición de economista cativo, vivo no meu choio dias malos e outros peores, que un sabe que non pode facer nada o respecto, pero quen pagha non o ve así, e non é que o traballo me mate non, pero paso tantas horas aqui sentado que a raia do cu xa a teño discontinua, e con esto non quero indicar que se poida rebasar eh!!

Onte sin ir máis lexos rematei a xornada laboral un pouco estresado, infravalorado e desanimado, ainda por encima fora do choio as noticias non me axudaron moito, pero un non pode ser unha madalena e ablandarse, un ten que ser coma un churrusco que no lo hablanda nin dios. Que facer pois??

Claramente ataviarse coa indumentaria adecuada e dar un paseo con rodo-sinda montanbike ...o estado das corredeiras era perfecto para desestresarse, arbores caidas, buratos por todos lados e lama bastante...que ben se pasa nestas condicións, polo menos mentras vas atento a ghiar non vas pensando noutra cousa, o peor é chegar a casa e terse que lavar en primeira instancia coa roupa para sacar a terroeira e logo lavarse un, e que dolor cando a primeira gota de auga quente se atreve a acariciarche os xeados pes...ainda así merece a pena!

Pois cal é a solución para a crise non a sei, pero o que si vos recomendo é mercar unha escopeta... para que?? pois pa ir tirando!!

Eu tamén teño dias!!

2 comentarios:

  1. e eu tamén che teño días!!! ainda q agora os pés os teño máis quentiños, pois vou de estreo!!!!!!!!!!!jje
    bikiños guapo e grazas!!!

    ResponderEliminar
  2. "Onte sin ir máis lexos rematei a xornada laboral un pouco estresado, infravalorado e desanimado"

    si so foi onte non te queixes nin te preocupes, eu ainda non sain de outra forma do choio.

    ResponderEliminar