27 de enero de 2009

Cando marcha a luz, a donde vai??

Este pasado finde, non foi todo festa, a Galiza e parte do extranxeiro veuse azoutada por un temporal de gran magnitude, cecais superior o agardado, que posiblemente igualase ou o meu parecer superase a aquel furacán chamado Hortensia (non non é a de Franqueiro) cuio frouxo recordo gardo no meu cabasiño.

Trascorresemos por onde trascorresemos, viaxasemos no que viaxasemos, a paisaxe era unha constante, arbores derrubadas, "euralitas" ciscadas, chimeneas derrubadas, antenas viradas...que dor para o fogar de Breogán!! E neste contexto a tónica era a mesma, en todos os lados non habia suministro eléctrico ou máis comunmente chamado "marchou a lus" e cabe preguntarse a onde vai??

A onde vai non o sei, pero os perxuizos a nivel económico poden chegar a ser aterradores, pensemos no caso tan so dos xéneros conxelados, das perdas que pode sufrir un supermercado, un restaurante ou unha cafetería. E os perxuizos físicos?? pensemos na dor de dedos, brazos e demáis extremidades dos pobres gandeiros que teñen que muxir as vacas a man, que ben se sabe que cando hai leite non se pode pasar sin muxir.

Pero eu quero incidir sobre o trastorno psicolóxico, pois ben o sábado recién esperto vin que na nosa casa tampouco estaba, consecuentemente o calentador non encendia e non habia auga quente nin fria, pois nin temos depósito nin traida (esto último grazas a un cacique das proximidades), a única maneira de poderse adecentar hixienicamente falando era coller uns caldeiros de auga no "corjo" e quentalos a la calor del botano, e asi foi, pero un dase conta que a lus falta para o bo pero non para o malo, primeiramente por sorte o teléfono segue a funcionar, e sendo un día que non te tes que erguer, pois casualmente o condenado sona as 9, total para che contar catro tonterías, pois a xente aburreseche moito cando non hai lus. Por sorte tamén segue a funcionar a báscula do cuarto de baño para confirmar numéricamente a imaxe que acabas de ver reflexada no espello.

A falta de luz si ten algo moi bo, e é que te das conta que non tes nin puta idea de mercar pilas, porque aquela lanterna que tes no caixón do chinero, non leva pilas de 1,5 senon que as leva de petaca, que xa ben che advirtira o senegalés que cha vendeu mentras tamén che intentaba endiñar a alfombra barata barata. Daste conta tamén que tes que ser algo máis relixioso, que por non ter non tes nin as velas do cumpleanos, que nunca tubeches a decencia de ir a novena e consecuentemente non gardas ningún instrumento cerúmico e que a ver se fumas un pouco máis porque o unico anaquiño que ainda ten mecha non pode alumear, pois o chisqueiro de "piensos forsa" ten menos pedra que a canteira de Ponteledesma.

E forsa é o que pides nese momento, forsa para ir cunha picaraña e rabentar todos os putos embalses que estresan as nosas troitas, forsa para mandarlle un estacazo a todolos eólicos e sacalos de unha puta vez das nosas paisaxes, forsa para carrexar unha mangueira e apagar todas as centrais térmicas...forsa para decir tou ata os collóns de Fenosa.

E non poderei saber a onde vai a lus cando marcha, pero tampouco quero saber de onde ven cando volve, porque daquela, hai daquela...

1 comentario:

  1. Eu xa lle tou a maquinar si trocar a mesa de centro por un xerador como os que levan as rosquilleiras ás romerias. Poñendolle un tapete de encaixe enriba e un cinceiro da o pego perfectamente.

    É unha vergoña que casas que estan rodeadas de muiños de vento ou familias que un embalse lle inundou parte das sua terra, sexan os primeiros en quedar sin luz.

    ResponderEliminar