8 de abril de 2009

O pequeno gran mundo das canicas: vai unha partida?

¿pensabades que o das canicas era un conto de nenos? coido que vos quedou claro que non, polo que hoxe tentarei rematar esta triloxía, e para esto nada mellor que explicarvos a mecánica dos xogos, como ben vos dixen na anterior entrada, hai tres, ou polo menos na miña terra, e todos poden ser individuais ou por parellas, imos alá parroquia.

AS PERSEGUIDAS:

Posiblemente sexa o xogo menos practicado, consiste en ir a caza un do outro, soese usar unicamente unha canica, a menudo un boloco, ainda que é arriscado pois non está permitido o cambio de bola e pola contra si está permitido a doble cuarta. No caso de apostar o premio non é a canica capturada senón que outra amosada previa a partida.
Esta variante é a de máis duración, pois podias pasar todo un recreo recorrendo o patio enteiro sin cazar, de feito ten habido xente que lle da tanto brío á canica que logo non a atopa. Pero non pasaba nada, facíase unha marca e seguiase no seguinte recreo ou pactábase un empate técnico.

O GUÁ:

Ainda que non o creades, o imprescindible para este xogo non son as canicas, o importante é ter un zapato cunha boa suela para a construcción do campo.
Co talón debemos facer o guá ou burato -que como en moitas outras ocasións consiste no obxetivo principal-. A 5 pasos dos de ir a misa tarde debemos coa goma da beira do zapato facer unha raia horizontal, bueno!! para que non haxa confusións chamaremoslle línea. Pois ben unha vez construido o terreo de xogo, imprimamoslle algo de acción.

Situados tralo guá lanzaremos a nosa canica hacia a linea, de xeito que o máis próximo a linea ben sexa por exceso ou defecto adquirirá o primeiro turno.
NOTA IMPORTANTE: para calquer xogo no que se lance a línea, si unha canica impacta con outra ambos xogadores deberán efectuar o lanzamento.
Pois ben, establecidos os turnos o obxetivo principal é meter dende a línea a canica no guá, de conseguilo volvese a tirar medindo a cuarta dende o borde do mesmo, pois o obxetivo do xogo é darlle cinco toques á canica do compañeiro e logo regresar o guá. Pero non son calquera toques, senon que reciben un nome especial.

Os primeiros 3 toques denominanse por orden riguroso: "truquis", "retruquis", "mastruquis", limítanse a ser tres toques sinxelos. O seguinte toque, chamase "pie" pois tralo toque a canica debe rebotar deixando un espacio no que colla un pe. O derradeiro toque chamase "pase de bola", o toque ten que ser de tal xeito que a nosa canica supere á contrincante, ou sexa debera ser un toque na cocorota da outra. E unha vez acadado este so nos queda retornar o guá e victoria!.

Consello do artista: acadar o segundo turno, é mellor ir a remolque, logo o truquis debe ser co mínimo rebote posible, dado que se a distancia é menor á cuarta podese dar o retruquis e mastruquis na cocorota. Onde se pode decidir a partida é no pie, hai que ter moito tiento (no caso de ser o que padece os toques, recomendovos pedir cambio de bola e trocar pola máis grande e a poder ser de aceiro, pois asi rebotará máis), e por último debemos aprobeitar o pase de bola para aproximarnos o guá.

O OLLO

Quizás estexamos ante o xogo que máis alegrias pode dar e o que máis penas tamén, son partidas rápidas e de apostas importantes, si tes a unlla desatinada, podes vir co peto baleiro fácilmente.

A mecánica é similar a anterior, coa goma da beira do zapato debuxamos un ollo onde se poñerán as canicas a apostar. A cinco pasos estará a linea coa que se determinará os turnos. O obxetivo é sacar as demáis canicas do ollo sen quedar dentro del, ou ben matar ó contrincante, non a paos non, basta con un toque na sua canica.

Consello do artista: poñer no ollo as canicas máis cativas, logo según as cláusulas do xogo coller un boloco adecuado, pois entendamos que no caso de non existir cambio de bola, un boloco maior fai que poidamos sacar máis canicas do ollo pero tamén somos máis vulnerables. Unha extratexia importante é a existencia de recorridas -véxanse entradas anteriores- dado que así podemos elexir diagonais para poder sacar máis bolas dunha chuzada.

Pois ben, ata aquí chegou esta triloxía, espero que fora do agrado e no caso de non ser polo menos eu estiben entretido na hora do traballo, e claro está; se tendes un par de bolas aqui tou para unha partida, mal pensados!! unha para o ollo e outra para tirar.

...DI EN.

2 comentarios:

  1. Clase magistral!!
    La teoría ya la sé.... ahora me falta la práctica.

    Y.

    ResponderEliminar
  2. impaciente por empezar a xogar, vou mirar no baúl dos recordos a ver se queda algunha boliña por ahí escondida!! donde estarán???

    jje!!! un día poñemonos e botamos unha partida!! e por certo, igual me tes q voltar a explicar todo de novo.........jajaja!!!
    mil bikzos
    Raquel

    ResponderEliminar