21 de enero de 2009

Perder a virxinidade

Ainda é hoxe o dia que recordo con gran detalle o meu estreno, era un dia coma outro calquera, despois de dormir a perna solta e ainda máis cando o despertador se declarou en folga, dirixinme o meu posto de traballo, xamáis podría imaxinar o que ía acontecer, sentado no meu habitual posto de traballo e coa computadora encendida, comecei como de costume repasando a caixa de correo, os titulares dos principais diarios deportivos, e cal foi a miña sorpresa cando quixen ollar o meu fotolog, pois a páxina estaba desactivada, textualmente cito

"La cuenta Fotolog /acuadrilla ha sido desactivada por el administrador de Fotolog."

eu que xa estaba co vermiño no corpo, non fixo falla máis para que dera o gran paso e decidira adentrarme no mundo do blog.

A miña inexperiencia fai que me sinta tembloroso; escomenzo elexindo unha web para crealo, primeiro elexir un nome, que non é doado, pois daste conta q a tua pouca orixinalidade xa foi plaxiada, logo que si editar o teu perfil, que si darlle forma á páxina...un mar de cousas sen fin...o caso é que unha vez dado o paso, pois teste que ir perfeccionando pouco a pouco, e son cousas que a priori non lle ves utilidade pero que nun curriculo quedan moi ben de lado de "técnico de messenger".

Sinceramente creo que era unha evolución que temprano ou moi cedo chegaría, pois é dar un gran paso no mundo do interné - nunca sobra citar a gran frase do Sr. Desiderio "interné é un milaghro de nuestro señor, non hai cousa que non aserte"- , pois si , sintome como se superara un nivel no supermario, e sei que me costará suores frios, pero sobre todo quentes rematar con interné, que hai moita xente que dixo que xa chegara o macaco final, incluso que hai quen xa o acabou duas veces, son todo palabrerías.

Antes de despedirme, quero dar as grazas os fotologs reivindicativos e solidarios que mostraron un apoio, un millonseisentas para "from the shop" e "casadacollona", e por certo a ver canto tardan en pecharvolos!!

Non hai moito máis que contar nesta primeira entrada, sinto que o texto non corresponda moito co título, pero eu non vos teño culpa de que sexades uns viciosillos, tan so quero indicar que para o enterro do fotolog/acuadrilla saira da casa mortuoria un onnibus, pasando por Nespereira, Iglesia, Regoufe, Espasande, Bustelo, Insua, Cruce do Romaño (que seica todos pasan por ahi), O Moucho e Aido, despois como seguramente sexamos moitos xa veremos a onde imos...

favores polos que se anticipan grazas!!

2 comentarios:

  1. e por chaodorruo que ? seica non tes familia, pois eu sen bus non poido ir

    ResponderEliminar
  2. penso que o fotoló che quedaba algo pequeneiro para a tua "mente esperta"

    e para todas as isthorias que tes ao lombo!

    ResponderEliminar