22 de enero de 2009

Como me ghustan a min??


Eterna pregunta na heterosexualidade, rubias ou morenas??, que como me ghustan a min??

Ben, ante todo agradezco que me fagas esa pregunta, porque é que a vida da moitas voltas, e sobre todo cando estas borracho, por eso aquel chuzas para non camiñar esperaba agarrado a farola mentres non chegaba a sua casa, e ainda que non somos vampiros é a noite a que nos dota de grande sabiduria. E como non, foi unha noite cando supen "como me ghustaban a min"

Era unha noite coma outra calquera, empezamos como de costume cuns xerrucos a modo de base sólida para o que se aveciñaba, e xa se lle notaban as ganas ao corpo, viase que as estaba pedindo, que a fame se apresentaba unha noite mais e nin o segundero se atreveu a moverse cando xa estabamos lanzados.

Acercándome a ela con cautela, pero si con decisión, pois non era a primeira vez que o facía, boteille unha mirada, era inmensa, que todo ben postiño no seu sitio, non me podia resistir, todo o que ali via era impresionante, as miñas papilas gustativas afogaban nun oceano de saliba, poderia comer sin rechistar todo o que ali via, recapitulei, creo que o teño claro, ainda asi o caracter galego fixo que a volvera repasar de arriba abaixo por si puidera ollar algún detalle que me fixera trocar de opinión...a decisión estaba tomada, ahi vas beni!!, apoiandome na barra as cordas vocais soaron que nin Santana as faria vibrar de mellor maneira, as verbas fluiron:

" un de peituga con queixo e ovo por favor, e unha caña pra empuxar "

e que quen se pode resistir a un bocadillo destes no Raices??, bueno hai alguén si, que seica lle da furricaina, pero especimenes aparte, vaia explosión de sabor!!

E foi aqui neste mesmo intre, estando eu a manducar cando enderrepente entra un señor de segunda idade ao ghrito de "esto é unha ferreteria?? ou non hai quen poña de beber??" vianselle dotes de mítico (def: mítico -a adx. Que trata do mito ou que pertence a el [tanto se este se entende como narración fabulosa, como se se refire a cousas ou persoas reais que adquiriron gran sona a través do tempo).
Nin que fora a palabra do Señor, a tónica xa estaba aberta e a botella de Larios a tremer na barra, os xeos adoecian apegados ó limón cando o chorriño empezou a escorregar por eles, a tónica presentou a sua estocada burbuxeante, que elixil!!
O camareiro alegre retomaba a posición marcada dentro da barra, cando se escoita un contundente:

"XA SABES COMO ME GHUSTAN A MIN!!"

mano de santo!, ainda o eco non se atrevera a repetilo, cando xa o chorro de xinebra estaba a rociar o gintonic do "mítico", nin efervescencias nin nada polo estilo, o que ten peito teno, e da ighual que lle mida catro cuartas ou que o sexa máis pequeno que o das miñas ghaliñas, o que hai é que ter esternón!!

E esta é a ishtoria (nótese a h intercalada) de cando descubrin como me ghustaban a min!!, e non pensedes que son un achicado, non hai peor cousa neste mundo que achicar e non, non me corto en responder a eterna pregunta, a resposta é moi sinxela, no fondo, bueno non moi no fondo, máis ben a media profundidade son todas morenochas, asi que podendo elexir, loira e de ollos azuis!!


5 comentarios:

  1. pois mira q nun lle din eu voltas o tema....

    sisi....

    xa sei com xe ghustan a ti...non moi suave e con 2 xeos!!

    marta!!

    ResponderEliminar
  2. A mín ghústeme que che ghuste así!!!

    Sin outro particular, un saudo: Anthony and the johnsons

    ResponderEliminar
  3. Non sei eu se terás o peito suficiente para tomarlle un ó estilo dos que lle ghustan a el!

    ResponderEliminar
  4. bueno, bueno, bueno, quen fora pensar que unha frase dera para tanto.

    ResponderEliminar
  5. Soberbio Beni, soberbio, sen máis

    ResponderEliminar