26 de enero de 2009

Erro tras erro

Logo de reservarse o venres noite, e non porque caeran catro gotas e fixera un pouquiño de aire, temos que pensar que os bares están ahí para o bo e para o malo, asi que concienciemonos que un temporal coma o deste finde non serve de excusa para non asistir, o motivo foi a nosa comprometida compareciencia na charla de Anxo na casa de cultura de Ames, pero ainda foi máis motivo o que se nos aveciñaba a posteriori.

Todo comenzaba ó redor as duas do mediodía cando tras o coloquio nos dirixiamos a degustación dun bermouth na casa dos rixóns, ainda que desta a tapa foi de callos, que algúns dixeron que estaban algo crudos, pero que eu na cazola non vin un garbanzo a salvo. O seguinte capítulo rodabase na de Encarnación e de novo co patrocinio de Martini, lugar de xuntanza para acudir o gran evento do findesemán: A chuletonada de boi e terneira no Viñedo

Chegados o viñedo o boi ainda andaba pola horta a comer na última alpaca, polo que tibemos que arrimarlle outro mezclado, e claro, a hora de sentarse a mesa xa a fame empezaba a pasar desapercibida. Otero fixo elección do "caldo" (para gustos colores) e acto seguido apareceu a primeira remesa de chuletóns, pero eso non era un boi Manolo, eso era un Brontosaurio!! que sabrosura de carne, para quen non os probara recomendollos sinceramente, un sabor forte pero adictivo, a continuación viñeron os de terneira, que carne blandiña, que maneira de se desfacer na boca, e como debia parecer que bebiamos pouco viñan feitos a pementa, manerita de abrasar!!

Non vou decir que non nos dimos conta, porque algun tibo que desabotonar ata o pantalón para chegar á tarta xeada e como non volta de chupitos, e máis volta e revolta, que necesidade habria?? de tomar esos vodkas, ese stolichnaya de pataca, que tas mollando os beizos e xa o fighado esta pedindo papas, pero claro si o bebes dun trago moito mellor oh!! dixo aquel que mentras se levantaba daba tres pasos para atras para manter a verticalidade, quen carallo enclinou o viñedo?? O peor de todo, o prezo, eu creo que con nos perde cartos!!

A primeira etapa de cronoescalada desarrollouse no Che, ali lle tomamos os primeiros caldeiros de saphire e algún que outro purito, e como artilleiro tiña q ir meter as ovellas e o picho tiña que ir meter,pero algo máis tarde, pois kedamos un tridente ofensivo, ata que o 28 apareceu diante da porta e nos levou para a vila, gustariame certificarvos que estiben no Malandro, pero tan solo lo estimo, o que si estibemos foi na cerve, e máis creo que se nos notou ben, pobre Paty, que tal que aguantou, e o curioso e que vimos o partido pero ata o domingo non sabiamos como quedaran, momento no que Otero aprobeitou para abandoar o barco.

Unha vez aboadas as copas, ou eso creemos, diriximonos a zona vella, andando, pois non habia apuro ningún, e ali na raiña fixemos o avituallamento, tomamos un par de cañas no arrieiro, e logo pedimos outras duas no local, e digo pedimos porque grazas a gran actuación de fromthe non chegamos a bebelas, vaia neura lle entrou, baixou todolos santos e ainda non sabe porque, tan so me vin na obriga de pagar o que se debia e levalo a confesarse a outro atrio...e sin darnos conta tabamos con Tomé tomandolle (non se considera redundancia) a arrancadeira dirección Sónar.

No Sónar non había moito con quen falar, uns que tiñan a reixa pecha e xa non daban, e outras porque con razón tiñan motivos para non o facer pero que ainda asi o intentaban, o que pasa é que hai moito carneiro suelto, e mentras un se intentaba torear a sí mesmo e baixei a garda foi cando nunha maniobra de despiste executada á perfección, fromthe se escabulleu e sin saber moi ben como chegou a Luou, cabecita loca!!

Ben se ve que non fai falta buscalas que veñen solas, pero quen dixo medo habendo hospitales!!

2 comentarios:

  1. Erro tras erro (II) Versión extendida!!!

    Xa di o dito q habelos hailos ( ós carneiros se refería o dito, agora non teño nin a máis mínima dubida).......e cando o carneiriño escorneaba contra quen non debía no sónar (porque si te enfadas me enfado porque te enfadas!!!)o rápido de fromthe facía o quiebro da súa vida e desaparecía, e o carneirinho todo apenado chamabao sen cesar ó móbil, mentras dicía que estaba moi preocupado q era o seu amigo e que non sabía del, ¿ti non te preocuparías no meu caso? repetía unha e outra vez......
    De camiño a casa, o carneirinho farfullaba ó mesmo tempo que loitaba co sono: GAÑEI, quedei de último!!; e se antes eu era un chupón xogando, agora máis, e vanme ter que quitar eles a mín o balón pa poder marcarlles ós do equipo contario!!!...
    e ó final gañou o sono, pero hai q recoñecer que non se durme igual de ben se non é apoiado no hombro de fromthe, ou eso dicia o carneiriño......

    (BASADO EN FEITOS REAIS)

    Firmado por unha testemuña presencial (que berrar non berrou pero ganas non lle faltaron,deus reparta paciencia)

    ResponderEliminar
  2. Eu deste conto non me creo nen a metade! Mellor dito non me acordo nen da metade...

    ResponderEliminar