19 de febrero de 2009

En que están a convertir o noso pais

Antes de nada quero pedir desculpas aos meus tres seguidores pola tardanza nas actualizacións, pedirialle desculpas tamén aos outros leitores pero como non sei quenes son e a vida é escasa pois hai que priorizar, a pequena xustificación radica nunha pequena inspección, laboralmente falando, que me mantivo ocupado estes días.

Non está de máis explicar que se entende por noso pais, ainda que quizáis sobre, lóxicamente estoume a referir a Fermosa Galiza, ou agora tan so chamada Galiza porque tanto encoro e tanto aspaventos apropiaronse da fermosura.

Pero hai un punto clave, que traballa lento pero seguro, amigos meus; Galiza vai camiño de ser unha Gran fosa séptica.

Quizáis a xente que vive entre cemento e asfalto non se dea conta, pero os que vivimos entre alcolitros e cheiro a purín, vivimolo, estades a vivilo, ou viviredelo.
Dende que se hacen viviendas plurifamiliares en las aldeas, ven sexan edificios del tope de plantas permitidas por la ordenansa municipal, o bien sexan chalets adobados, lo que antes era una aldeita pues ahora ya te es un pueblo, e a xente residente é lista, porque pagan as tasas municipales, ou ainda que as deixen a deber xa teñen dereito a exixir unha rede de abastecemento de auga e saneamento. Por que estos de la aldea te son medio tontos, se hacen sus pozos de barrena (espasio patrosinado por sondeos gherra) y sus depósitos de eces, con lo fácil que es reclamar en la casa consistorial (porque non lle vale o de "untamiento") y si no nos hacen caso, pues botamos la mierda por la coneta abajo.

E asi é raro non ver unha eira galega fendida ó medio e cas tuberías laranxa por soterrar, e aquí e donde vexo eu o "quit" da "question", non sei se vos fixastes da fraxilidade destes tubos, pois xa vos digo eu que duros duros non son, e por todos é sabido a gran cautela coa que traballan os operarios públicos, o mesmo lles da reencher as ghavias con terra que con lavadoras, xógome eu pois que o porcentaxe de tubos enteiros soterrados é menor que o que lle da o correo galego o BNG en intención de voto.

E unha cousa está clara, que se vaian preparando os de Australia porque eso vaise filtrando e calquer día en ves de agua salelle dos pozos a merda galega, porque meus patriotiñas;

"aqui caga o rei e caga o papa, e sen cagar nadie escapa"

1 comentario:

  1. Ata agora non me percatara o humillante que pode resultar a palabra "seguidor". Pois si son o teu seguidor según pon ahi á dereita... e ti tes un pequeno ainda que non por eso cativo grupo de seguidores debes tar que non caghas jajaja!!!

    O problema como ben dís e que hai moita xente (casualmente case toda de pueblo) que pensa que por haber máis de dúas casas de xuntas lle teñen que poñer tódolos servicios municipais na porta da casa como tiñan no pueblo.

    Tes o exemplo diante da casa. sejuramente os desa "des-urbanización" que sementaron ahi en caxade xa anadan a pedirlle o concello unha piscina municipal ou algo asi. son unha raza moito de pedir!

    Eu como bo aldenao de sangre y por los 4costaos dediqueime moitos anos a integrar a esta xente na vida da aldea a gholpe de escopeta de balíns do 5.5 e pistolas de millo.

    Polo das filtracións descoida, en en TEO traballou temporalmente o hortelano poñendo neles e donde hai un profesional...

    ResponderEliminar